Tan só 50 veciños de Ames presentaron recurso dentro do prazo regulamentario contra as liquidacións do IBI 2020

Tan só 50 veciños de Ames presentaron recurso dentro do prazo regulamentario contra as liquidacións do IBI 2020

 

  • Afectan a un total de 68 liquidacións e o importe estimado ao que ascenden as liquidacións recorridas en prazo é de 24.095,64 €, reafirmando o escurantismo e a mala praxe dos socialista denunciadas polo PP de Ames.
  • Mediante dilixencia de ordenación da Administración de Xustiza, do 13 de maio de 2021, xa se notificou as partes a declaración de firmeza da sentenza de 10 de febreiro de 2021.
  • Partido Popular, a medida que vaia tendo a información, trasladará a veciñanza todas as cuestións relacionadas para poder recorrer, quen así o considere, a liquidación do IBI do 2021.

 Ames, a 25 de maio de 2021

 

O Grupo Municipal de Ames tivo coñecemento de que 50 veciños presentaron recursos no prazo regulamentado contra a liquidación do importo de bens inmobles pertencentes ao ano 2020. Outro número aínda non concretado pola administración local, de recursos e reclamacións, foron presentados fora de prazo, polo que xa non se deu opción e non se entrou no fondo da cuestión desestimándose directamente.

Os recursos presentados con posibilidade de ser estimados son un total de 68, xa que algúns contribuíntes mediante o mesmo recurso presentaron reclamación a varias liquidacións por ser, probablemente, titular de máis de un inmoble. Este reducido número de veciños son os únicos que poderían, no suposto caso de que se estimen os seus recursos, recuperar o importe dos cartos indebidamente liquidado pola recadación do IBI correspondente ao ano 2020.

Esta situación indica as claras o que se denunciou dende o Partido Popular de Ames en reiteradas ocasións, o escurantismo e a mala praxe dun goberno socialista que, de forma deliberada, non informou a veciñanza dos prazos (un mes dende o día seguinte a finalización do período de exposición pública do padrón fiscal 2020) utilizando todas as “argucias” legais para evitar que a inmensa maioría da poboación tivera algunha opción de presentar recurso e así evitar o sobrecargo do 13% indebidamente cobrado no recibo do IBI, tal e como reflicte a sentenza, agora firme.

Ao respecto da declaración da firmeza da sentencia do TSXG do 10 de febreiro do 2021, precisamente mediante dilixencia de ordenación da Administración de Xustiza de 14 de maio de 2021, está notificada as partes.

Con esta información na mesa, volvese a confirmar a postura do Goberno Socialista de Ames de non executar a nulidade dun acordo anulado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que implicaría non recadar o 13% deste imposto, importe que roldaría os 800.000 euros e cobrado indebidamente segundo a sentenza do Tribunal e que os socialistas manteñen para o ano 2021.

Dende o Partido Popular de Ames, a partir da información da que se vai dispoñendo, informarase a toda a veciñanza de todas as cuestión relacionadas co IBI do ano 2021.

Calendario de Eventos

junio 2023

LU
MA
MI
JU
VI
SA
DO
29
30
31
1
2
3
4
Eventos para 1st junio
Sin eventos
Eventos para 2nd junio
Sin eventos
Eventos para 3rd junio
Sin eventos
Eventos para 4th junio
Sin eventos
5
6
7
8
9
10
11
Eventos para 5th junio
Sin eventos
Eventos para 6th junio
Sin eventos
Eventos para 7th junio
Sin eventos
Eventos para 8th junio
Sin eventos
Eventos para 9th junio
Sin eventos
Eventos para 10th junio
Sin eventos
Eventos para 11th junio
Sin eventos
12
13
14
15
16
17
18
Eventos para 12th junio
Sin eventos
Eventos para 13th junio
Sin eventos
Eventos para 14th junio
Sin eventos
Eventos para 15th junio
Sin eventos
Eventos para 16th junio
Sin eventos
Eventos para 17th junio
Sin eventos
Eventos para 18th junio
Sin eventos
19
20
21
22
23
24
25
Eventos para 19th junio
Sin eventos
Eventos para 20th junio
Sin eventos
Eventos para 21st junio
Sin eventos
Eventos para 22nd junio
Sin eventos
Eventos para 23rd junio
Sin eventos
Eventos para 24th junio
Sin eventos
Eventos para 25th junio
Sin eventos
26
27
28
29
30
1
2
Eventos para 26th junio
Sin eventos
Eventos para 27th junio
Sin eventos
Eventos para 28th junio
Sin eventos
Eventos para 29th junio
Sin eventos
Eventos para 30th junio
Sin eventos