Resposta á Concelleira – «Xantar na Casa»

Resposta á Concelleira - Xantar na Casa

O Grupo Municipal Popular esixe á Concelleira socialista, Luisa Feijóo, que faga públicos os datos do programa “Xantar na Casa” ou que dimita por manipulación, mala praxe e engano á cidadanía.

  • Os populares esixen á Concelleira de Servizos Sociais que aporte as liquidacións trimestrais da Xunta de Galicia

  • Deliberadamente, Luisa Feijóo intenta mesturar o Servizo de Asistencia no Fogar, prestado polo Concello, co servizo “Xantar na Casa”, prestado pola Xunta, coa intención de tapar a súa incompetencia

  • A Concelleira falta á verdade tamén ao afirmar que “non é preciso” un Regulamento, cando hai un Decreto do 4 de decembro asinado polo Alcalde que di textualmente “… resulta imprescindible no momento presente aprobar un Regulamente do Programa Xantar na Casa…”

Ames, 08 de xaneiro de 2019

O pasado domingo, o Grupo Municipal Popular, afirmaba que “o tripartito de Ames fora incapaz de implementar o programa Xantar na Casa e que por este motivo perdera a aportación da Xunta de Galicia”. Noticia que saía en diversos medios de comunicación, e ao que a Concelleira Luisa Feijóo resposaba no facebook dos populares o seguinte: “Si preguntasen, tanto vostedes como quen lles da cobertura (creo que a eso chámaselle contrastar información), antes de enzoufar, saberían que o servizo de «Xantar na Casa» xa está a funcionar no noso Concello, tamén saberían que non é preciso unha ordenanza xa que o propio convenio sirve para regular a prestación do servizo e tamén saberían que aínda que non é necesario xa está elaborado e precisamente hoxe rematou o periodo de exposición pública para poder facer alegacións e levalo a Pleno, e tamén saberían que non se perdeu ningunha financiación autonómica. Pero claro, é máis fácil mentir, que sempre algo queda, que poñerse a traballar”.

A concelleira de Servizos Sociais, está a caer na súa propia rede por querer tapar as súas eivas e a súa incompetencia faltando a verdade. O Grupo Municipal Popular esíxelle que demostre o que está dicindo aportando, si as hai, as liquidación feitas pola Xunta de Galicia do programa de Xantar na Casa durante o ano 2018.

O programa Xantar na Casa é un servizo que presta a Xunta de Galicia a máis de 150 concellos de toda Galicia e o seu funcionamento é moi sinxelo, os concellos firman un convenio coa Xunta de Galicia para que a entidade autonómica preste o servizo, unha vez firmado, o concello debe remitir as solicitudes para que dende a administración autonómica autoricen á concesionaria para incluír ao usuarios no servizo de “Xantar na Casa”.

O Programa está financiado ao 50% pola Xunta de Galicia, ao 26% polo concello e o resto polo usuario, polo que unha vez implantado, a Xunta de Galicia presenta a liquidación trimestral aos concellos para que abonen a parte que lles corresponde.

O Partido Popular de Ames TEN A CERTEZA de que no ano 2018 non se presentou ningunha liquidación, polo que a Concelleira terá fácil demostrar si se prestou ou non este servizo SIMPLEMENTE FACENDO PÚBLICO os datos da LIQUIDACIÓN TRIMESTRAL que fai a Xunta de Galicia ao concello, e, de non facelo, quedará demostrado que falta a verdade, e como consecuencia, os Populares de Ames, pedirán a súa DIMISIÓN.

Por se isto non abondara, o Grupo Popular ten a CERTEZA de que a data de hoxe, 8 de xaneiro de 2019, tan só hai UNHA USUARIA beneficiaria do servizo, (e non 13 como afirma a Concelleira), porque a solicitude foi presentada pouco antes de que rematara o mes de decembro do 2018 e polo tanto, loxicamente, os efectos do servizo son a partir de xaneiro do 2019. Con este razonamento, por tanto, a 31 de decembro de 2018 non había ningún usuario.

As contradicións da Concelleira son tan descaradas que cae na súa propia rede, afirma textualmente que “o regulamento non é preciso xa que o mesmo texto do convenio serve para regulalo como sucede en moitos concellos”.

Pese a iso decidiuse implementar un regulamento “para unha maior transparencia e un mellor acceso o servizo” cando hai un decreto firmado polo propio Alcalde o 4 de decembro de 2018 (que se achega), no que textualmente di “Resulta imprescindible no momento presente aprobar un Regulamento do Programa Xantar na Casa no Concello de Ames (do que anteriormente se carecía), co fin de regulamentar a prestación do servizo que se implanta por primeira vez no Concello de Ames como consecuencia do convenio denominado Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e a Concellería de Política Social do Concello de Ames”.

Outra das grandes contradicións da Concelleira de Servicios Sociais é precisamente a DATA DO DECRETO, o 4 de decembro de 2018,  na que os prazos de exposición pública (rematado o 7 de xaneiro de 2019) volve a deixar nun pésimo lugar tanto a Concelleira como ao tripartito.

Chama atención que en Ames aprobouse por unanimidade,  no pleno do pasado mes de abril, a adhesión a este programa, o convenio foi firmado no mes de xuño, a pesar de isto, a 31 de decembro de 2018, non se prestou este servizo porque o goberno tripartito non quixo, non puido ou non soubo implantar este programa social, coa conseguinte perda das achegas que presta a Xunta de Galicia que aporta o 50% das achegas na prestación do servizo do que se encarga o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Ante esta situación, unha de dúas, ou a Concelleira Luísa Feijoo, despois de 4 anos no cargo, non é capaz de distinguir entre o Servizo de Asistencia no Fogar (prestado polo Concello a través dunha empresa concesionaria), e o servizo “Xantar na Casa” (prestado pola Xunta de Galicia), ou está faltando á vedade deliberadamente co único fin de tapar as súas eivas ao privar a unha parte da cidadanía de Ames da posibilidade de ter o servizo que, ademais, está subvencionado no 50% pola Xunta de Galicia a través Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, coa consecuente perda dunhas achegas importantes que posibilitaría ter un servizo destinado as persoas máis vulnerables.

Calendario de Eventos

abril 2024

LU
MA
MI
JU
VI
SA
DO
1
2
3
4
5
6
7
Eventos para 1st abril
Sin eventos
Eventos para 2nd abril
Sin eventos
Eventos para 3rd abril
Sin eventos
Eventos para 4th abril
Sin eventos
Eventos para 5th abril
Sin eventos
Eventos para 6th abril
Sin eventos
Eventos para 7th abril
Sin eventos
8
9
10
11
12
13
14
Eventos para 8th abril
Sin eventos
Eventos para 9th abril
Sin eventos
Eventos para 10th abril
Sin eventos
Eventos para 11th abril
Sin eventos
Eventos para 12th abril
Sin eventos
Eventos para 13th abril
Sin eventos
Eventos para 14th abril
Sin eventos
15
16
17
18
19
20
21
Eventos para 15th abril
Sin eventos
Eventos para 16th abril
Sin eventos
Eventos para 17th abril
Sin eventos
Eventos para 18th abril
Sin eventos
Eventos para 19th abril
Sin eventos
Eventos para 20th abril
Sin eventos
Eventos para 21st abril
Sin eventos
22
23
24
25
26
27
28
Eventos para 22nd abril
Sin eventos
Eventos para 23rd abril
Sin eventos
Eventos para 24th abril
Sin eventos
Eventos para 25th abril
Sin eventos
Eventos para 26th abril
Sin eventos
Eventos para 27th abril
Sin eventos
Eventos para 28th abril
Sin eventos
29
30
1
2
3
4
5
Eventos para 29th abril
Sin eventos
Eventos para 30th abril
Sin eventos