Ames, a 15 de febreiro de 2021
De novo o xogo do trileiro volve a ser o recurso utilizado polo Alcalde de Ames, esta vez cunha cuestión tan sensible e transcendente que afecta a un dos sectores máis prexudicados pola pandemia, a hostalaría.
Cando se traballou por parte de todos os grupos municipais na elaboración da ordenanza reguladora de ocupación de dominio público pensando sobre todo nas terrazas, un dos aspectos que quedaron claros foi a cuestión económica relacionada co pago de taxas e outros conceptos que quedarían regulados na correspondente ordenanza fiscal. Unha ordenanza que se abordaría mías tarde, xa que nese momento pretendíase evitar que un dos sectores máis castigados pola crise da Covid-19 tivese que facer fronte a máis pagos. Precisamente para evitar este desembolso económico, procedeuse mediante acordo unánime á derrogación da ordenanza existente, o Goberno de Ames publicaba nos medios de comunicación a nova de que “ Os establecementos hostaleiros de Ames que teñan autorizado o uso de terrazas quedarán exentos de pagar a taxa correspondente pola ocupación do espazo público tras o acordo unánime tomado por la corporación durante un pleno extraordinario, convocado expresamente para debater este asunto”.
Precisamente, co obxectivo común de aliviar as cargas deste sector, no texto da ordenanza reguladora de ocupación, no artigo 17, recollía os deberes económicos do titular e a prestación de garantía, e dicir, o pago da taxa polo aproveitamento espacial do dominio público, así como a constitución dunha garantía para asegurar o cumprimento dos seus deberes, pero en ningún momento cuantificouse ambas obrigas económicas, pois como se avanzou, esa cuestión quedaría para regular na futura ordenanza fiscal.
A pesar do manifestado e publicitado polo Goberno, o Grupo Municipal Popular tivo coñecemento de que un reducido número de empresarios pagaran a taxa polo aproveitamento especial de dominio público correspondente ao ano 2020, sen que a Administración Local puxera obxección algunha para o pago, así, dende o Grupo Municipal Popular solicitouse información ao respecto contestando o Goberno mediante escrito de 7 de outubro de 2020, que unha serie de empresarios pagaran a taxa do 2020 e que non se procedería á devolución das cantidades pagadas, confirmando as sospeitas dos Populares.
O documento inicial entregado á oposición e ao sector hostaleiro e que serviu de base para a realización de aportacións, establecía que a garantía sería unha porcentaxe da taxa correspondente a unha anualidade, porcentaxe que estaría no entorno do 20 ao 40%, en función do tipo de terraza. Unha garantía que foi rexeitada polo sector, que pediu a supresión mediante escrito de alegacións presentado o 30 de xuño do 2020.
Sen embargo, no último momento, como xa é habitual, o Goberno Socialista procedeu unilateralmente a dar unha completa reformulación do artigo 17 substituíndo a garantía fixada en función da porcentaxe sobre a taxa anual, por outra garantía que no se cuantifica no artigo e referenciándose a un Anexo II.
Dito anexo foi incorporado no último momento, fora do articulado na ordenanza, nun folio independente e “agochado” a continuación do anexo onde se recollen un total de 12 páxinas de modelos e formularios.
O citado anexo II, xunto co resto da ordenanza, está pendente de aprobación definitiva, entrando en vigor previsiblemente, a semana próxima e establecendo unha garantía de 60,10 € por m2, polo que a unha terraza que ocupe unha superficie de 5×5 metros esixirase un depósito de 1.502,50 € e a unha terraza de 5×10 un depósito de 3.005 €, unha cantidade que supera o triplo do que suporía aplicar o sistema inicialmente previsto polo artigo 17 e que suporía, aplicando o máximo do 40% da taxa anual, unha cantidade aproximada aos 400 euros, moi lonxe do actual.
Si a isto unimos que, dada as circunstancias xeradas pola Covid-19, as terrazas teranse que ampliar considerablemente para poder manter os requisitos de distancia interpersoal e as porcentaxes de aforo, as cantidades correspondentes veranse disparadas converténdose nun auténtico “rejonazo” as maltreitas economías do sector, de aí que o Grupo Municipal Popular presentara un escrito esixindo ao alcalde de Ames que volva a negociar este aspecto coas asociacións afectadas.
© Grupo Municipal Popular de Ames 2018 - Diseño web Chia na rede