Ames, 19 de xaneiro de 2026
Ames está a ser noticia xa non a nivel galego senón incluso no ámbito nacional coa súa presenza en informativos nos que se informa do resultado das obras de humanización do Milladoiro, destacando a instalación de marquesiñas con un desnivel importante.
O 29 de decembro tivo lugar a recepción das obras aínda cando todo o mundo coincidía na existencia de importantes e abundantes deficiencias. O PP leva tempo advertindo dunha serie de problemas na execución dos traballos e das consecuencias dunha actuación que en vez de mellorar a vida dos veciños é moi posible que a empeore coa alarmante eliminación de prazas de aparcamento e a habilitación dun carril único de circulación por sentido, cando de todos é sabido o fluxo de tráfico rodado da principal travesía do Milladoiro, sen esquecer o desvío dos coches por outras aldeas do municipio que viven cada un día un auténtico suplicio. Pero que máis ten.
Para entender o enfado veciñal hai que remontarse a meses atrás. O 20 de xaneiro de 2025 o goberno municipal anuncia nunha nota de prensa, sen nin sequera ter a decencia de informar ó resto de grupos políticos con representación municipal, que tiña a intención de crear xunto coa Delegación do Goberno unha comisión de seguimento das obras, cando estas xa levaban meses executándose. Sen ningún tipo de información, o PP preguntou polo número de membros e a composición desa comisión na que finalmente estaban organismos institucionais do goberno central e do municipal, a empresa que fixo os traballos, asociacións de comerciantes e empresarios e a Plataforma da N-550.
A primeira reunión tivo lugar ese mesmo 31 de xaneiro e o PP de Ames tivo que pedir a acta desa xuntanza porque unha vez máis ninguén informaba.
Non se sabe o traballo desa comisión da que a cabeza visible era o goberno municipal, pero o PP fixo un primeiro escrito para que se tomaran medidas co obxecto de garantir a seguridade dos viandantes e dos usuarios da vía cunha mellor sinalización.
A resposta:
chegou días despois dicindo que se lle daba traslado á empresa da solicitude do principal grupo da oposición. O resultado foi a indiferenza máis absoluta.
Apenas cinco meses máis tarde, e despois do accidente dun motorista a causa dun desnivel sin sinalizar e do atropelo de dous cans nun paso de peóns xunto con outros incidentes, o PP insistiu na necesidade de contar cunha boa sinalización.
A medida que avanzaban os traballos quedaban ó descuberto máis deficiencias que esa comisión de seguimento semella que non detectou. Agora, unha vez entregada a obra, e diante do enfado dos veciños, o goberno municipal pide explicacións á empresa. Non se trata de buscar culpables, pero está claro que non houbo quen estivese vixiando unha das obras máis importantes do municipio de Ames nos últimos anos. E de seguro, que isto aínda non remata aquí. O PP avisou moitas veces e segue avisando a través de diferentes escritos, mentres o goberno mira para outro lado e non quere escoitar.
DESCARGA a nova completa