Os auxiliares da Policía Local levan 18 días sen pisar a rúa

policía local

As ocorrencias do alcalde socialista de Ames, José Miñones, vanlle custar ao erario público máis de 13.500 € en concepto de nóminas e uniformidade polos 5 Auxiliares da Policía Local que, ademais, non saen a rúa.

  • O despropósito do goberno tripartito é tal que mercan roupa aos auxiliares da Policía Local por valor de 6.500€ e teñen que devolvela porque non é a axeitada.

  • Os informes técnicos xustifican a contratación ante “as demandas de intervencións policiais polas inclemencias climatolóxicas, que nos atopamos en plena época escolar…”e a falta de un día para rematar os colexios, non pisaron a rúa.

Ames, 20 de decembro de 2018

Dende o Partido Popular e Pacto por Ames, lévase advertindo dende hai máis de seis meses da situación esperpéntica na que o máximo responsable da seguridade de Ames, o Alcalde socialista José Miñones, está sumindo ao concello.

Se durante estes seis meses o goberno tripartito estivo enrocado e negándose a dialogar coa Policía Local, agora decide contratar para o mes de decembro a cinco Auxiliares de Policía Local que están a tempo completo na oficina e non saen á rúa.

A contratacióndos Auxiliares de Policía Local terán un custe de máis de 13.500 €para o concello e ata o de agora,non saíron a rúa nin un só día, limitándose a estar na oficina que o concello dispón en Bertamiráns.

Estes cinco efectivos, os cales non teñen ningunha responsabilidade ao respecto, xa que fan o que lle encomendan, non fan nin patrullas nin ningunha outra función no exterior, polo que os danos colaterais no departamento de urbanismo seguen aumentando progresivamente, coas graves consecuencias para a atención dos administrados con innumerables cuestións pendentes e paradas. A desidia e a improvisación do goberno tripartito chega a tal punto que deciden comprar a roupa para equipar a estas cinco persoas, por valor de 6.500€ e téñena que devolver porque non é a axeitada ao incumprir co estipulado na normativa.

Por se insto non abondara, os informes técnicos xustifican o seguinte:

“Necesidades de aumentar a plantilla de policía na época invernal, na que son continuas as demandas de intervencións policiais polas inclemencias climatolóxicas, que nos atopamos en plena época escolar na que os efectivos de policía teñen que vixiar as entradas/saídas dos centros, que o Concello ten dous centros urbanos claramente diferenciados coa problemática que ilo ocasiona en canto a medios persoais e que un gran número de efectivos da plantilla da policía está estes momentos de baixa laboral, o que impide a maior parte dos días realizar a queda habitual de 24 horas.”

Ante esta xustificación para a contratación dos Auxiliaresde Policía,queda claro que o Alcalde de Ames, José Miñones, actúa sen criterio, improvisando e de cara a galería sen importarlle o máis mínimo a seguridade,a proba é patente, a falta de un día para rematar os colexios, os Auxiliares non pisaron a rúa nin realizaron ningunha actuación nin nos centros escolares nin nos incidentes que provocaron as inclemencias climatolóxicas. En definitiva unha improvisación para intentar lavar a imaxe do alcalde socialista que pagan as persoas que viven en Ames.

Dende a oposición, tanto o Partido Popular como Pacto por Ames, levan presentando innumerables iniciativas encamiñadas a dar solución a esta situación, atopando sempre a negativa e a nula receptividade dun goberno tripartito que ao único que se adica é a impedilas e bloquealas, así como botarlle a culpa aos demais.A última foi a negativa de PSOE-PODEMOS-BNG a iniciar os trámites para que Ames conte con Policía Nacional ante os efectivos, máis que limitados, que debería ter o concello en canto a disposición de Forzas e Corpos de Seguridade.

Calendario de Eventos

mayo 2025

LU
MA
MI
JU
VI
SA
DO
28
29
30
1
2
3
4
Eventos para 1st mayo
Sin eventos
Eventos para 2nd mayo
Sin eventos
Eventos para 3rd mayo
Sin eventos
Eventos para 4th mayo
Sin eventos
5
6
7
8
9
10
11
Eventos para 5th mayo
Sin eventos
Eventos para 6th mayo
Sin eventos
Eventos para 7th mayo
Sin eventos
Eventos para 8th mayo
Sin eventos
Eventos para 9th mayo
Sin eventos
Eventos para 10th mayo
Sin eventos
Eventos para 11th mayo
Sin eventos
12
13
14
15
16
17
18
Eventos para 12th mayo
Sin eventos
Eventos para 13th mayo
Sin eventos
Eventos para 14th mayo
Sin eventos
Eventos para 15th mayo
Sin eventos
Eventos para 16th mayo
Sin eventos
Eventos para 17th mayo
Sin eventos
Eventos para 18th mayo
Sin eventos
19
20
21
22
23
24
25
Eventos para 19th mayo
Sin eventos
Eventos para 20th mayo
Sin eventos
Eventos para 21st mayo
Sin eventos
Eventos para 22nd mayo
Sin eventos
Eventos para 23rd mayo
Sin eventos
Eventos para 24th mayo
Sin eventos
Eventos para 25th mayo
Sin eventos
26
27
28
29
30
31
1
Eventos para 26th mayo
Sin eventos
Eventos para 27th mayo
Sin eventos
Eventos para 28th mayo
Sin eventos
Eventos para 29th mayo
Sin eventos
Eventos para 30th mayo
Sin eventos
Eventos para 31st mayo
Sin eventos