Mentres o tripartito de Ames fai propaganda electoral das obras que non se concluirán durante o seu mandato, todavía continúan obras pendentes de executar que foran anunciadas a principios do mandato do Goberno de José Miñones. O último exemplo deste proceder do tripartito, no que predominan os “futuribles” e faltan os “realizados”, o temos no anuncio, a principios deste mesmo mes, do que as parroquias de Bugallido e Ortoño terán arranxados os camiños, o de Santo a Mourigade e o de Maguxe a Lapido, para xullo do 2019; é dicir, unha vez celebradas as eleccións municipais.
E mentres o tripartito comeza a súa precampaña electoral “anunciando obras para todos”, continúan pendentes de execución obras que tamén foran anunciadas a “bombo e pratillo” ao pouco tempo de que a coalición de socialistas, nacionalistas e radicais de esquerdas chegase ao Goberno local mediante o seu “pacto de perdedores”. Neste caso, os populares de Ames refírense, entre outras, á obra anunciada en xuño de 2016 polo tripartito, e no que se comprometía á ampliación da beirarrúa no tramo que vai dende o pavillón polideportivo de Bertamiráns ata o instituto. Unha obra que complementaba o plan executado pola Xunta de Galicia para a mellora do firme de tramo, de aproximadamente 1.100 metros, da Avenida da Peregrina, dende o inicio da estrada que une Bertamiráns con Negreira (AC-554), ata a rotonda situada ao final do IES Plurilingue de Ames.
A Administración Autonómica cumpriu co seu compromiso e, en setembro de 2016, antes do inicio do curso escolar, xa estaban concluídos satisfactoriamente os traballos de mellora do firme e pintado o tramo de vía. Sen embargo, da actuación de ampliar a beirarrúa comprometida polo tripartito, non houbo noticias, a pesar de que en xuño de 2016 o Goberno local anunciara o seu compromiso de executala. Unha actuación cun custo que apenas superaba os 50.000 euros. Á noticia, publicada en diversos medios de comunicación, acompañábanse fotografías onde se podían ver alumnos de cuarto de primaria do colexio “A Maía”, en plena vía e sen ningún tipo de sinalización persoal ou elemento de seguridade, trazado directamente sobre o asfalto, liña sobre a que se ampliará a beirarrúa do tramo da avenida, ao seu paso entre o pavillón polideportivo e a entrada do instituto de Ames. As palabras do Concelleiro de Educación, David Santomil foron: “o obxectivo é primar a seguridade dos alumnos”.
Pasou o tempo, está a piques de rematar o mandato do tripartito, as eleccións municipais están á volta da esquina, e mentres, o tripartito, cun claro fin electoral e propagandístico, anuncia obras ao final do seu mandato que non verán a luz ata o vindeiro goberno.
Unha ves máis, con estas actuacións, o tripartito mostra a falta de respeto á veciñanza de Ames, non tendo a máis mínima vergoña en difundir actuacións que se demoran inexplicablemente. En relación coa actuación da ampliación da beirarrúa dende o pavillón ata o instituto, o Grupo Municipal Popular xa advertira o compromiso en setembro de 2016, e instou a que se cumprise. Por outra banda tamén lle recordaran ao tripartito que tiña tres anos para a realización da obra.
© Grupo Municipal Popular de Ames 2018 - Diseño web Chia na rede