O PP de Ames retirará a convocatoria do Pleno Extraordinario ante a censura sen precedentes aplicada polo alcalde socialista de Ames que está poñendo todos os impedimentos para evitar que se baixen impostos e taxas

pp de ames retira convocatoria pleno extraordinario-baixada impostos

O PP de Ames retirará a convocatoria do Pleno Extraordinario ante a censura sen precedentes aplicada polo alcalde socialista de Ames que está poñendo todos os impedimentos para evitar que se baixen impostos e taxas

  • O Grupo Popular esperará a que Secretaría, Intervención e Tesouraría emitan os informes para evitar que o Alcalde Socialista boicotee de novo a convocatoria, para volver a solicitalo.
  • Os populares propuxeron por escrito celebrar o pleno o 12 de xaneiro tal e como permite o artigo 46.2 da Ley de Bases de Régimen Local, negándose o alcalde.

Ames, 12 de dicembro 2020

O pasado 1 de decembro o Grupo Municipal do PP de Ames solicitou a convocatoria dun Pleno Extraordinario co fin de adoptar medidas económicas e sociais en defensa dos afectados pola Covid-19 no que se solicitaba a harmonización a baixa de dez impostos a taxas para o ano 2021 e 2022 xa que as taxas pódense modificar en calquera momento do ano e os impostos teñen que ser por períodos anuais.

Impostos como IBI, incrementado recentemente polo goberno tripartito (PSOE-BNG-PODEMOS) en máis dun 13%, a suba do chamado Ciclo Integral da Auga polo cambio de tramo, o imposto sobre vehículos a tracción mecánica, a recollida do lixo, plusvalías, instalacións, construcións e obras ou a expedición de licenzas urbanísticas, entre outras, supoñen para as persoas que viven en Ames unha minoración considerable do seus ingresos que en moitos casos provoca un quebranto considerable na economía familiar, son o motivo da solicitude do Pleno Extraordinario.

Na Xuta de Voceiros celebrada o sete de decembro, faise entrega ao Grupo Municipal Popular dun informe conxunto de Intervención, Tesouraría e Secretaría sobre a solicitude da convocatoria do pleno extraordinario no que entre outras cuestións conclúe:

“O prazo para a emisión de informes nos expedientes administrativos é de 10 días hábiles tal e como resulta do artigo 80 da LPACAP”.

“Tendo en conta que o pleno extraordinario ten que ser convocado incluíndo a totalidade dos asuntos propostos polos solicitantes, e dado o elevado numero de asuntos e a súa complexidade, resulta materialmente imposible para as informantes confeccionar os expedientes administrativos cos seus informes preceptivos (que en varios casos precisan informes doutros servizos), ca antelación necesaria para cumprir os prazos de convocatoria do pleno solicitado”.

Ante este informe, onde as habilitadas precisan que necesitan máis tempo (10 días hábiles) para confeccionar os informes, o Grupo Municipal Popular presenta un escrito o 10 de decembro (o día 8 foi festivo), no que solicitan que se convoque o pleno conforme ao artigo 46.2 da Ley de Bases de Régimen Local que permitiría a convocatoria automática o día 12 de xaneiro do 2021 ás 12:00 horas, negándose o Alcalde, emitindo de xeito inmediato e con toda celeridade o  Decreto 3143/2020 “Convocatoria pleno extraordinario a solicitude do Grupo Municipal Popular en data 17 de decembro de 2020 ”. Esta manobra de celeridade na convocatoria do Pleno Extraordinario impide ter os informes preceptivos dos técnicos e como consecuencia, non se poderían votar os asuntos propostos polo partido Popular, converténdose nun pleno sen transcendencia onde non se podería tomar ningunha decisión quedándose nunha mera declaración política inútil a todos o efectos.

Ante esta manobra censora e antidemocrática do alcalde socialista José Miñones, que ten como único fin coartar e impedir a celebración do pleno na data 12 de xaneiro, tal e como permitiría o artigo 46.2 da Ley de Bases de Régimen Local, no que habería tempo suficiente para que Secretaría, Intervención e Tesouraría puideran emitir os informes necesarios e preceptivos, o Grupo Municipal Popular presentará o vindeiro luns un escrito de retirada da convocatoria de Pleno Extraordinario co fin de que Secretaría, Intervención e Tesouraría emitan os informes, unha vez emitidos, o Grupo Popular volverá a solicitar a convocatoria do Pleno Extraordinario.

O partido Popular de Ames non vai a consentir que o comportamento censor e antidemocrático sen precedentes que está demostrando o alcalde socialista de Ames, José Miñones, que reflicte o nerviosismo e a tensión que día a día se desprende dun goberno tripartito carente de xestión e iniciativas, que pretende manter unha elevada presión fiscal á veciñanza de Ames a pesar de contar con 9.500.000 € de remanente de Tesouraría, impida exercer o dereito de debater e sobre todo votar a rebaixa que se propón de dez impostos e taxas.

Mentres que outras administracións e outros concellos están facendo importantes esforzos para intentar mitigar unha situación económica preocupante, o Concello de Ames sube o IBI, o prezo da Auga e négase a realizar unha harmonización de taxas e impostos a baixa, tal e como propón o Grupo Municipal Popular, censurando toda actividade política da oposición, cuestión que non se vai a permitir e que, de ser necesario, utilizaríanse todos os medios legais na defensa dos dereitos fundamentais que o alcalde de Ames, de novo, intenta conculcar.

Calendario de Eventos

abril 2026

LU
MA
MI
JU
VI
SA
DO
30
31
1
2
3
4
5
Eventos para 1st abril
Sin eventos
Eventos para 2nd abril
Sin eventos
Eventos para 3rd abril
Sin eventos
Eventos para 4th abril
Sin eventos
Eventos para 5th abril
Sin eventos
6
7
8
9
10
11
12
Eventos para 6th abril
Sin eventos
Eventos para 7th abril
Sin eventos
Eventos para 8th abril
Sin eventos
Eventos para 9th abril
Sin eventos
Eventos para 10th abril
Sin eventos
Eventos para 11th abril
Sin eventos
Eventos para 12th abril
Sin eventos
13
14
15
16
17
18
19
Eventos para 13th abril
Sin eventos
Eventos para 14th abril
Sin eventos
Eventos para 15th abril
Sin eventos
Eventos para 16th abril
Sin eventos
Eventos para 17th abril
Sin eventos
Eventos para 18th abril
Sin eventos
Eventos para 19th abril
Sin eventos
20
21
22
23
24
25
26
Eventos para 20th abril
Sin eventos
Eventos para 21st abril
Sin eventos
Eventos para 22nd abril
Sin eventos
Eventos para 23rd abril
Sin eventos
Eventos para 24th abril
Sin eventos
Eventos para 25th abril
Sin eventos
Eventos para 26th abril
Sin eventos
27
28
29
30
1
2
3
Eventos para 27th abril
Sin eventos
Eventos para 28th abril
Sin eventos
Eventos para 29th abril
Sin eventos
Eventos para 30th abril
Sin eventos