O PP de Ames está farto de reclamar arranxos no paseo fluvial de Bertamiráns, que en moitas ocasións semella máis ser unha selva que un lugar ideal para o ocio. As deficiencias nas luminarias ou o abandono da vexetación súmanse a outros atrancos que non son atendidos polo goberno municipal.
Nesta ocasión o PP de Ames ven de presentar un escrito, que aporta tamén unha fotografía do lugar afectado, solicitando o arranxo da avaría dun colector de augas fecais que desprende auga ó exterior do paseo e mesmo ó río Sar. Oliva Agra e os seus compañeiros do PP na Corporación están moi sensibilizados co paseo fluvial de Bertamiráns e non deixarán de insistir unha e outra vez para que este en todo momento en boas condicións aínda que a resposta do goberno municipal sexa a desidia e o abandono.
O paso do río por Bertamiráns é unha gran oportunidade para ofrecer un lugar de ocio unido á natureza ós preto de dez mil habitantes desta localidade. E os veciños ven como en vez de realizar melloras cada vez sofre un abandono máis notable. O PP de Ames seguirá nesta loita aínda que sabendo que esta loita é como unha historia que nunca remata.