O PP de Ames impulsa a instalación de paneis informativos para achegar a información municipal a toda a veciñanza

O PP aposta pola integración dos núcleos rurais, mellores conexións e unha Administración máis próxima

O PP de Ames impulsa a instalación de paneis informativos para achegar a información municipal a toda a veciñanza

O Grupo Municipal Popular presenta unha moción, froito dos encontros mantidos coa veciñanza, para garantir un acceso equitativo á información municipal en todos os núcleos e parroquias de Ames.

Ames, 10 de xullo de 2026. O Grupo Municipal do Partido Popular de Ames presentou unha moción para o seu debate e aprobación no vindeiro Pleno da Corporación municipal. A iniciativa solicita a instalación de paneis de anuncios e soportes informativos en todos os núcleos de poboación e nos puntos estratéxicos do municipio.

A proposta xorde directamente das reunións periódicas que os populares veñen mantendo coa veciñanza das distintas parroquias do concello. Nestes encontros, numerosos veciños trasladaron a necesidade de mellorar as canles tradicionais de comunicación e facilitar o acceso á información municipal.

Información municipal accesible para todas as persoas

Desde o PP de Ames destacan que a comunicación entre a Administración local e a cidadanía constitúe un piar fundamental para a transparencia e a participación. Porén, advirten de que a excesiva dependencia das ferramentas dixitais está a deixar atrás unha parte significativa da poboación.

Esta situación afecta especialmente ás persoas maiores ou con maiores dificultades para acceder ás novas tecnoloxías, que continúan empregando os medios tradicionais como principal vía para coñecer os bandos municipais, as actividades culturais e deportivas, os avisos públicos e outras informacións de interese xeral.

“É unha medida sinxela, económica e de grande utilidade pública, que garante que a información de interese xeral, os bandos e as actividades culturais ou deportivas cheguen en igualdade de condicións a toda a veciñanza, con independencia do lugar no que resida”, sinala Oliva Agra.

Paneis nas parroquias e nos lugares de maior tránsito

A proposta popular contempla a colocación destes paneis en espazos de gran tránsito peonil, como centros educativos, prazas, xardíns, pavillóns polideportivos e centros de saúde, así como nos diferentes lugares e núcleos das parroquias de Ames que actualmente carecen deste servizo.

O obxectivo é evitar que o acceso á información dependa do lugar de residencia ou do manexo de ferramentas dixitais, reforzando así a cohesión territorial e reducindo a fenda informativa entre as zonas urbanas e rurais do municipio.

Apoio ao asociacionismo e mellora da contorna

A moción tamén salienta a utilidade destes soportes para o tecido asociativo local. Os paneis poderían empregarse para difundir as actividades, iniciativas e convocatorias promovidas polas asociacións de Ames, contribuíndo á dinamización da vida comunitaria nas parroquias.

Ao mesmo tempo, a instalación de espazos específicos para a colocación de anuncios permitiría combater o feísmo urbano e reducir a presenza descontrolada de carteis en fachadas, árbores, sinais de tráfico e outros elementos do mobiliario público.

Un plan municipal con mantemento e accesibilidade

O acordo que o Partido Popular eleva ao Pleno insta o Concello de Ames a impulsar un plan para a colocación de paneis informativos en todas as parroquias e nas zonas de maior tránsito que carezan deste servizo.

O PP de Ames considera necesario que estes soportes se instalen en lugares visibles e accesibles e que conten cun correcto mantemento, para que constitúan unha ferramenta estable, ordenada e útil de comunicación coa veciñanza.

TEXTO COMPLETO DA NOTA

Calendario de Eventos

LU
MA
MI
JU
VI
SA
DO
28
29
30
1
2
3
4
Eventos para 1st octubre
Sin eventos
Eventos para 2nd octubre
Sin eventos
Eventos para 3rd octubre
Sin eventos
Eventos para 4th octubre
Sin eventos
5
6
7
8
9
10
11
Eventos para 5th octubre
Sin eventos
Eventos para 6th octubre
Sin eventos
Eventos para 7th octubre
Sin eventos
Eventos para 8th octubre
Sin eventos
Eventos para 9th octubre
Sin eventos
Eventos para 10th octubre
Sin eventos
Eventos para 11th octubre
Sin eventos
12
13
14
15
16
17
18
Eventos para 12th octubre
Sin eventos
Eventos para 13th octubre
Sin eventos
Eventos para 14th octubre
Sin eventos
Eventos para 15th octubre
Sin eventos
Eventos para 16th octubre
Sin eventos
Eventos para 17th octubre
Sin eventos
Eventos para 18th octubre
Sin eventos
19
20
21
22
23
24
25
Eventos para 19th octubre
Sin eventos
Eventos para 20th octubre
Sin eventos
Eventos para 21st octubre
Sin eventos
Eventos para 22nd octubre
Sin eventos
Eventos para 23rd octubre
Sin eventos
Eventos para 24th octubre
Sin eventos
Eventos para 25th octubre
Sin eventos
26
27
28
29
30
31
1
Eventos para 26th octubre
Sin eventos
Eventos para 27th octubre
Sin eventos
Eventos para 28th octubre
Sin eventos
Eventos para 29th octubre
Sin eventos
Eventos para 30th octubre
Sin eventos
Eventos para 31st octubre
Sin eventos