O Partido Popular de Ames rexistra unha proposta para o pleno do vindeiro 28 de xaneiro co fin de restituír a liña de Ortoño, xa que tan só é unha cuestión económica tal e como declarou o alcalde de Santiago

bus-milladoiro

O Partido Popular de Ames rexistra unha proposta para o pleno do vindeiro 28 de xaneiro co fin de restituír a liña de Ortoño, xa que tan só é unha cuestión económica tal e como declarou o alcalde de Santiago.

  •  O PP solicita a reserva dunha partida económica para os custes da restitución, a colaboración entre administracións e a axuda administrativa e técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.
  •  As declaracións do Alcalde de Santiago dicindo que "estaría dispuesto a dialogar y colaborar", certifica a desidia do Alcalde de Ames que non moveu un dedo para salvar a liña.

 

Ames, 16 de xaneiro de 2021.

O Partido Popular de Ames acaba de rexistrar unha proposta para restituír a liña de Ortoño mediante a firma dun convenio con Santiago de Compostela e a colaboración da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia como a única vía de restaurala a curto prazo. A proposta conta de seis puntos:

  1. Que coa máxima prioridade se inicien os trámites co concello de Santiago para chegar a un acordo de restitución inmediata da liña a Ortoño.
  2. Tendo en conta que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade xa manifestou a súa total disposición, tanto en medios técnicos como administrativos, para a adecuación dos servizos de transporte urbano ás necesidades da veciñanza, convocar unha reunión a tres entre a Consellería, o Concello de Santiago e o de Ames co fin de resolver as posibles incidencias que poidan xurdir e para axilizar a solución.
  3. Reservar unha partida económica suficiente para facer fronte ao custes da restitución desta liña.
  4. Convocar unha reunión coa veciñanza co fin de que acheguen proposta de ampliación e mellora desta liña.
  5. Que o Alcalde-Presidente da corporación informe cada semana aos voceiros municipais dos progresos acadados.
  6. Dar traslado desta proposta ao Concello de Santiago, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e a veciñanza afectada.

Esta proposta será debatida no vindeiro pleno do 28 de xaneiro e, de ser aprobada, posibilitaría a firma dun convenio que faría posible a restitución do servizo a curto prazo, xa que segundo as declaracións realizadas polo Alcalde de Santiago, a cuestión é tan só un problema económico cifrado no entorno dos 80.000 euros.

O Alcalde Compostelán destacou que "estaría dispuesto a dialogar y colaborar", o que proba definitivamente o que dicía o Grupo Popular, que o alcalde socialista de Ames non moveu nin un só dedo para evitar a desaparición desta liña e que sabía desta cuestión, al menos, dende o ano 2017.

O Alcalde de Santiago comparou a liña de Ortoño coa dos Tilos, no veciño concello de Teo, tal e como se fixera tamén o Partido Popular, facendo fincapé en que a única diferenza entre ambas é a rendibilidade económica cifrada en 80.000 euros.

As declaracións do alcalde Bugallo deixan de novo en evidencia ao alcalde de Ames ao afirmar o primeiro que “estaría dispuesto a dialogar y colaborar”, polo que se deduce que ata o de agora non houbo ningún diálogo, e que a restitución desta liña pasa por unha aportación económica  do concello de Ames que roldaría os 80.000 euros, segundo manifestou o propio alcalde de Santiago.

En definitiva si o concello de Santiago está disposto a “dialogar y colaborar” e si a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, como xa manifestou, está disposta a prestar todos os seus medios técnicos e administrativos dos que dispoñen, tan só falta que o Alcalde de Ames se poña a traballar na materia pendente que, como mal alumno, deixou para a convocatoria extraordinaria de febreiro.

Calendario de Eventos

abril 2026

LU
MA
MI
JU
VI
SA
DO
30
31
1
2
3
4
5
Eventos para 1st abril
Sin eventos
Eventos para 2nd abril
Sin eventos
Eventos para 3rd abril
Sin eventos
Eventos para 4th abril
Sin eventos
Eventos para 5th abril
Sin eventos
6
7
8
9
10
11
12
Eventos para 6th abril
Sin eventos
Eventos para 7th abril
Sin eventos
Eventos para 8th abril
Sin eventos
Eventos para 9th abril
Sin eventos
Eventos para 10th abril
Sin eventos
Eventos para 11th abril
Sin eventos
Eventos para 12th abril
Sin eventos
13
14
15
16
17
18
19
Eventos para 13th abril
Sin eventos
Eventos para 14th abril
Sin eventos
Eventos para 15th abril
Sin eventos
Eventos para 16th abril
Sin eventos
Eventos para 17th abril
Sin eventos
Eventos para 18th abril
Sin eventos
Eventos para 19th abril
Sin eventos
20
21
22
23
24
25
26
Eventos para 20th abril
Sin eventos
Eventos para 21st abril
Sin eventos
Eventos para 22nd abril
Sin eventos
Eventos para 23rd abril
Sin eventos
Eventos para 24th abril
Sin eventos
Eventos para 25th abril
Sin eventos
Eventos para 26th abril
Sin eventos
27
28
29
30
1
2
3
Eventos para 27th abril
Sin eventos
Eventos para 28th abril
Sin eventos
Eventos para 29th abril
Sin eventos
Eventos para 30th abril
Sin eventos