O Goberno vota en contra dunha comisaría da Policía Nacional

policía local

A esquerda radical volve a impoñer o seu criterio e o cuatripartito vota en contra dunha moción, presentada polo PP e PxA, na que se solicita unha comisaría da Policía Nacional en Ames adscrita a Santiago.

  • O Alcalde, José Miñones, segue aliñando cos radicais nunha decisión sen precedentes que prexudica gravemente a veciñanza ao bloquear esta iniciativa por cuestións ideolóxicas e partidistas.

  • Dende a inauguración do Cuartel da Garda Civil do Milladoiro en xuño do ano 2011, nunca se cumpriu coa promesa de dotalo con cincuenta efectivos.

Ames, 24 de novembro de 2018

Se durante estes tres anos e medio de mandato os resultados na xestión en xeral do tripartito de Ames, coa complicidade da marea, é inaceptable e moi deficiente, en materia de seguridade a xestión non poden ser máis negativa.

O deterioro da relación coa Policía Local, os efectivos asignados ao Cuartel da Garda Civil do Milladoiro a todas luces insuficientes, as innumerables promesas incumpridas polas distintas administración, a convocatoria das Xuntas de Seguridade moitas veces fora de prazo e sempre a remolque das esixencias feitas polo Partido Popular de Ames e PxA, hai que sumarlle agora o incremento dos delitos penais nun 11,5%  (a falta de contabilizar o último trimestre) tal e como reflicte o portal do Ministerio do Interior.

Se ben este dato está dentro dos parámetros normais, que de momento non son alarmantes pero marcan unha tendencia, a labor dun goberno responsable debería ser a de prestar un mínimo de atención a esta tendencia alcista e utilizar todos os medios ao seu alcance para evitar que siga en aumento.

Lonxe de mostrar interese e poñer os medios para solucionar este problema, o Alcalde socialista, obrigado pola esquerda radical que apoia ao goberno, na comisión informativa celebrada onte, previa ao pleno do vindeiro xoves 29 de novembro, votan en contra da moción presentada polo PP de Ames e de PxA para solicitar o inicio dos trámites para dotar ao concello de Ames duna comisaría da Policía Nacional adscrita a Santiago de Compostela e así rematar cun problema que leva máis de sete anos enquistado, concretamente dende o 8 de xuño do ano 2011, data na que se inaugurou o Cuartel da Garda Civil do Milladoiro e no que xa daquela se anunciara a bombo e prato que disporía de 50 efectivos, tal e como se informou dende todas as instancias oficiais.

Pasados máis de sete anos a realidade é que as dependencias da Policía Local están pechadas con demasiada frecuencia, e dun xeito similar, tamén o Cuartel da Garda Civil. A pesares da magnífica relación entre os corpos de seguridade e a profesionalidade e eficiencia dos seus axentes e mandos locais, non dan abasto a atender todas as necesidades da veciñanza de Ames, Teo, Brión, Boqueixón e Vedra que suman máis de 70.000 persoas e unha extensión global de 364 Km2.

Ante esta situación prolongada no tempo (máis de 7 anos), o aumento da poboación así como outros condicionantes inherentes ao concello de Ames, motivaron que o Partido Popular e PxA presentaran unha moción conxunta o pasado 15 de novembro para solicitar a implantación en Ames dunha comisaría da Policía Nacional Adscrita a Santiago de Compostela.

Ante esta moción, e de xeito incomprensible e lamentable, o Alcalde socialista e o cuatripartito que o sustenta, votaron en contra demostrando que, unha vez máis, interpoñen os seus intereses ideolóxicos e partidistas aos intereses da veciñanza que está farta de chamar aos teléfonos de contacto das forzas da seguridade e que non lle collan ou desvíen as chamadas a instancias superiores que non dan unha resposta axeitada e áxil e cuns mínimos de garantía axeitada.

É difícil de entender como o goberno local de Ames en vez de velar polos intereses dun concello dinámico, que está en constante crecemento dende hai lustros, pon trabas para conseguir unha mellora substancial da seguridade e da atención veciñal bloqueando unha iniciativa que daría un pulo sen precedentes ao concello nesta materia.

Terán que explicar como é posible que localidades similares como Redondela, Viveiro, Marín, ou Ribeira, entre outras, cada unha coas súas particularidades, ao igual que Ames, poden ter Policía Nacional e en Ames non.

E inaudito que sexa o propio Goberno Local de Ames quen prive á veciñanza desta posibilidade por unha cuestión ideolóxica e partidista prexudicando a más de 31.000 persoas. Terán que explicalo.

Calendario de Eventos

noviembre 2024

LU
MA
MI
JU
VI
SA
DO
28
29
30
31
1
2
3
Eventos para 1st noviembre
Sin eventos
Eventos para 2nd noviembre
Sin eventos
Eventos para 3rd noviembre
Sin eventos
4
5
6
7
8
9
10
Eventos para 4th noviembre
Sin eventos
Eventos para 5th noviembre
Sin eventos
Eventos para 6th noviembre
Sin eventos
Eventos para 7th noviembre
Sin eventos
Eventos para 8th noviembre
Sin eventos
Eventos para 9th noviembre
Sin eventos
Eventos para 10th noviembre
Sin eventos
11
12
13
14
15
16
17
Eventos para 11th noviembre
Sin eventos
Eventos para 12th noviembre
Sin eventos
Eventos para 13th noviembre
Sin eventos
Eventos para 14th noviembre
Sin eventos
Eventos para 15th noviembre
Sin eventos
Eventos para 16th noviembre
Sin eventos
Eventos para 17th noviembre
Sin eventos
18
19
20
21
22
23
24
Eventos para 18th noviembre
Sin eventos
Eventos para 19th noviembre
Sin eventos
Eventos para 20th noviembre
Sin eventos
Eventos para 21st noviembre
Sin eventos
Eventos para 22nd noviembre
Sin eventos
Eventos para 23rd noviembre
Sin eventos
Eventos para 24th noviembre
Sin eventos
25
26
27
28
29
30
1
Eventos para 25th noviembre
Sin eventos
Eventos para 26th noviembre
Sin eventos
Eventos para 27th noviembre
Sin eventos
Eventos para 28th noviembre
Sin eventos
Eventos para 29th noviembre
Sin eventos
Eventos para 30th noviembre
Sin eventos