O goberno socialista de Ames incapaz de aprobar o Inventario Municipal de Bens e Dereitos rematado no ano 2014. Segue utilizando o documento do século pasado (1997)

inventario-municipal-bens

O goberno socialista de Ames incapaz de aprobar o Inventario Municipal de Bens e Dereitos rematado no ano 2014. Segue utilizando o documento do século pasado (1997). 

  • O Alcalde de Ames leva incumprindo a legalidade dende o ano 2015 e vulnera por segunda vez a normativa que obriga a renovar o documento cada vez que cambia a corporación.
  • A non actualización deste documento impide determinar a valoración correcta dos Bens e Dereitos do Concello, así se reitera constantemente dende a Secretaría Xeral.

Ames, 25 de novembro 2020

O desleixo do goberno tripartito de Ames, o máis caro e con máis dedicacións exclusivas da historia, volve a quedar retractado cun tema que non e menor, a falta de actualización do Inventario Municipal de Bens e Dereitos, o que supón seguir utilizando o documento do século pasado (1997) que está totalmente desfasado; os novos Bens e Dereitos municipais estanse incorporando ao obsoleto Inventario Municipal vixente mentres non se aprobe o novo.

O novo inventario quedou rematado pola corporación Popular no ano 2014 e a súa elaboración supuxo un investimento considerable para as arcas do concello, ademais do esforzo realizado por moitas persoas. Convén recordar que a actualización do inventario municipal de bens e dereitos comezouse a abordar en marzo de 2010 (goberno socialista), fora encargado a unha empresa e tras dun largo período de traballo, o devandito inventario foi entregado en soporte dixital e en papel o 16 de decembro de 2014, apenas seis meses da constitución da nova corporación presidida polo alcalde socialista José Miñones que incluso chegou a presumir del.

En xullo de 2015 publicouse na web municipal e comezou un prazo de exposición pública de 15 días, en setembro dese mesmo ano o Goberno comeza unha rolda de visitas polas parroquias para amosar o inventario municipal e a partir de aí nada máis se soubo, o goberno decide metelo nun caixón e ata hoxe.

Con esta forma de proceder o alcalde socialista José Miñones, que se comprometera a levalo ao Pleno da Corporación para a súa aprobación antes de que rematara o seu primeiro mandato, non só está incumprindo o seu compromiso, tamén está deixando de cumprir unha obriga legal marcada claramente no ordenamento xurídico vixente en canto a obrigatoriedade de actualizalo anualmente e a obriga de comprobalo cada vez que muda a Corporación Municipal.

O documento rematado no ano 2014 recolle a relación de todas as propiedades municipais, a valoración patrimonial e contén un listado dos inmobles urbanos, rústicos, dereitos reais, mobles, créditos, valores mobiliarios e un longo etc.

En xullo de 2017, co obxectivo de ter coñecemento sobre a efectiva actualización do inventario municipal, o Grupo Popular solicitou ao Tripartito de Ames a relación de bens e dereitos que se incorporaran ao patrimonio municipal a partir de decembro de 2012, independentemente da súa alta no Inventario Municipal, negando esa información aos concelleiros populares.

En definitiva, o desleixo do alcalde socialista de Ames, o mellor pagado da contorna, négase a actualizar o inventario e provoca, por unha parte un prexuízo económico ao concello, que pagou por un servizo que non se aproveita, e pola outra, un prexuízo na xestión, actualización e disposición dun documento esencial que está perfectamente regulado e que debería ser o fiel reflexo do patrimonio de Ames, unha cuestión que está sendo advertida constantemente dende a Secretaría Xeral do Concello.

Calendario de Eventos

marzo 2026

LU
MA
MI
JU
VI
SA
DO
23
24
25
26
27
28
1
Eventos para 1st marzo
Sin eventos
2
3
4
5
6
7
8
Eventos para 2nd marzo
Sin eventos
Eventos para 3rd marzo
Sin eventos
Eventos para 4th marzo
Sin eventos
Eventos para 5th marzo
Sin eventos
Eventos para 6th marzo
Sin eventos
Eventos para 7th marzo
Sin eventos
Eventos para 8th marzo
Sin eventos
9
10
11
12
13
14
15
Eventos para 9th marzo
Sin eventos
Eventos para 10th marzo
Sin eventos
Eventos para 11th marzo
Sin eventos
Eventos para 12th marzo
Sin eventos
Eventos para 13th marzo
Sin eventos
Eventos para 14th marzo
Sin eventos
Eventos para 15th marzo
Sin eventos
16
17
18
19
20
21
22
Eventos para 16th marzo
Sin eventos
Eventos para 17th marzo
Sin eventos
Eventos para 18th marzo
Sin eventos
Eventos para 19th marzo
Sin eventos
Eventos para 20th marzo
Sin eventos
Eventos para 21st marzo
Sin eventos
Eventos para 22nd marzo
Sin eventos
23
24
25
26
27
28
29
Eventos para 23rd marzo
Sin eventos
Eventos para 24th marzo
Sin eventos
Eventos para 25th marzo
Sin eventos
Eventos para 26th marzo
Sin eventos
Eventos para 27th marzo
Sin eventos
Eventos para 28th marzo
Sin eventos
Eventos para 29th marzo
Sin eventos
30
31
1
2
3
4
5
Eventos para 30th marzo
Sin eventos
Eventos para 31st marzo
Sin eventos