Ames, 8 de xuño de 2021.
De nada vale a unanimidade plenaria nin a lealdade mostrada polo Partido Popular para a aprobación de axudas directas por valor de 886.337,32 € si quen as xestiona é un goberno incompetente e incapaz para sacalas adiante.
Oitos meses despois da presentación a bombo e prato por parte do goberno tripartito composto por Socialistas, Nacionalistas e Podemitas, a pesar de contar coa total unanimidade plenaria e coa absoluta lealdade do Partido Popular que colaborou e aprobou as iniciativas presentadas para destinar axudas DIRECTAS aos sectores máis prexudicados pola pandemia, seguen sen poñerse en marcha os paquetes económicos destinados a autónomos e empresarios locais co fin de que puideran facer fronte as consecuencias derivadas da pandemia e contribuír a súa recuperación económica; a súa viabilidade neste extraordinario contexto socioeconómico e a mitigar a súas perdas. As axudas divídense en liñas que van dende achegas para gastos de aluguer para locais comerciais (liña 1), ata axudas para financiar investimentos para acondicionamento de locais comerciais e convertelos en espazos seguros fronte a Covid-19 (liña 4).
Unhas liñas de axudas previstas no Plan Reactiva Ames, destinadas á creación, traslado ou ampliación de actividade, para a rehabilitación de locais susceptibles de reforma ou reacondicionamento, para a optimización e a transición dixital do comercio, etc. Iniciativas estas que seguen pendentes oito meses despóis de que o pasado 15 de outubro do 2020, en sesión extraordinaria, o Pleno da Corporación Municipal aprobara un suplemento de crédito (1/2020), financiado co remanente de Tesouraría para Gastos Xerais, polo que se dotou de crédito axeitado e suficiente, algo inaceptable nunha situación urxente e que require axilidade para que as axudas sexan efectivas, non hai que esquecer que vai máis dun ano de pandemia cunha situación económica para estes sectores que roza o desastre.
A inacción do goberno provoca que a falta de pagamento destes 886.337 € xa non teña o efecto que se pretendía e priva a moitas empresas, autónomos e hostaleiros dunha achegas directas que deberían ser importantes e que pola súa demora, cando se executen, chegarán tarde sen conseguir os fins para o que foron aprobadas.
A incapacidade do goberno tripartito de Ames contrasta coa dilixencia e eficacia da Xunta de Galicia que xa leva pagado 1.106.605 € correspondentes a 486 axudas para establecementos de Ames pertencentes a execución do 1º e 2º Plan de rescate, mentres a administración autonómica xa está cos trámites dun 3º plan, en Ames seguen as axudas paralizadas.
© Grupo Municipal Popular de Ames 2018 - Diseño web Chia na rede