O Goberno atribúese méritos alleos na aprobación da Conta Xeral

Pleno Municipal

O Goberno de Ames, manipula descaradamente a aprobación por unanimidade da conta no seu favor cando a votación é referida ao documento técnico elaborado por Intervención, non á súa xestión.

  • O Goberno non é capaz de xestionar 8.107.804€, 60% dos investimentos e 4.873.854 € do remanente de tesourería, batendo todos os récords negativos dos últimos 10 anos

  • Grazas ao Plan de Axuste aprobado polos Populares no 2012, que non souberon xestionar, acadouse un remanente de tesourería positivo de 4.873.854 €

Ames, 18 de decembro de 2018

O Goberno populista de Ames fixo unha manipulación descarada do pleno extraordinario no que se aprobou a Conta Xeral por unanimidade apropiándose dun mérito que non lle corresponde, como ven sendo habitual.

A conta Xeral é un documento técnico anual de carácter obrigatorio presentado pola intervención municipal que o goberno tripartito pretende aproveitar en beneficio propio utilizando datos xesgados no seu beneficio. Partido Popular e Pacto x Ames votaron a favor do documento técnico que era o que se propoñía no Pleno Extraordinario, non a xestión dun goberno que aproveita calquera situación para apropiarse de méritos que non lle corresponden.

A análise da conta xeral reflicte eivas sen precedentes nos últimos 10 anos xa que a porcentaxe de execución dos investimentos está lonxe da media dos últimos 10 anos.

No apartado de investimentos, o goberno populista soamente investiu 2.298.000€ dos case 5.600.000 € que tiña consignado no orzamento. E dicir, de cada 100 € que tiña para inversións, tan só foi capaz de xestionar 43,6€.

Outra cuestión que non é menor, que indica a ineficacia dos populistas é o remanente de tesourería que excede dos 4.800.000€, xa que, non foron capaces de xestionar este saldo positivo conseguido grazas ao Plan de Axuste aprobado no ano 2012 polo Partido Popular.

Neste caso é conveniente lembrar que cando o Partido Popular gañou as eleccións con maioría absoluta no ano 2011, atopouse un concello cun remanente de Tesourería negativo de -2.170.000 €,e tivo que aprobar de urxencia un plan de axuste para frear unha situación que tiña ao concello practicamente en quebra técnica.

Este dato contrasta claramente coa situación do concello catro anos despois, no 2015, cando a coalición de PSOE-PODEMOS-BNG formaron goberno encontrándose unhas contas totalmente saneadas e con un remanente de tesourería de+ 3.313.000 € grazas a un Plan de Axuste que, por certo, os socialistas, con José Miñones de voceiro, e antes no goberno, votaron en contra deste Plan de Axuste do que agora se aproveitan e que permitiu acadar cifras positivas e reducir a débeda.

O máis incoherente desta situación é que, o Alcalde socialista de Ames, agora presume de ter débeda cero grazas a o Plan de Axuste aprobado polo Partido Popular e que curiosamente o daquela voceiro dos socialistas José Miñones, votou en contra deixando as claras as súas contradicións.

Por se isto fora pouco, presumir de débeda cero é unha absoluta irresponsabilidade, demostrando que non teñen capacidade de xestión e que non teñen o máis mínimo equilibrio, nin a débeda alta nin a débeda cero son indicativos de boa xestión, todo o contrario.

Chama a atención como un concello como Ames, con innumerables necesidades, se permita o luxo de ter “gardado nunha caixa” a cantidade de 8.167.804 € (3.293.950 correspondente a investimentos e 4.873.854 do remanente de tesourería positivo).

Calendario de Eventos

LU
MA
MI
JU
VI
SA
DO
27
28
29
30
31
1
2
Eventos para 1st agosto
Sin eventos
Eventos para 2nd agosto
Sin eventos
3
4
5
6
7
8
9
Eventos para 3rd agosto
Sin eventos
Eventos para 4th agosto
Sin eventos
Eventos para 5th agosto
Sin eventos
Eventos para 6th agosto
Sin eventos
Eventos para 7th agosto
Sin eventos
Eventos para 8th agosto
Sin eventos
Eventos para 9th agosto
Sin eventos
10
11
12
13
14
15
16
Eventos para 10th agosto
Sin eventos
Eventos para 11th agosto
Sin eventos
Eventos para 12th agosto
Sin eventos
Eventos para 13th agosto
Sin eventos
Eventos para 14th agosto
Sin eventos
Eventos para 15th agosto
Sin eventos
Eventos para 16th agosto
Sin eventos
17
18
19
20
21
22
23
Eventos para 17th agosto
Sin eventos
Eventos para 18th agosto
Sin eventos
Eventos para 19th agosto
Sin eventos
Eventos para 20th agosto
Sin eventos
Eventos para 21st agosto
Sin eventos
Eventos para 22nd agosto
Sin eventos
Eventos para 23rd agosto
Sin eventos
24
25
26
27
28
29
30
Eventos para 24th agosto
Sin eventos
Eventos para 25th agosto
Sin eventos
Eventos para 26th agosto
Sin eventos
Eventos para 27th agosto
Sin eventos
Eventos para 28th agosto
Sin eventos
Eventos para 29th agosto
Sin eventos
Eventos para 30th agosto
Sin eventos
31
1
2
3
4
5
6
Eventos para 31st agosto
Sin eventos