O cuatripartito de Ames aproba o Regulamento da Escola Municipal de Música

Regulamento EMMA

O cuatripartito de Ames aproba o Regulamento da Escola Municipal de Música que permite ao Concelleiro reprobado do BNG, David Santomil, por a dedo ao Director.

  • Un regulamento improvisado, sen consensuar, que non garante a sustentabilidade e que ten pírricos resultados, case o 40% de déficit, reflectido no informe de Secretaría e Intervención e cunha xestión laboral emendada por sentencias.

Ames, 28 de decembro de 2018

A ineficacia do cuatripartito de Ames golpea agora a EMMA (Escola Municipal de Musica de Ames). O goberno aprobou un Regulamento sen consensuar coa oposición, autoritario e pensado para a manipulación do BNG, xa que o seu Concelleiro ten potestade absoluta para poder nomear ao Director, omitindo de forma deliberada calquera proceso de selección que garanta a igualdade de oportunidades, mérito e capacidade.

Por outro lado, o Regulamento non garante a sustentabilidade da escola, ten pírricos resultados, e conta cun déficit do 39% tal e como se deriva do informe de Secretaría e Intervención, ao que se suma o peor resultado laboral da súa historia con récord de sentencias contra o concello que limitarán a Escola ata que se realice un estudio pedagóxico axeitado.

Un dos motivos polos que o Partido Popular e PxA votaron en contra do Regulamento, débese a que non conta cun estudio curricular, imprescindible, para levar a cabo un proxecto pedagóxico/educativo cuns mínimos parámetros que garantan unha calidade axeitada, nin cun estudio económico que dea solidez a unha escola que debería ser referente despois de que o Partido Popular, en novembro do 2011 e tan só 5 meses despois de chegar ao goberno, puxera as bases e os medios para dotala de unha sede permanente cunhas instalacións dignas no edificio de usos múltiples de Aldea Nova, onde por primeira vez contouse con salas insonorizadas con paneis acústicos. En tan só 5 meses, o goberno Popular demostrou que esta escola era unha prioridade facendo unha aposta sen precedentes pola súa promoción e agora, despois de case 4 anos de cuatripartito, a situación non pode ser peor.

Un regulamento que non contempla nin a creación dun banco de instrumentos, nin un proxecto pedagóxico que permita proporcionarlle ao alumnado unha formación máis profunda para acceder a unha ensinanza regrada, e que nin sequera recolle referencia algunha ao Decreto 198/2007, de 27 de setembro, polo que se establece a ordenación do grao elemental das ensinanzas do réxime especial de música.

Un regulamento que perpetúa un proxecto desastroso incapaz de configurar unha pequena banda de música nun Concello cuxa poboación supera os 30.000 habitantes e que ten como maior valor a xuventude.

Por se isto non abondase, outra cuestión que motivou que o Partido Popular e PxA votaran en contra, é a falta de información e o escurantismo practicado por parte do Alcalde José Miñones, que negou a información requirida polo Grupo Municipal Popular reiteradamente, e que impide saber datos tan importantes como o número de sentencias en contra do concello, o importe das indemnizacións ou simplemente cal é e como está configurada a actual plantilla da EMMA. A última vez que se solicitou a información foi o 11 de setembro, data na que se presentou por Rexistro o último escrito sen que ata o de agora tivera resposta.

Agora, rematando o ano e o mandato, o reprobado Concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil, pretende botar unha cortina de fume da peor maneira que se pode facer, cun regulamento imposto e que coarta as capacidade da EMMA.

Calendario de Eventos

mayo 2024

LU
MA
MI
JU
VI
SA
DO
29
30
1
2
3
4
5
Eventos para 1st mayo
Sin eventos
Eventos para 2nd mayo
Sin eventos
Eventos para 3rd mayo
Sin eventos
Eventos para 4th mayo
Sin eventos
Eventos para 5th mayo
Sin eventos
6
7
8
9
10
11
12
Eventos para 6th mayo
Sin eventos
Eventos para 7th mayo
Sin eventos
Eventos para 8th mayo
Sin eventos
Eventos para 9th mayo
Sin eventos
Eventos para 10th mayo
Sin eventos
Eventos para 11th mayo
Sin eventos
Eventos para 12th mayo
Sin eventos
13
14
15
16
17
18
19
Eventos para 13th mayo
Sin eventos
Eventos para 14th mayo
Sin eventos
Eventos para 15th mayo
Sin eventos
Eventos para 16th mayo
Sin eventos
Eventos para 17th mayo
Sin eventos
Eventos para 18th mayo
Sin eventos
Eventos para 19th mayo
Sin eventos
20
21
22
23
24
25
26
Eventos para 20th mayo
Sin eventos
Eventos para 21st mayo
Sin eventos
Eventos para 22nd mayo
Sin eventos
Eventos para 23rd mayo
Sin eventos
Eventos para 24th mayo
Sin eventos
Eventos para 25th mayo
Sin eventos
Eventos para 26th mayo
Sin eventos
27
28
29
30
31
1
2
Eventos para 27th mayo
Sin eventos
Eventos para 28th mayo
Sin eventos
Eventos para 29th mayo
Sin eventos
Eventos para 30th mayo
Sin eventos
Eventos para 31st mayo
Sin eventos