O alcalde de Ames sabía dende o ano 2017 que a liña de Ortoño deixaría de funcionar en decembro do 2020. Esta liña era froito dun convenio, con data de caducidade, que tiñan Santiago e Ames

liña autobuses

O alcalde de Ames sabía dende o ano 2017 que a liña de Ortoño deixaría de funcionar en decembro do 2020. Esta liña era froito dun convenio, con data de caducidade, que tiñan Santiago e Ames.

 

  • O plan Edusi, dotado con 6.250.000 euros de fondos europeos, aprobado por unanimidade plenaria, xa contaba cun investimento de 912.000 € para a “Mellora integral da mobilidade e conectividade por transporte público”, está sen executar.

  • A restitución inmediata da liña de Ortoño pasa pola firma dun novo convenio entre Santiago e Ames que dende a Xunta de Galicia aprobarían coa máxima dilixencia e coa posta en marcha do “Plan de Mobilidade Urbana” que sofre un retraso de máis de 3 anos.

 

Ames, 10 de xaneiro de 2021.

 

Como ven sendo habitual, o Alcalde socialista de Ames ven de utilizar o xogo que mellor practica, o do trile, nun asunto de vital importancia para a veciñanza do rural como é a supresión da liña de Ortoño que deixa sen servizo a máis de 1.600 persoas de Fraíz, A Moniña, Costoia, Framil, Quistiláns, Barreiro, Outeiro, Maguxe, Mourigade, Buceleiras, Guimaráns, O Santo y Ortoñiño.

O rexedor socialista é o único responsable desta situación porque xa tiña coñecemento dende o ano 2017 que sería suprimida en decembro de 2020, data na que o concello de Santiago daría por finalizado o conveno que posibilitaba esta liña.

A indolencia do goberno de Ames provocou esta situación a pesar de que o pleno da corporación, por unanimidade, aprobara o Plan Edusi, un programa dotado con 6.250.000 euros do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural que na súa partida “OT4 OES1 OOP1.3/OOP2.2” contempla especificamente 912.000 euros para o “Programa de mellora integral da mobilidade e a conectividade por transporte público” que está sen executar.

O rexedor socialista coñecía (o contrario sería lamentable) que o Transporte Metropolitano no podía cubrir esta liña porque as diversas regulamentacións que hai ao respecto impídeno, e intenta venderlle a veciñanza que a culpa é doutros con tan de non asumir a súa irresponsabilidade e a súa desidia co rural, cousa que non é nada novo. O Rexedor, entre outras cousas, sabe que outros concellos da área metropolitana teñen convenios con Santiago de Compostela para situacións similares ao caso da liña de Ortoño.

O rexedor é coñecedor desta e doutras casuísticas que competen ao transporte entre diversos concellos e por iso, no PLAN EDUSI, dotado con Fondos Europeos por valor de 6.250.000 euros e aprobado por unanimidade plenaria, hai unha partida de 912.000 euros que segue sen executar e que sen dúbida, resolvería este e outros problemas relacionados co transporte en Ames.

A realidade é que a desidia do rexedor e a súa falta de xestión está provocando esta situación, a proba definitiva é o dato obxectivo da publicación tardía, do 7 de agosto pasado, na “Plataforma de Contratación del Sector Público” referente a licitación do “Servicio de redacción do “Plan de Mobilidad urbana sostenible del Ayuntamiento de Ames” por un importe de 74.380,00 €. Esta licitación tería que estar realizada fai máis de 3 anos, non hai que esquecer que o tripartito xa leva no goberno de Ames seis anos.

En definitiva, o problema da liña de Ortoño e demais situacións similares relacionadas co transporte da zona rural de Ames, pasa pola implantación deste Plan de Mobilidade Urbana que figura no EDUSI, aprobado por unanimidade plenaria, e que leva un retraso inaceptable.

Calendario de Eventos

junio 2026

LU
MA
MI
JU
VI
SA
DO
1
2
3
4
5
6
7
Eventos para 1st junio
Sin eventos
Eventos para 2nd junio
Sin eventos
Eventos para 3rd junio
Sin eventos
Eventos para 4th junio
Sin eventos
Eventos para 5th junio
Sin eventos
Eventos para 6th junio
Sin eventos
Eventos para 7th junio
Sin eventos
8
9
10
11
12
13
14
Eventos para 8th junio
Sin eventos
Eventos para 9th junio
Sin eventos
Eventos para 10th junio
Sin eventos
Eventos para 11th junio
Sin eventos
Eventos para 12th junio
Sin eventos
Eventos para 13th junio
Sin eventos
Eventos para 14th junio
Sin eventos
15
16
17
18
19
20
21
Eventos para 15th junio
Sin eventos
Eventos para 16th junio
Sin eventos
Eventos para 17th junio
Sin eventos
Eventos para 18th junio
Sin eventos
Eventos para 19th junio
Sin eventos
Eventos para 20th junio
Sin eventos
Eventos para 21st junio
Sin eventos
22
23
24
25
26
27
28
Eventos para 22nd junio
Sin eventos
Eventos para 23rd junio
Sin eventos
Eventos para 24th junio
Sin eventos
Eventos para 25th junio
Sin eventos
Eventos para 26th junio
Sin eventos
Eventos para 27th junio
Sin eventos
Eventos para 28th junio
Sin eventos
29
30
1
2
3
4
5
Eventos para 29th junio
Sin eventos
Eventos para 30th junio
Sin eventos