O vindeiro 15 de xuño vence a segunda e última prórroga do contrato de Xestión do Ciclo Integral da Auga de Ames e o goberno tripartito non ten preparado o futuro Plan Director do Servizo

O vindeiro 15 de xuño vence a segunda e última prórroga do contrato de Xestión do Ciclo Integral da Auga de Ames e o goberno tripartito non ten preparado o futuro Plan Director do Servizo

  •  Unha improvisación máis do goberno que deriva na intención de municipalizar un servizo que segundo o informe municipal elaborado polo propio goberno, define a situación actual, tras 20 anos de concesión, de “moi satisfactoria”.
  •  O informe reflicte tamén que a tarifa media do uso doméstico aplicada á veciñanza é superior a media autonómica, polo que hai marxe para unha baixada de prezo, tal e como solicitara o Grupo Municipal Popular no pleno extraordinario de marzo.
  •  O Grupo Municipal Popular considera que detrás desta medida hai está a intención do tripartito de crear un “chiringuito” con fins pouco produtivos para Ames.

Ames 7 de xuño de 2021

O Grupo Municipal Popular mantense a espera, a vez que insta ao Goberno Tripartito, a elaborar e presentar un borrador do futuro Plan Director do Ciclo Integral da Auga. Un documento que tería que ir na liña co PXOU vixente, acorde as necesidades do servizo do Ciclo Integral da Auga, con propostas de actuacións e melloras que deberían recoller a senda a seguir por un goberno que ten na improvisación o seu máximo expoñente.

A última ocorrencia dos socialistas, con toda seguridade motivada pola presión que fan os seus socios nacionalistas e podemitas no seu afán innato de ter “todo controlado”, é a municipalización do servizo da xestión da auga, unha situación que choca frontalmente co informe realizado a petición do propio goberno, pola consultora “PW Advisory & Capital Services” para analizar os servizos de abastecemento e saneamento do Concello de Ames, tanto no referido a súa prestación como nas características das infraestruturas das que dispoñe.

Na elaboración do informe a consultora tivo en consideración, entre outras, o estudo económico financieiro elaborado por “Idom Consulting” para a licitación da concesión da xestión do servizo público do Saneamento e Abastecemento.

Nas conclusións do informe sobre o diagnóstico do servizo actual merece destacar que en Ames o porcentaxe de auga non rexistrada (principal indicador do rendemento do sistema que recolle tanto as perdas de auga como o consumo non autorizado) é dun 16%, mentres que a media nacional é do 23%. Este dato acredita un bo rendemento do sistema actual.

Outra das conclusións é que a xestión en concesión do servizo ten un resultado positivo da explotación para o Concello que proporciona a Ames, sen custo, aproximadamente 64.000 metros cúbicos anuais para o consumo propio.

Ao respecto dos resultados da explotación obtidos a partir dos ingresos e custes analizados, obtívose un resultado bruto da explotación no ano 2019 de 976.856 €, o que supón un EBITDA (beneficio antes de intereses, impostos e amortizacións) do 37,90 %, o que supón que os ingresos son moi superiores ao custe de explotación. Uns altos beneficios motivados, entre outras cuestións, polo feito de que a tarifa media de uso doméstico aplicada a veciñanza é superior a media autonómica. Un dato sobre o que o goberno tripartito debería reflexionar xa que é inadmisible que tratándose dun servizo destas características, os beneficios obtidos polo concello son moi superiores ao servizos da mesma índole. Non se debería esquecer que o Concello recibe o importe íntegro das tarifas aplicadas a veciñanza e abona á concesionaria, trimestralmente, unha contraprestación económica polos servizos relativos á concesión.

Así, o informe encargado polo propio goberno ratifica o que o Partido Popular leva dicindo dende hai meses, e que foi un dos motivos da petición por parte do Grupo Municipal Popular dun pleno extraordinario o pasado mes de Marzo para solicitar a rebaixa do 20% da taxa pola subministración e depuración de augas.

En definitiva, e a tenor dos propios datos subministrados polo goberno, o Partido Popular considera que detrás desta iniciativa hai unha intención do tripartito de crear un “chiringuito” con fins pouco produtivos para Ames, que tería un custe excesivo para o concello e por tanto para a veciñanza, a todas luces innecesario e que cos datos subministrados sería considerablemente oneroso un cambio de sistema.

Calendario de Eventos

LU
MA
MI
JU
VI
SA
DO
27
28
29
30
31
1
2
Eventos para 1st enero
Sin eventos
Eventos para 2nd enero
Sin eventos
3
4
5
6
7
8
9
Eventos para 3rd enero
Sin eventos
Eventos para 4th enero
Sin eventos
Eventos para 5th enero
Sin eventos
Eventos para 6th enero
Sin eventos
Eventos para 7th enero
Sin eventos
Eventos para 8th enero
Sin eventos
Eventos para 9th enero
Sin eventos
10
11
12
13
14
15
16
Eventos para 10th enero
Sin eventos
Eventos para 11th enero
Sin eventos
Eventos para 12th enero
Sin eventos
Eventos para 13th enero
Sin eventos
Eventos para 14th enero
Sin eventos
Eventos para 15th enero
Sin eventos
Eventos para 16th enero
Sin eventos
17
18
19
20
21
22
23
Eventos para 17th enero
Sin eventos
Eventos para 18th enero
Sin eventos
Eventos para 19th enero
Sin eventos
Eventos para 20th enero
Sin eventos
Eventos para 21st enero
Sin eventos
Eventos para 22nd enero
Sin eventos
Eventos para 23rd enero
Sin eventos
24
25
26
27
28
29
30
Eventos para 24th enero
Sin eventos
Eventos para 25th enero
Sin eventos
Eventos para 26th enero
Sin eventos
Eventos para 27th enero
Sin eventos
Eventos para 28th enero
Sin eventos
Eventos para 29th enero
Sin eventos
Eventos para 30th enero
Sin eventos
31
1
2
3
4
5
6
Eventos para 31st enero
Sin eventos