Intervención asinou 1,02 reparos por día hábil ao alcalde socialista José Miñones, batendo todos as marcas negativas en transparencia, omisión de licitación, xestión e fiscalización. Moitos dos reparos tiñan efectos suspensivos que o rexedor levantou por decreto

Intervención asinou 1,02 reparos por día hábil ao alcalde socialista José Miñones, batendo todos as marcas negativas en transparencia, omisión de licitación, xestión e fiscalización. Moitos dos reparos tiñan efectos suspensivos que o rexedor levantou por decreto

 

  • Durante o ano 2019 intervención emitiu un total de 257 informes de reparo ao goberno tripartito, así se deduce do estado da Conta Xeral á que tivo acceso o Grupo Popular.
  • Vulneracións reiteradas do articulado do TEXTO REFUNDIDO DA LEI REGULADORA DE FACENDAS LOCAIS, reparos reiterados dende hai máis de 4 anos, vulneración da LEI DE CONTRATOS DO SECTOR PÚBLICO, gastos sen expediente de contratación, son o bagaxe do alcalde socialista.

 

Ames, a 23 de febreiro de 2021

 

Fai uns días o PP de Ames denunciaba publicamente que o goberno abusa constantemente da contratación a dedo e do fraccionamento de contratos. Unha vez rematado o prazo de presentación da Conta Xeral do ano 2019 e que será levada ao pleno extraordinario que se celebrará maña día 24, o Grupo Municipal do PP tivo acceso aos 257 informes de reparos emitidos desde a Intervención, informes que deixan en evidencia ao goberno tripartito e máis en concreto ao seu máximo responsable, o socialista José Miñones, que é quen levanta por decreto os efectos suspensivos dos informes que se emiten dende a intervención.

Cada día hábil o rexedor socialista recibe máis dun informe de reparo dende a intervención municipal, o que indica cando menos, que a súa xestión está chea de accións deficientes e que a se sustenta no incumprimento das normas.

Chama a atención como a falta de transparencia é unha constante no seu mandato, ata o punto que organizacións non gubernamentais como CIVIO, fanse eco e poñen a Ames como exemplo do que non hai que facer. Un goberno que presumía e prometía todo o contrario do que fai no que a intervención municipal deixa en evidencia constantemente as súas eivas, entre as que cabe sinalar unha das máis graves, a “omisión de licitación pública”, característica que indica o grado de caciquismo instalado no concello de Ames.

O informe de intervención é demoledor neste sentido e afirma categoricamente que:

“A maior parte das eivas advertidas a través dos informes de fiscalización emitidos no período considerado teñen que ver ca realización de gastos sen contar ca preceptiva cobertura contractual, o que implica tamén a omisión da licitación pública que necesariamente debe preceder á formalización dos contratos tanto administrativos como privados subscritos polo Concello”.

No mesmo informe sinalase a reiterada vulneración do artigo 118 LCSP, ”contratos privados sen expediente de licitación, certificacións de obras con omisión de documentación perceptiva, etc. Destacando desde intervención que as “irregularidades advertidas a través dos informes indicados, veñen sendo reproducidas de xeito continuado todos os meses”.

Esta situación, definida claramente dende a intervención, mostra un goberno irrespectuoso coas normas; frases e advertencias reiteradas que figuran no informe de intervención tales como “…reproducidas de xeito continuado todos os meses” indican claramente que estamos ante un goberno esgotado e instalado no caciquismo apoiado polos nacionalistas do BNG, corresponsables na área de Educación e Cultura, e dos podemitas, responsables da área económica e colaboradores necesarios.

 

Calendario de Eventos

septiembre 2021

LU
MA
MI
JU
VI
SA
DO
30
31
1
2
3
4
5
Eventos para 1st septiembre
Sin eventos
Eventos para 2nd septiembre
Sin eventos
Eventos para 3rd septiembre
Sin eventos
Eventos para 4th septiembre
Sin eventos
Eventos para 5th septiembre
Sin eventos
6
7
8
9
10
11
12
Eventos para 6th septiembre
Sin eventos
Eventos para 7th septiembre
Sin eventos
Eventos para 8th septiembre
Sin eventos
Eventos para 9th septiembre
Sin eventos
Eventos para 10th septiembre
Sin eventos
Eventos para 11th septiembre
Sin eventos
Eventos para 12th septiembre
Sin eventos
13
14
15
16
17
18
19
Eventos para 13th septiembre
Sin eventos
Eventos para 14th septiembre
Sin eventos
Eventos para 15th septiembre
Sin eventos
Eventos para 16th septiembre
Sin eventos
Eventos para 17th septiembre
Sin eventos
Eventos para 18th septiembre
Sin eventos
Eventos para 19th septiembre
Sin eventos
20
21
22
23
24
25
26
Eventos para 20th septiembre
Sin eventos
Eventos para 21st septiembre
Sin eventos
Eventos para 22nd septiembre
Sin eventos
Eventos para 23rd septiembre
Sin eventos
Eventos para 24th septiembre
Sin eventos
Eventos para 25th septiembre
Sin eventos
Eventos para 26th septiembre
Sin eventos
27
28
29
30
1
2
3
Eventos para 27th septiembre
Sin eventos
Eventos para 28th septiembre
Sin eventos
Eventos para 29th septiembre
Sin eventos
Eventos para 30th septiembre
Sin eventos