Inundacións na urbanización da Telleira

Inundacións na urbanización da Telleira

A desidia do Alcalde de Ames e do goberno tripartito fixo desta madrugada un pesadelo para a veciñanza polas inundacións na urbanización da Telleira de Bertamiráns ante a falta de mantemento na rede de pluviais e dos canais.

  • Os canais da zona totalmente tupidos e o abandono do criadeiro de troitas, provocaron que a auga non tivera saída e retornara cara as vivendas. Facía 12 anos que non se inundaba esta zona.

  • A indignación da veciñanza foi a máis ao comprobar que as dez da mañá, os operarios enviados polo concelleiro de obras Blás García, apurábanse a limpar os canais, tarefa que debería estar feita fai meses.

Ames 10 de novembro de 2018

O acontecido esta madrugada na urbanización da Telleira de Bertamiráns, na que preto de unha ducia de vivendas foron anegadas pola auga, é consecuencia directa da falta de limpeza dos canais e colectores de recollida de pluviais da zona, unha carencia que está motivada pola desidia do alcalde socialista de Ames que, apesares das diversas iniciativas presentadas dende a oposición, negouse a atender.

A zona da Telleira está rodeada de varios canais e colectores que se encargan de recoller a auga, a súa falta de limpeza provocou, por un lado o desbordamento de algúns deles e por outra, e debido a sedimentación de materiais, a diminución da capacidade de recollida de auga.

Así acontece co canal de cría de troitas que está a uns poucos metros da urbanización e que, tal e como se pode ver nas fotografías que achegamos, está totalmente atascado debido a desidia do concelleiro socialista de obras que en case catros anos de goberno deixou arruinar esa zona, practicamente inservible para cría de alevíns e seriamente deteriorado para a súa función de recollida de augas, o que contribuíu de forma definitiva as inundacións das vivendas por estar totalmente tupido por ramas, follas, area e lodos. Esta cuestión provoca que o depósito de area, lodos e outras substancias, tapen o leito provocando un tapón e como consecuencia lóxica, o retorno da auga de volta a zona das casas.

Por outra banda, o canal que recolle as augas que proceden da zona do antigo campo de fútbol da telleira e do campo da festa da Peregrina, situado na parte máis alta da urbanización, e que se encarga da recollida da auga para evitar que penetre na urbanización, estaba totalmente tupido, si a isto sumamos o retorno das augas dos canais das troitas, a explicación do porqué se inundou a zona despois de 12 anos, parece evidente.

A indignación da veciñanza foi en aumento cando observaron que ao redor das 10 da mañá, operarios enviados polo concelleiro de obras, o socialista Blas García, apareceron para limpar algunha das zonas que provocaron a inundación, sendo o comentario máis frecuente o de “isto teríano que facer hai meses”.

A política baseada na publicidade e propaganda e a carencia de xestión teñen estas consecuencias.

Calendario de Eventos

abril 2026

LU
MA
MI
JU
VI
SA
DO
30
31
1
2
3
4
5
Eventos para 1st abril
Sin eventos
Eventos para 2nd abril
Sin eventos
Eventos para 3rd abril
Sin eventos
Eventos para 4th abril
Sin eventos
Eventos para 5th abril
Sin eventos
6
7
8
9
10
11
12
Eventos para 6th abril
Sin eventos
Eventos para 7th abril
Sin eventos
Eventos para 8th abril
Sin eventos
Eventos para 9th abril
Sin eventos
Eventos para 10th abril
Sin eventos
Eventos para 11th abril
Sin eventos
Eventos para 12th abril
Sin eventos
13
14
15
16
17
18
19
Eventos para 13th abril
Sin eventos
Eventos para 14th abril
Sin eventos
Eventos para 15th abril
Sin eventos
Eventos para 16th abril
Sin eventos
Eventos para 17th abril
Sin eventos
Eventos para 18th abril
Sin eventos
Eventos para 19th abril
Sin eventos
20
21
22
23
24
25
26
Eventos para 20th abril
Sin eventos
Eventos para 21st abril
Sin eventos
Eventos para 22nd abril
Sin eventos
Eventos para 23rd abril
Sin eventos
Eventos para 24th abril
Sin eventos
Eventos para 25th abril
Sin eventos
Eventos para 26th abril
Sin eventos
27
28
29
30
1
2
3
Eventos para 27th abril
Sin eventos
Eventos para 28th abril
Sin eventos
Eventos para 29th abril
Sin eventos
Eventos para 30th abril
Sin eventos