O goberno socialista renuncia de facto a tódalas municipalizacións e sigue prorrogando os servizos as empresas privadas, esta vez a limpeza viaria, tal e como se ditaminou na comisión informativa previa ao pleno

servizo municipalizacion

O goberno socialista renuncia de facto a tódalas municipalizacións e sigue prorrogando os servizos as empresas privadas, esta vez a limpeza viaria, tal e como se ditaminou na comisión informativa previa ao pleno.

 

  • En case seis anos de goberno socialista non municipalizaron ningún servizo contradicindo e incumprindo o seu programa e a súa publicidade.

  • O Partido Popular xa advertira da imposibilidade de realizar estas municipalizacións pola falta de recursos humanos e a excesiva carga económica que suporía para o concello.

Ames, 22 de decembro 2020

 

O goberno tripartito (PSOE-BNG-PODEMOS) acaba de ditaminar favorablemente na comisión informativa previa ao Pleno Ordinario do próximo día 29 de decembro a prórroga dun dos contratos con maior importe económico, trátase da quinta prórroga que nesta ocasión será de seis meses.

O despropósito e a falta de planificación do alcalde socialista é tal que ata o informe conxunto de Secretaría e Intervención advirte no seu punto nº 3 que “Tendo en conta que se trata de unha licitación de moi elevada contía, suxeito a regulación harmonizada; susceptible de recurso especial de contratación e competencia plenaria non parece fácil que o expediente estea adxudicado e formalizado o contrato para o día 14.07.2021 que sería cando remataría o contrato co novo sistema de prórrogas proposto”.

O contrato de limpeza viaria foi asinado en xullo de 2006 recollendo un prazo de 10 anos prorrogables por mutuo acordo das partes por un período de 10 anos, na sesión plenaria do 31 de marzo de 2016 procedese a unha modificación do sistema de prórrogas de tal xeito que a partires dese momento as prórrogas serían ano a ano ata un máximo de 10, esta foi a primeira modificación do contrato. A segunda modificación foi para unha ampliación do servizo (pleno do 26 de maio do 2016) e a partir de aí foron acordadas un total de 4 prórrogas polo prazo dun ano (plenos do 29 de setembro de 2016, 26 de outubro de 2107, 22 de novembro de 2018 e 22 de novembro de 2019), todo unha marca da “xestión” do alcalde socialista José Miñones.

Tendo en conta isto, o contrato estende a súa vixencia ata o 14 de xaneiro de 2021 e agora van a realizar unha terceira modificación propoñendo un prazo de 6 meses máis, quedando o custe do servizo fixado en 666.696,43 € que ao ser prorrogado por 5 meses e medio, quedaría en 305.569,20€ tal e como se mostra no cadro explicativo que se achega.

Unha vez máis queda demostrado o que o Partido Popular viña advertindo dende fai moito tempo, que as “ocorrencias municipalizadoras” dos socialistas son mera publicidade enganosa que supuxeron unha perda de xinérxias e un gasto económico innecesario.

 

TABOA DO CUSTE DO SERVIZO DA LIMPEZA VIARIA DE AMES

 

Calendario de Eventos

junio 2026

LU
MA
MI
JU
VI
SA
DO
1
2
3
4
5
6
7
Eventos para 1st junio
Sin eventos
Eventos para 2nd junio
Sin eventos
Eventos para 3rd junio
Sin eventos
Eventos para 4th junio
Sin eventos
Eventos para 5th junio
Sin eventos
Eventos para 6th junio
Sin eventos
Eventos para 7th junio
Sin eventos
8
9
10
11
12
13
14
Eventos para 8th junio
Sin eventos
Eventos para 9th junio
Sin eventos
Eventos para 10th junio
Sin eventos
Eventos para 11th junio
Sin eventos
Eventos para 12th junio
Sin eventos
Eventos para 13th junio
Sin eventos
Eventos para 14th junio
Sin eventos
15
16
17
18
19
20
21
Eventos para 15th junio
Sin eventos
Eventos para 16th junio
Sin eventos
Eventos para 17th junio
Sin eventos
Eventos para 18th junio
Sin eventos
Eventos para 19th junio
Sin eventos
Eventos para 20th junio
Sin eventos
Eventos para 21st junio
Sin eventos
22
23
24
25
26
27
28
Eventos para 22nd junio
Sin eventos
Eventos para 23rd junio
Sin eventos
Eventos para 24th junio
Sin eventos
Eventos para 25th junio
Sin eventos
Eventos para 26th junio
Sin eventos
Eventos para 27th junio
Sin eventos
Eventos para 28th junio
Sin eventos
29
30
1
2
3
4
5
Eventos para 29th junio
Sin eventos
Eventos para 30th junio
Sin eventos