Ames, 27 de maio de 2021.
En decembro do 2020, o Goberno Tripartito de Ames (PSOE-BNG-PODEMOS) anunciaba a inminente licitación do novo contrato de Limpeza viaria e Xestión do Punto limpo de Ames. Con esta decisión, supostamente dábase por concluído o anterior contrato de data 1 de agosto de 2006, que debería ter un prazo de vixencia de 10 anos. O inicio da prestación efectiva do servizo tivo lugar o 15 de xaneiro do 2007, polo que a concesión do servizo debería darse por rematado fai CATRO ANOS, en concreto o 14 de xaneiro do 2017, unha proba obxectiva e irrefutable da carencia de eficiencia na xestión do goberno tripartito (PSOE-BNG-PODEMOS)
Por acordo plenario de 31 de marzo de 2016 o goberno decide modificar o réxime de prórrogas previsto na cláusula segunda do contrato do 2006, de tal xeito que a partires do 15 de xaneiro de 2017 as prórrogas acordaranse por acordo mutuo entre as partes e por prazos de 1 ano ata un máximo de 10. Xa daquela, o Partido Popular insistira da prioridade que debería ter a confección dun contrato novo debido as carencias na limpeza, para actualizar prezos e para fomentar a competencia e a concorrencia de novas empresas que, con toda seguridade mellorarían o servizo.
Tras unha modificación do sistema e de catro prorrogas chégase a decembro de 2020 cando o goberno, a través do seu voceiro e agora alcalde, anuncia unha nova licitación nun exemplo claro de ineficacia e falta de planificación, alardea de ter todo preparado para que o novo contrato estea funcionando en pouco máis de 6 meses e propón facer outra modificación das prorrogas, esta vez de tan só 6 meses, na sesión plenaria do 29 de decembro do ano 2020 co criterio en desfavorable do Partido Popular (que votou en contra) e omitindo as advertencia de Secretaría e Intervención, sae a diante a proposta do Concelleiro do ramo, agora alcalde, de prorrogar por QUINTA VEZ.
No mesmo Pleno do 29 de decembro aprobase a quinta e, - en palabras do actual alcalde-, última prórroga do contrato; neste caso de 6 meses. Con esta quinta prórroga o contrato estaría vixente ata o 14 de xullo de 2021.
De nada serviron as advertencias feitas dos servizos técnicos de Intervención e Secretaría que confeccionaron un informe conxunto no que se especificaba claramente que “Tendo en conta que se trata de unha licitación de moi elevada contía, suxeito a regulación harmonizada; susceptible de recurso especial de contratación e competencia plenaria non parece fácil que o expediente estea adxudicado e formalizado o contrato para o día 14.07.2021 que sería cando remataría o contrato co novo sistema de prórrogas proposto”.
Por se isto non abondase, o 25 de marzo do 2021 aprobouse a licitación do novo contrato do servizo de limpeza viaria e xestión do punto limpo publicándose o anuncio o 1 de abril e aos poucos días, o 15 de abril, unha asociación de pequenas empresas interpón un recurso especial en materia de contratación no Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia, cumpríndose a advertencia feita dende os servizos técnicos municipais e polo Grupo Popular no pleno de decembro do 2020
A consecuencia deste recurso, o Goberno Tripartito retrocede e desiste da licitación aprobada o 25 de marzo de 2021, un fracaso que obriga a reiniciar o expediente de licitación do servizo de limpeza viaria e xestión do punto limpo do concello. O desestimento acordouse pola Xunta de Goberno Local en sesión extraordinaria e urxente do 19 de abril do 2021 e ratificada no Pleno Ordinario do mesmo mes imposibilitando que o novo expediente estea adxudicado e formalizado o contrato para o 14 de xullo, tal e como se recolle no informe conxunto de Secretaría e Intervención facéndose preciso prorrogar novamente, seis meses e por SEXTA VEZ, o contrato do 2006 que debería estar finalizado no 2016.
En definitiva, en catro anos modificaron o sistema de prórroga dúas veces, non foron capaces de ampliar o servizo todo o que sería necesario para un concello como o de Ames e provocaron un sobre custo económico por ter este servizo sen licitar durante tanto tempo, todo un claro exemplo de como non se deben facer as cousas.