O director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, mantivo esta mañá unha reunión co Concello e os veciños afectados pola supresión da liña urbana

A XUNTA REITERA AO CONCELLO DE AMES O SEU APOIO PARA ATOPAR SOLUCIÓNS ÁS NECESIDADES DE MOBILIDADE DAS PARROQUIAS DE ORTOÑO, BUGALLIDO E BIDUÍDO

  • Reafirma o mantemento do apoio técnico e administrativo da Xunta para que o Concello de Ames acade un acordo co Concello de Santiago para a prolongación da liña urbana que garanta a prestación dese servizo, como se viña facendo ata agora
  • Estudará a nova proposta de Ames para desviar unha das actuais liñas do transporte interurbano, ao tempo que ambos os concellos negocian a extensión da liña urbana ata Ortoño, suplementando os horarios dos servizos que presta a Xunta
  • A Xunta, ademais de financiar o déficit de todo o transporte interurbano que atende os veciños de Ames, achega ao ano preto de 1 M€ para bonificar as viaxes con orixe ou destino no concello de Ames e para a tarxeta Xente Nova coa que os menores de 21 anos viaxan gratis no autobús interurbano da Xunta
  • Actualmente 19.800 veciños de Ames benefícianse das bonificacións que supón o emprego da Tarxeta de Transporte Metropolitano e 3.442 mozos de Ames teñen autobús gratis como usuarios da tarxeta Xente Nova
  • A Xunta financia tamén a integridade dos transbordos co autobús urbano de Santiago

 

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2021.- A Xunta reitera ao Concello de Ames o seu apoio para atopar solucións ás necesidades de mobilidade das parroquias de Ortoño, Bugallido e Biduído.  Así o trasladou o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, na reunión mantida esta mañá co Concello e cos veciños afectados pola supresión da prolongación da liña urbana do Concello de Santiago de Compostela, que ata o de agora prestaba os servizos de autobús aos veciños de Ortoño.

Afirmou que, aínda que a Xunta carece de competencias para que o bus urbano do Concello de Santiago preste servizos no municipio veciño de Ames, a Xunta mantén o seu compromiso para tratar de atopar unha solución satisfactoria para ambos os dous municipios, poñendo á disposición das administracións locais o apoio técnico e administrativo que precisen.

O director xeral de Mobilidade lembroulles que a liña de autobús urbano de Santiago que prestaba servizo a Ortoño non forma parte do ámbito do Plan de Transporte Público de Galicia, que configura o servizo de titularidade autonómica e que vén de completar a súa implantación o pasado día 23 de decembro.

O Concello, que recoñeceu que a Xunta ten atendidas todas as súas peticións durante o período de información do Plan de Transporte Público de Galicia, trasladou o seu interese de presentar unha nova proposta para desviar unha das actuais liñas do transporte interurbano da Xunta para atender á parroquia de Ortoño.

Desde a Xunta, amosouse a súa dispoñibilidade para analizar e atender esta solicitude, ao tempo que o Concello negocia a sinatura dun convenio  para a extensión da liña urbana ata Ortoño, e suplementar os horarios dos servizos que actualmente presta a Xunta.

O director xeral de mobilidade, incidiu tamén en como a prestación deste servizo no marco do Plan de Transporte Público de Galicia suporía unha merma na calidade do servizo que se lles viña prestando aos veciños, xa que non cubriría servizos nin paradas internas dentro do municipio compostelán, ao ser esta unha competencia municipal.

Plan de Transporte Público de Galicia

A propia natureza do Plan de Transporte Público de Galicia, que atende os servizos de transporte interurbano de competencia da Xunta, e non servizos urbanos dentro dos propios concellos ao ser esta unha competencia municipal, imposibilita que se poidan cubrir os servizos interiores de cada municipio e que se poidan facer paradas internas.

A Xunta vén realizando un importante esforzo a través do transporte interurbano para garantir as comunicacións entre Santiago e Ames.

Ademais de financiar o déficit de todo o transporte interurbano que atende os veciños de Ames, a Xunta achega cada ano preto de 1 millón de euros para bonificar as viaxes con orixe ou destino no Concello de Ames e as bonificacións da tarxeta Xente Nova, coa que os menores de 21 anos poden viaxar de balde no autobús interurbano da Xunta. Actualmente máis de 19.800 veciños de Ames benefícianse das bonificacións que supón o emprego da Tarxeta de Transporte Metropolitano, TMG, e 3.442 mozos de Ames dispoñen da tarxeta Xente Nova coa que viaxan de balde no autobús interurbano da Xunta.

Todos os usuarios da tarxeta TMG e da tarxeta Xente Nova benefícianse tamén os transbordos gratuítos co autobús urbano de Santiago, algo que financia integramente a Xunta.

Tamén os novos contratos de autobús interurbano da Xunta que botaron a andar o pasado 23 de decembro recollen melloras nas comunicacións entre Santiago e Ames. Entre outras optimizacións, incorporouse a parada no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago en varios servizos diarios que anteriormente non dispoñían dela. Así, un total de 93 servizos diarios permiten a conexión directa co centro hospitalario de referencia na zona.

Ampliáronse ademais os horarios de varias liñas para favorecer os traslados de estudantes e traballadores entre Ames e Santiago a primeira hora da mañá e á última hora do día.

En total, a nova oferta de transporte público na zona da Comarca de Santiago superará os 154.000 servizos anuais, sumando máis de 2,8 millóns de quilómetros percorridos.

SAÚDOS,

GABINETE DE COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

Calendario de Eventos

septiembre 2021

LU
MA
MI
JU
VI
SA
DO
30
31
1
2
3
4
5
Eventos para 1st septiembre
Sin eventos
Eventos para 2nd septiembre
Sin eventos
Eventos para 3rd septiembre
Sin eventos
Eventos para 4th septiembre
Sin eventos
Eventos para 5th septiembre
Sin eventos
6
7
8
9
10
11
12
Eventos para 6th septiembre
Sin eventos
Eventos para 7th septiembre
Sin eventos
Eventos para 8th septiembre
Sin eventos
Eventos para 9th septiembre
Sin eventos
Eventos para 10th septiembre
Sin eventos
Eventos para 11th septiembre
Sin eventos
Eventos para 12th septiembre
Sin eventos
13
14
15
16
17
18
19
Eventos para 13th septiembre
Sin eventos
Eventos para 14th septiembre
Sin eventos
Eventos para 15th septiembre
Sin eventos
Eventos para 16th septiembre
Sin eventos
Eventos para 17th septiembre
Sin eventos
Eventos para 18th septiembre
Sin eventos
Eventos para 19th septiembre
Sin eventos
20
21
22
23
24
25
26
Eventos para 20th septiembre
Sin eventos
Eventos para 21st septiembre
Sin eventos
Eventos para 22nd septiembre
Sin eventos
Eventos para 23rd septiembre
Sin eventos
Eventos para 24th septiembre
Sin eventos
Eventos para 25th septiembre
Sin eventos
Eventos para 26th septiembre
Sin eventos
27
28
29
30
1
2
3
Eventos para 27th septiembre
Sin eventos
Eventos para 28th septiembre
Sin eventos
Eventos para 29th septiembre
Sin eventos
Eventos para 30th septiembre
Sin eventos