Bastáronlle catro anos ao goberno cuatripartito do socialista José Miñones para dilapidar os bos datos económicos herdados da xestión do Partido Popular. Os datos son demoledores, así o reflicte a páxina web oficial do Ministerio de Facenda con datos definitivos e pechados a 31 de decembre de 2018 e que marcan un novo récord histórico en Ames acumulando unha débeda a provedores de case 2.100.000 €.
Se deixar de pagar aos provedores é grave e totalmente reprobable porque pon en perigo a subsistencia de autónomos e pequenas empresas, esta cuestión sumada a débeda prevista para o final do ano 2019, fai que a situación do concello se sitúe a nivel do ano 2011.
Os datos son claros, o orzamento aprobado polo cuatripartito para o ano 2019 contempla unha débeda que se increméntase nun 83% pasando do 491.843€ a principios do ano 2018 a case 3.000.000€, isto foi o que aprobaron PSOE, AN, BNG e CP.
Esta situación é moi similar ao acontecido no ano 2011 cando o Partido Popular gañou as eleccións con maioría absoluta e encontrándose un concello que non pagaba a provedes motivo polo que o goberno Popular tivo que recorrer a un crédito de 1.520.656,53€ para facer fronte a 577 facturas pendentes de pago.
Aquela operación bancaria fora avalada polo Plan de Axuste Municipal aprobado en solitario polo Partido Popular a partir do contemplado no Real Decreto-Lei 4/2012 de 14 de febreiro, polo que se determinan obrigacións de información e procedementos necesarios para establecer un mecanismo de financiamento para o pagamento aos provedores das entidades locais, todo elo como consecuencia dunha crisis provocada polos gobernos socialistas.
Unha vez máis queda demostrado que o Partido Popular sanea as contas para que os alcaldes socialistas, coa complicidade e convivencia de nacionalistas e da esquerda máis radical, gasten sen criterio e como consecuencia, volvan a poñer en perigo a estabilidade financeira de Ames, aplicando aquela máxima de que “el dinero público no es de nadie” acuñada pola ministra socialista Carmen Calvo.
© Grupo Municipal Popular de Ames 2018 - Diseño web Chia na rede