Durante estes días, o Concello de Ames volveu a rexistrar unha importante demanda de usuarios para os comedores escolares. Un incremento totalmente previsible e habitual que se produce ano tras ano tal e como se reflicte dende hai máis de dez anos e como levan certificado os diferentes índices estatísticos.
No ano 2017 xa era sabido que o comedor do CEIP A Maía non tiña capacidade suficiente para asumir, de forma minimamente aceptable, máis usuarios debido a falta de espazo, o que provocará de maneira importante a escolarización do alumnado tal e como se advertira de forma reiterada dende o Consello Escolar e dende o Partido Popular de Ames, que incluso chegou a pedir un Pleno Extraordinario no anterior mandato para avaliar a situación e adoptar medidas urxente negando Alcalde socialista José Miñones esta situación.
As políticas do alcalde socialista de “non facer nada” para solucionar esta problemática e “deixar que as cousas se solucionen soas” xa fora motivo de reprobación do concelleiro nacionalista responsable do Departamento de Educación.
A pesar desta urxente necesidade, da reprobación e da petición do Pleno Extraordinario por parte do Partido Popular, tiveron que pasar máis de dous anos hasta que o 22 de febreiro de 2019, na Web municipal anunciárase a decisión da construción e execución de forma “inmediata” da nova instalación. Unha infraestrutura presupostada en máis de 454.000€. Unha decisión puramente electoralista, en período previo as eleccións municipais cuxo expediente de contratación aprobouse en sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local o 24 de Maio de 2019, dous días antes das eleccións municipais.
Pasada esta data electoral, a inmediatez da construción do comedor xa non é tal e esperaron ata o 22 de agosto de 2019, seis meses dende o anunciado en febreiro e 3 meses dende a celebración da Xunta de Goberno celebarda dous días antes das eleccións municipais
Agora, e segundo o publicado no Perfil do Contratante, na Plataforma da Contratación do Sector Público, e na última información que data do 26 de agosto, estase en proceso de clasificación das diferentes ofertas das empresas que acudiron á licitación e na que se insta a empresa que quedou en primeiro lugar para presentar no prazo de 7 días a documentación correspondente.
En resumen, a estas alturas aínda se está en fase de avaliación, o contrato está sen adxudicar e polo tanto queda resolvela e executala. Se temos en conta que o prazo previsto de execución é de 4 meses, sendo moi optimistas non estará listo antes de febreiro do 2020.
Unha vez máis, os socialistas demostran que o seu mellor valor é publicidade e a propaganda.