Hai xa un ano que o equipo do PP con Oliva Agra á cabeza tomou posesión dos seus escanos no consistorio de Ames. Neste tempo o balance é moi positivo por canto que os veciños saben que recorrer a algún dos concelleiros populares é sinónimo de ser escoitados a ademais de que a súa queixa vai chegar a quen debe recibila.
O Partido Popular demostrou en moitísimas ocasións que escoita a todos os veciños e sempre intenta colaborar con eles. De feito xa presentou no concello e incluso no pleno municipal preguntas e solicitudes de diversos ámbitos como o deporte, o urbanismo, o medio ambiente ou a educación recollidas das inquedanzas de xentes de todas as parroquias e dos núcleos urbanos.
Porque a razón de ser dos concelleiros do PP para estar na política é a do servizo ó cidadán coa única intención de mellorar a vida dos veciños.
Nestes doce meses desde o PP loitouse para que se arranxe dunha vez o paseo fluvial de Bertamiráns, que está moi abandonado. Os veciños teñen dereito a contar cun espazo de ocio nas condicións debidas.
Tamén o PP é belixerante co proxecto de humanización do Milladoiro que trasladará ó núcleo máis poboado do municipio ós anos 80, cando a travesía tiña un só carril en cada sentido pero o volume de tráfico non era nin por asomo o dos 31.000 vehículos diarios que soporta na actualidade. A solución do goberno municipal para O Milladoiro está ben clara. Menos aparcamentos, máis atascos de tráfico. E a iso chámanlle humanización.
No afán por facer más sinxela a vida dos veciños e axudar en cousas tanto importantes como nas que non o son, o PP votou a favor da gratuidade nas escolas infantís a propuxo nunha moción que persoal municipal prestara axuda a todos aqueles que teñen que facer o trámite de legalizar os seus galiñeiros.
Preocupados polos índices de delincuencia do último ano, os concelleiros do PP tamén solicitaron a convocatoria da xunta local de seguridade, que debe reunirse cada seis meses pero que en Ames os seus integrantes non se ven as caras desde xuño de 2022. E aínda non se convocou pese a que en 2023 o número de infraccións penais no municipio superou todos os rexistros e por primeira vez situouse por encima do millar con 1.023 casos.
E por suposto o PP votou en contra duns orzamentos elaborados a gusto dos socialistas e do BNG, unha vez máis collidos da man aínda que despois en público queren amosar desavinzas. Pero esas Contas para nada son boas para os veciños. Porque cando se trata de gobernar os cartos de todos hai que pensar no benestar dos habitantes de Ames e en mellorar a súa calidade de vida e non en facer política barata que en nada beneficia a quenes escolleron Ames para vivir.
Desde o PP neste ano, a no que resta de lexislatura, vaise intentar facer política para os veciños, e unha política de proximidade na que se escoita a todo o mundo e na que se intenta buscar unha solución a cada problema. O PP aposta por ese achegamento cara a todos os habitantes de Ames.