Ames, 8 de abril de 2026. Hai xa anos que o PP de Ames ven insistindo sobre o mal estado do paseo fluvial de Bertamiráns sen que se vexa interese algún por arranxar todas as deficiencias que arrastra e que afectan tanto á súa seguridade como a súa correcta conservación.
O paseo fluvial de Bertamiráns constitúe un dos principais espazos naturais, de lecer e esparexemento do Concello de Ames, sendo ademais un enclave de grande valor ambiental vinculado ao río Sar e un lugar de referencia para a veciñanza e visitantes.
Desta volta o Partido Popular ven de presentar unha moción para debater no próximo pleno ordinario no que insta ó goberno municipal a realizar de maneira inmediata unha inspección técnica completa, identificando todas as deficiencias existentes en materia de seguridade, infraestruturas, saneamento e medio ambiente.
A maiores solicita que se redacte e execute, no prazo máis breve posible, un plan integral de rehabilitación do paseo fluvial que inclúa:
O PP considera que é urxente actuar sobre as infraestruturas de saneamento garantindo que non se produzan filtracións nin derrames.
Porque semella que o paseo fluvial de Bertamiráns interesa moi pouco ó goberno municipal.



