Ames, a 6 de febreiro de 2021
Se desde que gobernan España os socialistas descolgáronse do “Top Ten” sobre a igualdade de xénero retrocedendo dez postos no índice WPS (informe que avalía a igualdade e benestar das mulleres), en Ames ocorre algo similar, continuando polos mesmo rego que os seus correlixionarios, acreditando un escaso interese pola empregabilidade das mulleres.
Así se deduce dos reiterados incumprimentos das cláusulas contractuais por parte das empresas coas que o Alcalde de Ames asina os contratos de obras municipais.
É sabido que a normativa actual que regula a contratación administrativa esixe o cumprimento de determinadas obrigas, e así, o artigo 202 de la ley de Contratos del Sector Publico, (Ley 9/2017, de 8 de noviembre de 2017), estipula que, en todo caso, “será obligatorio el establecimiento en el pliego de cláusulas administrativas particulares de al menos una de las condiciones especiales de ejecución de entre las que enumera el apartado siguiente”… Referíndose claramente a “consideraciones de tipo social o relativas al empleo, pudiéndose introducir, entre otras, con alguna de las siguientes finalidades: …eliminar las desigualdades entre el hombre y la mujer en dicho mercado, favoreciendo la aplicación de medidas que fomenten la igualdad entre mujeres y hombres en el trabajo; favorecer la mayor participación de la mujer en el mercado laboral…”
No cumprimento desta esixencia da actual normativa de contratación administrativa, o Goberno de Ames incluíu na contratación municipal o cumprimento deste precepto legal segundo a cal o adxudicatario da obra comprométese á contratación dunha traballadora desempregada, – a xornada total ou a media xornada segundo a obra en cuestión-, durante a vixencia do contrato.
O incumprimento desta condición especial, segundo os diferentes pregos de cláusulas administrativas particulares, “pode ser causa de resolución do contrato ou a imposición de penalidades”.
Revisadas diferentes obras realizadas ao longo do ano 2019, constatouse que, nun importante número de obras, o adxudicatario non acreditou o cumprimento de dita condición, circunstancia pola cal o Grupo Municipal Popular solicitou coñecer se a día de hoxe acreditaron as adxudicatarias o cumprimento desta especial condición, o motivo do seu incumprimento así como as medidas adoptadas polo Goberno Local fronte a este incumprimento, xa que, dende o Grupo Popular non se ten constancia de que se iniciara un procedemento de imposición de penalidade e/ou de resolución de contrato algún por parte do Goberno Local.
A realidade vólvese a impoñer a propaganda e ao “postureo” do goberno socialista, sendo un dato obxectivo, tal e como demostran os datos, que o Alcalde de Ames está asinando contratos sen comprobar esta cuestión, sen facer seguimento algún e dedicándolle escasa atención ao fomento de emprego e aínda menos ao emprego feminino. O máis preocupante é que non ten interese en rectificar tal se como reflicte no borrador de orzamentos 2021 ao destinar pouco máis de 200.000 € (a maioría procedente de subvencións da Xunta de Galicia) para fomento de emprego.
© Grupo Municipal Popular de Ames 2018 - Diseño web Chia na rede