Ames, 2 de febreiro de 2021.
Que a deriva autoritaria do rexedor de Ames é un dato obxectivo vense refrendada polos feitos acaecidos o pasado sábado día 30 de xaneiro cando, nun xeito de soberbia e falta de respecto á oposición, tivo a ocorrencia de convocar o pleno extraordinario do POS con carácter de urxencia, a través do Whatsapp e sen que os membros da oposición tiveran a documentación preceptiva e polo tanto, descoñecendo os proxectos e servizos que se pretenden destinar a este plan da Deputación Provincial de A Coruña.
A mensaxe chegou ao grupo de Whatsapp que os voceiros da corporación teñen para avisos e situacións extraordinarias e urxentes, como medio máis áxil para comunicarse.
O Grupo Municipal Popular considera lamentable esta actitude, máis tendo en conta que este goberno ten 13 concelleiros con algún tipo de dedicación exclusiva, que o seu custe para a veciñanza está preto dos 600.000 euros ao ano e que o alcalde de Ames é o mellor pagado da contorna superando incluso ao alcalde de Santiago o que significa que non se poden escudar nin na falta de tempo, o plan foi aprobado no Pleno da Deputación o 27 de novembro do 2020, nin tampouco na falta de medios tanto persoais (13 dedicacións) como materiais, ao contrario que a oposición que carece de dedicacións.
Esta actitude fai un dano enorme ao que significa a institución municipal ao incumprir de forma deliberada o estipulado na normativa municipal, así como o deber de información aos concelleiros, cercenando o dereito de información dos edís da corporación xa que, á redacción desta nota, aínda no se tiña coñecemento dos proxectos e servizos que se pretenden levar ao pleno do próximo xoves para o Plan de Obras e Servizos (Plan Único de concellos) porque non se facilitou a documentación.
© Grupo Municipal Popular de Ames 2018 - Diseño web Chia na rede