A Xunta reforza o servizo de bus das parroquias de Ortoño e Bugallido

A XUNTA REFORZA DESDE O VINDEIRO SÁBADO OS SERVIZOS DE TRANSPORTE  PÚBLICO DAS PARROQUIAS DE ORTOÑO E BUGALLIDO, NO CONCELLO DE AMES

  • A medida busca dar resposta ás necesidades de mobilidade dos veciños destas parroquias, afectadas pola anulación do servizo de bus urbano de Santiago
  • A liña da Xunta que vai de Extramundi de Arriba a Santiago desviarase polos núcleos de Ames con 5 novas paradas en Agro do Muíño, Ortoño (Igrexa) e Ortoniño, en Ortoño; así como Outeiro e Quistiláns, en Bugallido
  • A conexión entre Santiago de Compostela e as parroquias de Ortoño e Bugallido gaña 12 servizos diarios de luns a venres e 6 os sábados, domingos e festivos
  • A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén o compromiso de facilitar o convenio entre os concellos de Ames e Santiago de Compostela para a reposición dos servizos de bus urbano suprimidos

 

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2021.- A Xunta vai reforzar, desde o vindeiro sábado, 22 de maio, os servizos de transporte público que atenden as parroquias de Ortoño e Bugallido, no concello de Ames.  A medida ten por obxectivo dar resposta ás necesidades de mobilidade dos veciños destas parroquias, afectadas pola supresión o pasado mes de decembro dos servizos do bus urbano de Santiago de Compostela.

Con esa fin, a Xunta vai incorporar un desvío no percorrido da liña que vai de Extramundi de Arriba a Santiago de Compostela, engadindo cinco novas paradas nos núcleos de Ames. Deste xeito, os autobuses desa liña atenderán as paradas de Agro do Muíño, Ortoño (Igrexa) e Ortoniño, pertencentes á parroquia de Ortoño; así como Outeiro e Quistiláns, pertencentes á parroquia de Bugallido.

A modificación que se implanta a partir do sábado é froito do diálogo que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén mantendo co Concello de Ames desde a supresión por parte do Concello de Santiago da prolongación da liña urbana P2, que orixinou os problemas de mobilidade dos veciños do rural do municipio veciño.

A Xunta aproveita deste xeito a oportunidade da posta en marcha, o vindeiro sábado, da nova estación de autobuses intermodal de Santiago de Compostela para adaptar a liña e incluír as novas paradas nas parroquias de Ortoño e Bugallido.

Ademais, a nova configuración da liña leva a súa cabeceira á nova terminal de autobuses, de forma que seguirá contando cunha parada na rúa do Hórreo, grazas á conexión que ofrece a nova pasarela peonil do complexo intermodal.

Con esta solución, os veciños de Ortoño e Bugallido disporán de 12 novos servizos diarios, de luns a venres, á conexión con Santiago de Compostela, que se estenden desde as 06:40 horas da mañá ata as 20:45 horas do serán. Nas fins de semana e nos festivos, a oferta de servizos desta liña é de 6 expedicións cada día.

Cómpre ter en conta que a prestación destes servizos mediante unha liña interurbana non permite a realización paradas internas dentro do municipio de Santiago, ao ser esta unha competencia do transporte municipal.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén o seu ofrecemento de apoio técnico e administrativo para que o Concello de Ames e o Concello de Santiago de Compostela avancen nun convenio que restitúa a extensión da liña urbana ata Ortoño e suplemente os horarios dos servizos que actualmente presta a Xunta.

SAÚDOS,

GABINETE DE COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

Calendario de Eventos

septiembre 2021

LU
MA
MI
JU
VI
SA
DO
30
31
1
2
3
4
5
Eventos para 1st septiembre
Sin eventos
Eventos para 2nd septiembre
Sin eventos
Eventos para 3rd septiembre
Sin eventos
Eventos para 4th septiembre
Sin eventos
Eventos para 5th septiembre
Sin eventos
6
7
8
9
10
11
12
Eventos para 6th septiembre
Sin eventos
Eventos para 7th septiembre
Sin eventos
Eventos para 8th septiembre
Sin eventos
Eventos para 9th septiembre
Sin eventos
Eventos para 10th septiembre
Sin eventos
Eventos para 11th septiembre
Sin eventos
Eventos para 12th septiembre
Sin eventos
13
14
15
16
17
18
19
Eventos para 13th septiembre
Sin eventos
Eventos para 14th septiembre
Sin eventos
Eventos para 15th septiembre
Sin eventos
Eventos para 16th septiembre
Sin eventos
Eventos para 17th septiembre
Sin eventos
Eventos para 18th septiembre
Sin eventos
Eventos para 19th septiembre
Sin eventos
20
21
22
23
24
25
26
Eventos para 20th septiembre
Sin eventos
Eventos para 21st septiembre
Sin eventos
Eventos para 22nd septiembre
Sin eventos
Eventos para 23rd septiembre
Sin eventos
Eventos para 24th septiembre
Sin eventos
Eventos para 25th septiembre
Sin eventos
Eventos para 26th septiembre
Sin eventos
27
28
29
30
1
2
3
Eventos para 27th septiembre
Sin eventos
Eventos para 28th septiembre
Sin eventos
Eventos para 29th septiembre
Sin eventos
Eventos para 30th septiembre
Sin eventos