A nova páxina web de Ames a medio facer

Páxina Web Concello de Ames

O novo portal web de Ames. ¿Unha presentación cun       traballo a medio facer por unha declaración de intencións?

  • O Alcalde socialista e os Concelleiros do BNG en funcións, posaron na presentación dun novo portal web a medio facer e que, se cadra, relata o novo bipartito de Ames

  • Sen información da axenda dos Concelleiros, nun só idioma e ocultando a información da oposición. Unha mostra máis da vanidade do xa case extinguido Cuatripartito

Ames, 12 de xuño de 2019

O Alcalde en funcións, José Miñones, e os seus compañeiros de goberno, presentaron onte a nova páxina web do Concello de Ames. Unha nova plataforma que lonxe de abrir a fiestra á veciñanza e comunicar, na súa presentación, mostra á perfección a forma coa que finalizou o mandato o Goberno, que é como o comezou. Con carencias, co traballo a medio facer e sempre buscando o beneficio a un Cuatripartito, que a dous días da toma de posesión, xa podemos afirmar que se atopa en perigo de extinción, aínda que todavía podemos levar algunha sorpresa cos pactos ocultos que se están a levar no consistorio.

Na propia portada, aínda que figura o apartado que inclúe as axendas dos Concelleiros así como do propio Alcalde, carece xa de contido. Unha cuestión que non vén dada pola novidade da páxina, senón que os populares xa denunciaran en diversos Plenos Municipais o ocultismo que tiña o Tripartito en canto á súa actividade semanal.

Pero sen dúbida, tamén estamos a falar dunha páxina web que non comunica. Un feito que se pode comprobar ao acceder, xa que só está dispoñible en galego, pero en castelán non hai a disposición da veciñanza ningún tipo de contido.

Pero se cabe, o maior exemplo de vanidade o temos cando consultamos os representantes municipais, é dicir, os Concelleiros. O Goberno conta coa súa fotografía e biografía, mentres a oposición ten que conformarse con tan só a declaración de bens. Cun texto de proba da páxina web e sen fotografía. Aínda que os populares entenden que a dous días da propia toma de posesión non tería moito sentido presentar este apartado, recordan que a propia páxina leva meses en construción e, polo tanto, non debería terse permitido esta discriminación aos representantes da oposición.

Por último, cabe indicar que todos os erros volven ter unha explicación lóxica, que podemos respostar facéndonos a seguinte pregunta: ¿Todo vale a cambio dunha última fotografía? Pode que nada fose casualidade. Pode que esteamos a falar dunha despedida ou dunha declaración de intencións. Na fotografía aparecen o Alcalde socialista en funcións José Miñones e os dous Concelleiros do BNG, David Santomil e Isabel Vaquero, Concelleira en funcións de comunicación.

Resulta curioso o traballo a medio facer, as présas e que o Concelleiro de Educación, que pouco ten que ver coa construción dunha páxina web, apareza na fotografía coa que presentan o novo portal. Un feito que os populares entenden como unha declaración de intencións do traballo feito en conxunto polo PSOE e BNG, partidos que en conxunto sumarían a maioría do Pleno, abrindo así unha nova páxina na historia de Ames, esta vez cun bipartito.

Calendario de Eventos

abril 2024

LU
MA
MI
JU
VI
SA
DO
1
2
3
4
5
6
7
Eventos para 1st abril
Sin eventos
Eventos para 2nd abril
Sin eventos
Eventos para 3rd abril
Sin eventos
Eventos para 4th abril
Sin eventos
Eventos para 5th abril
Sin eventos
Eventos para 6th abril
Sin eventos
Eventos para 7th abril
Sin eventos
8
9
10
11
12
13
14
Eventos para 8th abril
Sin eventos
Eventos para 9th abril
Sin eventos
Eventos para 10th abril
Sin eventos
Eventos para 11th abril
Sin eventos
Eventos para 12th abril
Sin eventos
Eventos para 13th abril
Sin eventos
Eventos para 14th abril
Sin eventos
15
16
17
18
19
20
21
Eventos para 15th abril
Sin eventos
Eventos para 16th abril
Sin eventos
Eventos para 17th abril
Sin eventos
Eventos para 18th abril
Sin eventos
Eventos para 19th abril
Sin eventos
Eventos para 20th abril
Sin eventos
Eventos para 21st abril
Sin eventos
22
23
24
25
26
27
28
Eventos para 22nd abril
Sin eventos
Eventos para 23rd abril
Sin eventos
Eventos para 24th abril
Sin eventos
Eventos para 25th abril
Sin eventos
Eventos para 26th abril
Sin eventos
Eventos para 27th abril
Sin eventos
Eventos para 28th abril
Sin eventos
29
30
1
2
3
4
5
Eventos para 29th abril
Sin eventos
Eventos para 30th abril
Sin eventos