Ames, a 02 de enero de 2021
O Partido Popular de Ames leva tempo advertindo de que o alcalde socialista, José Miñones, adoita firmar decretos concedendo “a dedo” numerosos contratos, agora é a Fundación Ciudadana CIVIO, unha plataforma independente e sen ánimo de lucro que controla aos poderes públicos quen sinala esta práctica habitual de fraccionamento de contratos en Ames, así o reflicte na súa web:
https://civio.es/quien-cobra-la-obra/2020/01/22/fraccionamientos-contratos-menores/
Neste enlace cita textualmente ao concello de Ames:
“esta vez en el Ayuntamiento de Ames (A Coruña). Pagaron a un empresario, …, 16.500 euros para celebrar un espectáculo… ¿Cómo lo hicieron, si el límite para dar ese contrato a dedo es de 15.000? Le adjudicaron, el mismo día, dos menores: uno para la actuación… y otro para el alquiler del equipo… Y arreglado”.
Esta práctica frecuente do alcalde de Ames tivo o último capítulo o pasado 20 de novembro do 2020 mediante a sinatura do Decreto 2903 para adxudicar por 13.980 € máis 2.935,80 de IVE, a realización do servizo de Autocine, desenvolvida en Bertamiráns e co Decreto de Alcaldía 3212 adxudicando o mesmo servizo por 10.800 euros, máis 2.268 de IVE, na última semana de decembro no Milladoiro. Un fraccionamento de contratos que suman entre ambos un total 24.780 euros, máis 5.203 de IVE.
Primeiro denominan as actividades de forma diferente, así, a función de Bertamiráns denominouse “Ames Drive Cinema” mentres que a do Milladoiro denominouse “Autocine do Nadal no Milladoiro”
A continuación utilizan a táctica de que as propostas veñan de concellerías diferentes encadrándoas en dúas campañas distintas, en Bertamiráns a proposta parte da Concellería de Benestar Social e a do Milladoiro a proposta parte da Concellería de Promoción Económica, dentro da campaña de apoio ao comercio local.
Para que o tema intente pasar desapercibido proceden a dividir tanto as sesións como o importe de forma distinta en cada núcleo de poboación e así, mentres que en Bertamiráns o contrato ten un valor de 13.980 euros proxectando seis películas en dúas sesións celebradas entre o 19 e 23 de novembro, no Milladoiro o contrato é por un valor de 10.800 euros para os días 26 e 27 de decembro con catro sesións cada día.
Para seguir intentando disimular a cuestión, o alcalde socialista utiliza a ferramenta contable de asignalas en aplicacións orzamentarias distintas, así a actividade de Bertamiráns cárgase na aplicación orzamentaria 2311.22609 (correspondente a Asistencia Social) e a actividade do Milladoiro vai con cargo a aplicación orzamentaria 4314.22609 (correspondente a Promoción Comercial) toda unha táctica do despiste típica dun alcalde trileiro.
O artigo 118.1 da Ley de Contratos del Sector Público obriga a abrir concurso público para fomentar a libre concorrencia das empresas naqueles contratos de servizo que como este teñan un valor estimado superior aos 15.000 euros sen IVE.
Xunto a dito límite cuantitativo do contrato menor establecido en 15.000 euros, a norma sinala no punto 2 do artigo 118, que os contratos menores esixirá a emisión dun informe do órgano de contratación xustificando de maneira motivada a necesidade do contrato incidindo en que non estará alterado o seu obxecto co fin de evitar a aplicación do umbral dos 15.000 €. Todas estas cuestións son ignoradas polo goberno socialista de Ames e o que é peor, de forma reiterada.
© Grupo Municipal Popular de Ames 2018 - Diseño web Chia na rede