Ames, 27 de MARZO de 2021.
Entrando no último tramo do primeiro trimestre do ano 2021, o Goberno Socialista de Ames e incapaz de sacar as liñas municipais propias de axudas directas aos autónomos e micro empresas. Unhas liñas propias do Concello destinadas a completar ao resto de axudas que outras administracións, como a Xunta de Galicia, xa pagaron.
As axudas aprobadas por unanimidade de todos os grupos políticos, con “alfombra Vermella” por parte da oposición, nunha mostra clara de absoluta lealdade institucional, son paquetes económicos destinados a autónomos e empresarios locais co fin de que puideran facer fronte as consecuencias derivadas da pandemia e contribuír a súa recuperación económica; a súa viabilidade neste extraordinario contexto socioeconómico e a mitigar a súas perdas. As axudas divídense en liñas que van dende achegas para gastos de aluguer para locais comerciais (liña 1), ata axudas para financiar investimentos para acondicionamento de locais comerciais e convertelos en espazos seguros fronte a Covid-19 (liña 4)
Ante a urxencia da situación, o Grupo Popular prestou o seu apoio incondicional ao Plan de Reactivación de Ames co obxectivo de que, canto antes, convocaranse a totalidade das axudas directas a empresas e autónomos, tanto as contempladas con cargo ao fondo de financiación habilitado pola Deputación Provincial, como as propias do Concello de Ames. En total son máis de 800.000 euros de axudas directas que a data de hoxe ESTÁN SEN PAGAR, pese a que o Plan Reactiva Ames presentouse a mediados de outubro de 2020.
A realidade é que a día de hoxe, no referido as axudas da Deputación de A Coruña que xestiona o concello tan só está publicado na páxina web que o “Concello recibiu máis de 400 solicitudes a liña de axudas incluídas no Plan Reactiva Ames... como concello adherido ao Fondo de Financiación promovido pola Deputación de A Coruña” PERO DO SEU PAGO NADA SE SABE.
A incompetencia na xestión deste goberno é tal que a pesar de contar con 12 concelleiros con dedicación, e ter o Alcalde mellor pagado da contorna, son incapaces de sacar adiante as axudas propias do concello aprobadas en Pleno por Unanimidade e con “alfombra Vermella” por parte da oposición.
Unhas liñas de axudas previstas no Plan Reactiva Ames, destinadas á creación, traslado ou ampliación de actividade, para a rehabilitación de locais susceptibles de reforma ou reacondicionamento, para a optimización e a transición dixital do comercio, etc. Todas estas iniciativas están pendentes de publicación, a pesar de que o pasado 15 de outubro do 2020, en sesión extraordinaria, o Pleno da Corporación Municipal aprobou un suplemento de crédito (1/2020), financiado co remanente de Tesouraría para Gastos Xerais, polo que se dotou de crédito axeitado e suficiente, algo inaceptable nunha situación urxente e que require axilidade para que as axudas sexan efectivas, non hai que esquecer que levamos xa un ano de pandemia cunha situación económica par estes sectores que roza o desastre.
En definitiva, no ano que xa vai de pandemia, mentres outras administracións públicas como a Xunta de Galicia e outros concellos da redonda xa pagaron as axudas, tanto propias como as que xestionan da Deputación de A Coruña, o Goberno socialista de Ames, que ten un custe anual por dedicacións exclusivas, parciais e cargos de confianza de case 600.000€, aínda non dou nin un só euro.