O Goberno tripartito de Ames, coa complicidade da marea de Ames Novo, está poñendo en grave risco os servizos de conciliación á vez que deixa fóra do servizo dos comedores escolares, de forma definitiva, a máis de 90 usuarios.
A esta situación nunca se chegara ata a que o Concelleiro do BNG David Santomil, reprobado polo Pleno da Corporación pero apoiado polo alcalde Miñones, fora o que se encargara deste servizo que deixa por primeira vez a 90 usuarios excluídos.
Pero a incompetencia do aínda Concelleiro de Educación e Cultura, David Santomil, (BNG) segue en aumento, agora acaba de ser protagonista de outro capítulo máis, nesta ocasión pretende pasar ao cobro de forma conxunta, e nunha soa cota, os servizos de conciliación correspondentes dende o mes de setembro polo que algunha familias terá que pagar máis de 700€ debido a que o concelleiro do BNG incumpre os prazos no envío dos recibos tal e como figura no regulamento que contempla o xiro dos recibos a mes vencido.
Chama especialmente a atención a postura que están a tomar agora os membros da marea de Ames Novo sentíndose agraviados e sacudíndose a responsabilidade desta situación que critican duramente cando, grazas a eles, aprobáronse os orzamentos do presente ano 2018, berce deste problema, no que por primeira vez, na xa longa historia dos comedores escolares, quedaron fora máis de 90 rapaces.
Hai que recordar que o PP de Ames e PxA, pedira un pleno extraordinario o pasado mes de abril para abordar as carencias dos servizos de conciliación e en especial do servizo de Comedores Escolares ante a evidencia de que quedarían moitos rapaces sen este servizo, entón os membros da marea de Ames Novo miraron para outro lado primando os intereses partidistas por riba dos intereses das familias.
Daquela era o momento no que a marea de Ames Novo podía tomar partido claro na defensa dos servizos de conciliación pero optaron por opoñerse no pleno extraordinario a tomar calquera tipo de decisión cando había tempo suficiente para solucionar este problema que agora denuncian, meses máis tarde e cumpridos todos os prazos, a marea presentou unha moción para intentar salvar a situación nun claro xesto de demagoxia política.
A Marea de Ames é igual de responsables que o goberno tripartito no problema creado xa que, por un lado aprobaron os orzamentos e por outro negáronse a tomar as decisións axeitadas no Pleno Extraordinario que o PP de Ames e PxA pediran no mes de abril para resolver este problema dunha vez por todas.
O alcalde de Ames e o “cuatripartito de facto” que goberna Ames son os responsables directos desta situación e están poñendo en grave risco o Servizo de Comedor e o demais servizos de conciliación que durante anos e ata o de agora, foron un valor en Ames que ía mellorando ano tras ano independentemente do color do goberno.