Vencemento contrato lixo Ames

Lixo Ames

Os Socialistas de Ames deixaron vencer o contrato do lixo coa Mancomunidade Serra do Barbanza dende 2015 e a veciñanza carece dun modelo efectivo

  • O servizo cústalle á veciñanza más dun millón de euros ao ano, e reciben un servizo moi deficiente, agora empeorado coa folga

  • A pesar de que Ames aporta máis do 40%, os camións son insuficientes, vellos e non cumpren todos os itinerarios, sobre todo no rural

Ames, 9 de decembro de 2019

A imaxe dos contedores cheos de lixo en Ames, independentemente da folga convocada esta ponte polos traballadores da Mancomunidade Serra do Barbanza, comeza a ser algo habitual no noso Concello. A realidade é que en Ames, o servizo de recollida e tratamento de residuos, un servizo que custa máis dun millón de euros anuais, ven funcionando dende hai anos de forma moi deficiente e, a pesares das deficiencias, a situación prorrógase no tempo sen que o goberno socialista tome unha decisión sobre o modelo de recollida e tratamento de residuos urbanos é o que precisa Ames.

Vencido no ano 2015 o contrato entre Concello de Ames e Mancomunidade Serra do Barbanza, e estando actualmente en situación de prórroga tácita, os socialistas non tomaron a día de hoxe decisión algunha sobre se prorrogar o convenio que une Ames coa Mancomunidade integrándose na mesma como membro de pleno dereito ou, pola contra, cambiar de alternativa e optar por asinar con SOGAMA.

Ata a data, a diferenza principal entre ambos modelos, Mancomunidade e SOGAMA, consistía na aposta de Serra do Barbanza pola compostaxe; pero, na actualidade, SOGAMA incorporou tamén a compostaxe a todos aqueles concellos que se atopen a unha distancia de 45 km do complexo de Cerceda. Motivo polo que o Concello de Ames podería tentar adherirse, ao estar dentro do límite de distancia fixado.

Outra cuestión a tratar na opción de SOGAMA está na recollida e transporte dos residuos, polo que o goberno do señor Miñones, que tamén demora dende hai anos a licitación do servizo de limpeza viaria, podería plantexarse a posibilidade de contemplar a licitación conxunta de ambos servizos.

Pola súa banda, os Populares levan interesándose en varias ocasións polo asunto debido á deficiente recollida, ao insuficiente número de camións que realizan o transporte dos residuos sólidos, ao estado lamentable no que se atopan debido á súa antigüidade e ao incumprimento reiterado nas frecuencias que realiza a recollida e, instaron ao goberno a tomar unha decisión; decisión que os socialistas dilatan facéndoa depender de diversos estudos. En febreiro do ano 2018, o goberno encargaba un novo estudo económico sobre o custo que suporía enviar o lixo á planta da Mancomunidade. De igual forma, os socialistas anunciaron que encargaran outro informe, neste caso xurídico, co fin de despexar todas as incógnitas legais e coñecer as alternativas para regularizar a situación.

Xa en agosto do mesmo ano, o Grupo Popular solicitou información para coñecer se existía xa unha proposta definitiva presentada pola Mancomunidade para que Ames se integrase como membro de pleno dereito. Tamén solicitou o informe xurídico para despexar esas incógnitas legais e coñecer as alternativas para regularizar a situación; así como a información sobre o estudo económico actual e a comparación con SOGAMA.

De todo o solicitado, os Populares tan só recibiron un estudo económico de ambos modelos, no que se contemplan determinadas estimacións ante a falta de información de datos reais, e no que prorrogar as condicións actuais do contrato coa Serra do Barbanza é a opción máis económica. Desta forma, Ames debera incorporarse, polo tanto, como socio de pleno dereito da citada Mancomunidade; situación que faría de Ames, dado o número de habitantes, que supón case o 40% do total da mancomunidade, pasara a ser o principal socio e, por tanto, o concello que máis tería que contribuír ao sustento da propia Mancomunidade. Un inconveniente que habería que sumar á conflitividade existente entre Mancomunidade e a concesionaria, cuxo contrato remata en 2023 e, ao feito de que, segundo a última auditoría encargada pola Mancomunidade, o alto volume de residuos que remata no vertedoiro supera amplamente os obxectivos dunha planta de reciclaxe e compostaxe.

Sobre a outra opción, de enviar os residuos á planta de SOGAMA, o estudo revela como o custe do tratamento sería aproximadamente un 30% máis económico; non obstante, habería que engadir os custes derivados da pre-recollida, contenerización, mantemento, lavado e desinfección periódica dos contedores, así como a recollida selectiva e o transporte ao complexo de Cerceda; estudo de custes que, sorprendentemente, parece que non se encargou realizar á empresa consultora, o que manifesta, unha vez máis, a incompetencia dos Socialistas á hora de fixar obxectivos nos estudos e informes que contrata.

Por último e, por todo o exposto, o que pon de manifesto o goberno socialista de Ames, é que ao longo do seu mandato non foi quen de obter a información precisa, a pesar de contar con medios suficientes, para tomar unha decisión sobre a recollida de lixo e a limpeza viaria e, mentres a situación se demora indefinidamente, o Alcalde Miñones volta á inacción e a veciñanza continúa padecendo as deficiencias do servizo.

Calendario de Eventos

diciembre 2024

LU
MA
MI
JU
VI
SA
DO
25
26
27
28
29
30
1
Eventos para 1st diciembre
Sin eventos
2
3
4
5
6
7
8
Eventos para 2nd diciembre
Sin eventos
Eventos para 3rd diciembre
Sin eventos
Eventos para 4th diciembre
Sin eventos
Eventos para 5th diciembre
Sin eventos
Eventos para 6th diciembre
Sin eventos
Eventos para 7th diciembre
Sin eventos
Eventos para 8th diciembre
Sin eventos
9
10
11
12
13
14
15
Eventos para 9th diciembre
Sin eventos
Eventos para 10th diciembre
Sin eventos
Eventos para 11th diciembre
Sin eventos
Eventos para 12th diciembre
Sin eventos
Eventos para 13th diciembre
Sin eventos
Eventos para 14th diciembre
Sin eventos
Eventos para 15th diciembre
Sin eventos
16
17
18
19
20
21
22
Eventos para 16th diciembre
Sin eventos
Eventos para 17th diciembre
Sin eventos
Eventos para 18th diciembre
Sin eventos
Eventos para 19th diciembre
Sin eventos
Eventos para 20th diciembre
Sin eventos
Eventos para 21st diciembre
Sin eventos
Eventos para 22nd diciembre
Sin eventos
23
24
25
26
27
28
29
Eventos para 23rd diciembre
Sin eventos
Eventos para 24th diciembre
Sin eventos
Eventos para 25th diciembre
Sin eventos
Eventos para 26th diciembre
Sin eventos
Eventos para 27th diciembre
Sin eventos
Eventos para 28th diciembre
Sin eventos
Eventos para 29th diciembre
Sin eventos
30
31
1
2
3
4
5
Eventos para 30th diciembre
Sin eventos
Eventos para 31st diciembre
Sin eventos