Solicitude Pleno Extraordinario

S15D5011

Os Populares de Ames solicitan a celebración dun Pleno Extraordinario para despexar as dúbidas que recaen na adquisición do espazo “coworking” municipal por valor de 581.465,56€

  • A solicitude ven motivada polo cambio de criterio ao pasar dunha adxudicación directa a unha licitación “a medida”

  • O Alcalde Miñones non dubidou en “facerse a foto” no espazo, o que manifesta a súa intención de adquirilo realizando uns pregos “a medida”

Ames, 9 de outubro de 2019

O Grupo Municipal Popular de Ames, ven de presentar onte a solicitude dun Pleno Extraordinario no que inclúen como punto da orde do día a anulación inmediata do procedemento de adquisición do inmoble destinado a uso como espazo colaborativo (Coworking) no Milladoiro. Un feito co que, os Concelleiros e Concelleiras do Partido Popular, tentan contravir os principios básicos que regulan a igualdade e a non discriminación, a obxectividade, a transparencia dos procedementos e a libre competencia e concorrencia dos posibles candidatos.

Esta decisión ven motivada polo cambio de criterio que o goberno socialista levou a cabo sen información algunha á oposición, posto que, a intención do Alcalde Miñones, nun inicio foi mercar este inmoble mediante adquisición directa, tal e como foi aprobado na Xunta de Goberno Local celebrada en novembro de 2018. Tanto é así, que o propio Miñones non dubidou en facerse a foto cos representantes do inmoble, na que firmaron un “pre-acordo” no que se especificaba o prezo e incluso a forma de pago, que viña dada pola propia subvención nominativa da Deputación de A Coruña. Un criterio que mudaba por completo ao coñecerse que sería mediante licitación.

En canto ao propio sistema de pago, os populares tamén mostran serias dúbidas, posto que, a vantaxe dos propietarios do “pre-acordo” é clara: no propio documento cítase textualmente que: “…O sistema de pago que se levará a cabo será mediante un pago a prazos plurianual no que ese contemplará o pago directo da subvención da Deputación de A Coruña que aportará o Concello para a adquisición do local. O modelo tipo do contrato compra-venda que se asinará, xa foi adiantado á entidade…”. Unha cuestión, que como ben se pode comprobar, supón a primeira das numerosas vantaxes fronte aos seus posibles competidores.

Pero o realmente curioso e preocupante para os Populares son os pregos elaborados para a licitación do espazo, nos que apenas se dá importancia ao factor prezo (20 puntos sobre 100), pero nos que si se premia considerablemente factores que non deberan ser tan decisorios como a “distancia do local á parada de transporte público metropolitano máis cercana” con 10 puntos. Sendo “demasiada casualidade que haxa unha moi preto do local “pre-acordado”; criterios como a superficie útil para este espazo coworking, que coincide, sendo case a mesma, que a do local “pre-acordado”; ou, entre outras, a particularidade de que o local teña cando menos 10 metros de fachada de cara ao espazo público, rúa ou praza lindante. Outra cuestión que coincide “casualmente” á perfección co local “pre-acordado”.

Xa por último, chama moito a atención que nos pregos outórganse un máximo de 15 puntos á redución no prazo de entrega do local a contar dende a formalización (30 días naturais) ata un máximo de 15 días naturais, cuestión esta que demostra a gran vantaxe que o propietario do local ten fronte aos seus posibles competidores porque o local está totalmente rematado e incluso, o Alcalde D. José Miñones Conde, realizou unha visita ao citado inmoble para supervisar as obras tal e como él mesmo anunciou na súa conta de Facebook o 23 de novembro do 2018 ás 13.30 horas, e onde dicía textualmente que “Esta semana estivemos vendo os avances nas obras do local que albergará o espazo colaborativo A Proa para emprendedores. Cada día mais cerca”. Proba irrefutable das vantaxes coa que contan os propietarios deste local fronte ao seus posibles competidores.

Por todos estes motivos, e tal e como indica a Lei 7/1985 de 2 de abril de Bases de Réxime Local, os Concelleiros e Concelleiras do Grupo Municipal Popular, solicitaron onte a convocatoria dun Pleno Extraordinario no que se poida levar a cabo a anulación inmediata do procedemento e a convocatoria dos representantes dos Grupos Municipais para afrontar a adquisición do local nas mellores condicións e garantías xurídicas, administrativas e escrupulosamente respectuosa coa libre concorrencia e transparencia.

Calendario de Eventos

mayo 2025

LU
MA
MI
JU
VI
SA
DO
28
29
30
1
2
3
4
Eventos para 1st mayo
Sin eventos
Eventos para 2nd mayo
Sin eventos
Eventos para 3rd mayo
Sin eventos
Eventos para 4th mayo
Sin eventos
5
6
7
8
9
10
11
Eventos para 5th mayo
Sin eventos
Eventos para 6th mayo
Sin eventos
Eventos para 7th mayo
Sin eventos
Eventos para 8th mayo
Sin eventos
Eventos para 9th mayo
Sin eventos
Eventos para 10th mayo
Sin eventos
Eventos para 11th mayo
Sin eventos
12
13
14
15
16
17
18
Eventos para 12th mayo
Sin eventos
Eventos para 13th mayo
Sin eventos
Eventos para 14th mayo
Sin eventos
Eventos para 15th mayo
Sin eventos
Eventos para 16th mayo
Sin eventos
Eventos para 17th mayo
Sin eventos
Eventos para 18th mayo
Sin eventos
19
20
21
22
23
24
25
Eventos para 19th mayo
Sin eventos
Eventos para 20th mayo
Sin eventos
Eventos para 21st mayo
Sin eventos
Eventos para 22nd mayo
Sin eventos
Eventos para 23rd mayo
Sin eventos
Eventos para 24th mayo
Sin eventos
Eventos para 25th mayo
Sin eventos
26
27
28
29
30
31
1
Eventos para 26th mayo
Sin eventos
Eventos para 27th mayo
Sin eventos
Eventos para 28th mayo
Sin eventos
Eventos para 29th mayo
Sin eventos
Eventos para 30th mayo
Sin eventos
Eventos para 31st mayo
Sin eventos