Situación económica Ames

Casa Consistorial Concello de Ames

O Goberno socialista de Ames fracasa na xestión económica, sendo incapaz de executar o orzamento e incumprindo a regra de gasto

  • Aínda que os socialistas contan con máis de 25 millóns de euros para gastar, non os planifican nos orzamentos e “tiran de caixón” incumprindo a regra de gasto

  • O goberno socialista non foi quen de xestionar os 8.107.804 euros do pasado ano 2018, quedando no “caixón” máis da metade deste importe que privou a Ames das múltiples necesidades que ten

  • O Alcalde Miñones, tras renovar na Concellería de economía aos “Podemitas”, vai en camiño doutro ano “nefasto” para a economía de Ames, que superará incluso, ao do pasado ano

Ames, 11 de outubro de 2019

Segundo o último barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas, un de cada tres cidadáns considera que a situación económico será peor de aquí nun ano; e unha porcentaxe, o 33%, que se situará ao mesmo nivel que no período 2008-2013.

A realidade é que xa comeza a entreverse unha desaceleración na economía do conxunto do país, así, a cifra do paro deste pasado mes de agosto, foi a peor dos últimos 9 anos. Tamén entrou en recesión a industria, por primeira vez dende 2013; e o gasto comeza a ser motivo de preocupación. Un gasto que parece non preocupar ao goberno socialista de Ames, a pesar de que dende hai tempo os diferentes informes de intervención municipal están alertando sobre o mesmo.

Tal e como indica a información sobre a execución do orzamento municipal do ano 2018, o Concello de Ames non cumpriu co principio da regra de gasto: un mecanismo que serve para controlar o equilibrio das finanzas municipais e que ten como principal obxectivo manter o gasto dentro das marxes dos ingresos habituais. Desta forma, anque os ingresos se incrementen excepcionalmente nun período expansión económica, o gasto non se pode incrementar na mesma contía ao non ser os ingresos habituais, senón excepcionais. Ese exceso de ingresos acumúlase así, con vistas a períodos de recesión como o que se está a anunciar.

Ames non cumpriu coa regra de gasto no pasado ano 2018, e non está a cumprila no que levamos de 2019; polo que nada parece indicar que vaia rematar este ano cumprindo; segundo manifestou a intervención municipal nos últimos informes emitidos.

E mentres a veciñanza de Ames volta estar preocupada por un futuro incerto, os socialistas de Ames miran cara outro lado e continúan inmersos nun ciclo de gasto descontrolado; xerando gastos sen a correspondente consignación orzamentaria; non contando, por tanto, co seu correspondente e necesario respaldo orzamentario.

Algo, que para os Populares resulta incomprensible, xa que o Concello dispón dun orzamento de máis de 25 millóns euros, que os socialistas non son capaces de executar, como xa demostraron o pasado ano 2018. Un feito que provoca que as Concellerías realicen gastos sen ter a citada consignación orzamentaria e, polo tanto, “boten a man” ao remanente líquido de tesourería, do que este ano xa empregaron máis de 700.000 euros.

Asemade, o Concello de Ames, nin conta cun plan económico-financeiro no que se recollan acordos de non dispoñibilidade de determinados créditos, así como outras medidas de contención do gasto que garantan o cumprimento da regra de gasto; nin foron quen de adoptar medida algunha de contención que permita que a 31 de decembro se cumpra coa citada regra de gasto.

Pero toda esta mala práctica respecto á falta de planificación e previsión, non solo afecta ao incumprimento da regra de gasto, senón que tamén afecta negativamente ao principio de estabilidade orzamentaria. De continuar o goberno socialista por esta senda, o presente exercicio, 2019, pecharase sen estabilidade orzamentaria en Ames.

Calendario de Eventos

marzo 2026

LU
MA
MI
JU
VI
SA
DO
23
24
25
26
27
28
1
Eventos para 1st marzo
Sin eventos
2
3
4
5
6
7
8
Eventos para 2nd marzo
Sin eventos
Eventos para 3rd marzo
Sin eventos
Eventos para 4th marzo
Sin eventos
Eventos para 5th marzo
Sin eventos
Eventos para 6th marzo
Sin eventos
Eventos para 7th marzo
Sin eventos
Eventos para 8th marzo
Sin eventos
9
10
11
12
13
14
15
Eventos para 9th marzo
Sin eventos
Eventos para 10th marzo
Sin eventos
Eventos para 11th marzo
Sin eventos
Eventos para 12th marzo
Sin eventos
Eventos para 13th marzo
Sin eventos
Eventos para 14th marzo
Sin eventos
Eventos para 15th marzo
Sin eventos
16
17
18
19
20
21
22
Eventos para 16th marzo
Sin eventos
Eventos para 17th marzo
Sin eventos
Eventos para 18th marzo
Sin eventos
Eventos para 19th marzo
Sin eventos
Eventos para 20th marzo
Sin eventos
Eventos para 21st marzo
Sin eventos
Eventos para 22nd marzo
Sin eventos
23
24
25
26
27
28
29
Eventos para 23rd marzo
Sin eventos
Eventos para 24th marzo
Sin eventos
Eventos para 25th marzo
Sin eventos
Eventos para 26th marzo
Sin eventos
Eventos para 27th marzo
Sin eventos
Eventos para 28th marzo
Sin eventos
Eventos para 29th marzo
Sin eventos
30
31
1
2
3
4
5
Eventos para 30th marzo
Sin eventos
Eventos para 31st marzo
Sin eventos