Resolución xudicial do contrato da auga

Os Populares esixen información sobre a resolución xudicial relativa á liquidación do contrato de xestión da auga ante a ausencia da mesma no Portal de Transparencia    

  • O expediente de liquidación do contrato de concesión corresponde ao período comprendido entre o mes de febreiro de 2015 e o xuño de 2017

  • O 9 de agosto de 2018, a concesionaria ingresou 58.114,64 euros como resultado final da liquidación, cando a proposta de acordo ascende a 570.461 euros.

  • Os Populares pediron copia da sentenza, aínda non firme, para coñecer o alcance da mesma. Unha información moi útil de cara a abordar a liquidación pendente do contrato correspondente ao período 1998-2015

Ames, 11 de xaneiro de 2020

O Grupo Municipal Popular ven de solicitar ao goberno Socialista de Ames información sobre a resolución xudicial, recentemente ditada, en relación co proceso de liquidación do contrato de concesión de xestión da auga entre o período 01/02/2015 a 15/06/2017.

Durante o Pleno Extraordinario sobre a xestión do auga, celebrado o 22 de xuño de 2017, os Populares, entre outras cuestións relacionadas, reclamaban ao goberno información sobre a xestión realizada pola anterior concesionaria, a UTE “Acciona Auga Espina Servicios”, que xestionou o servizo entre o 1 de febreiro de 2015 e o 15 de xuño de 2017 e, que nos derradeiros meses xerou gran polémica polas actuacións da UTE, con denuncias por presuntos cortes e subtracción de contadores. O Partido Popular interesouse polo estado da liquidación dos servizos prestados en virtude do contrato de concesión administrativa da xestión do Ciclo Integral da Auga, adxudicado á citada empresa en decembro de 2014; pero tamén se pedía información sobre o estado da liquidación do contrato anterior: unha xestión a cargo da actual concesionaria, que durou dezaseis anos: de setembro de 1998 a xaneiro de 2015 e, cuxa liquidación foi demorada excesivamente no tempo.

Naquel Pleno, os grupos da oposición tiveron, asemade, coñecemento de que ningunha das dúas liquidacións foran realizadas, entre outros motivos, pola escasa colaboración que estaban a prestar as empresas concesionarias e, todo isto, a pesar de que o Concello tiña capacidade de iniciar os expedientes de liquidación de ambos contratos.

Respecto ao contrato do período 2015-2017, en novembro do derradeiro ano, a empresa concesionaria recoñeceu ingresos pendentes de realizar pero manifestou que “non é posible realizar os ingresos solicitados polo Concello de Ames ao non existir remanente de caixa suficiente para afrontar o pago dos mesmos e, que por esa razón, deberan ser efectuados na liquidación final do contrato co Concello”. En decembro de 2017, a concesionaria entrega o documento de liquidación do contrato do Ciclo Integral da Auga; e o 7 de febreiro de 2018 a empresa presenta o seguinte escrito:

“Habiendo transcurrido más de un mes desde la presentación del documento de liquidación cuya copia se acompaña y sin haber recibido respuesta por parte del Concello de Ames, entendemos su conformidad con los importes reflejados en la misma y se procederá al ingreso de 46.523,19 € (Cuarenta y seis mil quinientos veintitrés euros con diecinueve céntimos) como resultado final de la liquidación.

Aínda que a cantidade final ingresada pola empresa con data de 9 de agosto de 2018 foi de 58.114,36 €.

Á vista do resultado final da liquidación ofrecido pola empresa, o 5 de abril de 2018, os Socialistas inician o expediente de liquidación do contrato do período 2015-2017; demorándose a proposta do acordo ata o 27 de setembro de 2018. Segundo dita proposta de acordo, recóllense conceptos a favor do Concello de Ames por importe de 1.126.308,86 euros e conceptos a favor de “Acciona Augas Espina Servicios UTE Ames” por importe de 555.847,86  euros, polo que a diferenza a favor do Concello de Ames ascende a 570.461 euros. A proposta de acordo foi aprobada en Xunta de Goberno Local de 11 de outubro de 2018 e notificada á empresa.

Xa por último, o 17 de novembro de 2018 a empresa presenta un recurso de reposición contra a liquidación efectuada polo Concello. Recurso que é desestimado en Xunta de Goberno Local de 17 de xaneiro de 2019; sendo, esta a última información sobre o asunto. Consultado o Portal de Transparencia, non consta información algunha sobre o estado da liquidación do contrato de concesión administrativa da xestión do Ciclo Integral da Auga, adxudicado a “Acciona Agua Espina Servicios UTE Ames”, a pesar de que os Populares obtiveron coñecemento de que a UTE presentou o correspondente recurso contencioso administrativo e que xa foi ditada sentenza xudicial sobre o mesmo. Todo parece indicar que a resolución é favorable aos intereses do Concello, aínda que se descoñece o alcance de dita resolución.

Por todo isto, o Grupo Municipal Popular pediu o pasado venres copia da sentenza, aínda non firme, para coñecer o alcance real de cara a abordar a liquidación pendente do contrato correspondente ao período 1998-2015.

Calendario de Eventos

junio 2021

LU
MA
MI
JU
VI
SA
DO
31
1
2
3
4
5
6
Eventos para 1st junio
Sin eventos
Eventos para 2nd junio
Sin eventos
Eventos para 3rd junio
Sin eventos
Eventos para 4th junio
Sin eventos
Eventos para 5th junio
Sin eventos
Eventos para 6th junio
Sin eventos
7
8
9
10
11
12
13
Eventos para 7th junio
Sin eventos
Eventos para 8th junio
Sin eventos
Eventos para 9th junio
Sin eventos
Eventos para 10th junio
Sin eventos
Eventos para 11th junio
Sin eventos
Eventos para 12th junio
Sin eventos
Eventos para 13th junio
Sin eventos
14
15
16
17
18
19
20
Eventos para 14th junio
Sin eventos
Eventos para 15th junio
Sin eventos
Eventos para 16th junio
Sin eventos
Eventos para 17th junio
Sin eventos
Eventos para 18th junio
Sin eventos
Eventos para 19th junio
Sin eventos
Eventos para 20th junio
Sin eventos
21
22
23
24
25
26
27
Eventos para 21st junio
Sin eventos
Eventos para 22nd junio
Sin eventos
Eventos para 23rd junio
Sin eventos
Eventos para 24th junio
Sin eventos
Eventos para 25th junio
Sin eventos
Eventos para 26th junio
Sin eventos
Eventos para 27th junio
Sin eventos
28
29
30
1
2
3
4
Eventos para 28th junio
Sin eventos
Eventos para 29th junio
Sin eventos
Eventos para 30th junio
Sin eventos