Programa “Xantar na Casa” Ames

Programa Xantar na Casa Ames

O tripartito de Ames foi incapaz de implementar o programa “Xantar na Casa” e perdeu o pasado ano a aportación da Xunta de Galicia.

  • A pesares de estar firmado o convenio coa Xunta de Galicia, e as cantidades consignadas no orzamento, o Goberno non foi quen de elaborar unha simple ordenanza reguladora do servizo

  • Feita a propaganda por parte do Goberno tripartito, non foron quen de implementar esta medida que está a funcionar en máis de 150 Concellos .

Ames, 05 de enero de 2019

O Goberno tripartito de Ames, encabezado por José Miñones, protestou no pasado Pleno Municipal polo sistema de subvencións ás Corporacións Locais implementado pola Administración Autonómica, pero en cambio foi incapaz de executar os programas sociais financiados pola Xunta de Galicia.

O derradeiro episodio que demostra a súa incapacidade de xestión está relacionado co programa “Xantar na Casa”, unha iniciativa financiada pola Consellería de Política Social, cuxo obxectivo é facilitar a permanencia nos seus propios domicilios das persoas maiores con algún tipo de dependencia. Mediante este programa ponse a disposición destes maiores os menús preparados para toda a semana que precisan, ampliándose o servizo de axuda domiciliaria e garantindo o control dietético apropiado ás necesidades e ao estado nutricional das persoas maiores usuarias.

O programa “Xantar na Casa”, un servizo cofinanciado pola administración e as persoas beneficiarias, está subvencionado aproximadamente ao 50% pola Xunta de Galicia, ao 25% polo Concello de Ames, e o resto de aportación corresponde ao propio usuario.

O Alcalde de Ames, José Miñones e a Concelleira de Servizos Sociais, Luísa Feijóo, formalizaron co entón Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, a incorporación do Concello de Ames ao programa. Un programa do que a Concelleira Luisa Feijóo manifestaba: “O programa “Xantar na Casa” como complemento do Servizo de Axuda no Fogar posibilitará a diferentes usuarios do noso Concello levar unha alimentación equilibrada e de calidade, adaptada ás súas necesidades básicas. Con este recurso facilitaremos que as persoas maiores, dependentes ou que estean en situación de risco de exclusión poidan seguir mantendo a súa autonomía. Este programa proporcionaralles polo tanto unha alimentación de calidade e nutritiva, evitará que leven unha dieta inadecuada, previndo situacións de risco que se poidan producir na cociña ou incluso facilitando un respiro ás familias e ás persoas coidadoras, contribuíndo ao impulso de medidas de conciliación da vida familiar e laboral, sobre todo as mulleres”.

 Naquel momento, o programa foi utilizado, sen pudor algún, con fins propagandísticos por parte do tripartito encabezado polo Alcalde José Miñones en diferentes medios de comunicación. Pero a realidade é que só serviu para “facerse a foto”, xa que non foi posto en funcionamento por parte do Consistorio, perdendo así os fondos.

En relación ao propio programa, o Pleno Ordinario celebrado no mes de abril, aprobou por unanimidade o Convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o propio Concello de Ames, no que daba conta dunha partida de 18.036€, correspondente ao 25% do gasto total ozamentado do servizo para o 2018, sendo a contía total 75.000€, aportando a Xunta de Galicia polo tanto, máis de 36.000€.

Pero para que o servizo entrase en funcionamento efectivo, era preciso que o Goberno someterá ao Pleno a aprobación da correspondente ordenanza reguladora do servizo; algo que ata o día de hoxe non se fixo, provocando así que a as cantidades recollidas no orzamento non se destinaran a esa finalidade, e polo tanto se perdese a financiación por parte da administración autonómica.

Sen dúbida, algo inadmisible, se temos en conta que de media benefícianse do programa 1.300 persoas, xa que leva implantado dende hai tempo en máis de 150 Concellos de toda Galicia. Feito que podía servir ao Goberno para obter información e modelos suficientes de ordenanzas reguladoras do servizo para tomar como referencia.

Calendario de Eventos

mayo 2025

LU
MA
MI
JU
VI
SA
DO
28
29
30
1
2
3
4
Eventos para 1st mayo
Sin eventos
Eventos para 2nd mayo
Sin eventos
Eventos para 3rd mayo
Sin eventos
Eventos para 4th mayo
Sin eventos
5
6
7
8
9
10
11
Eventos para 5th mayo
Sin eventos
Eventos para 6th mayo
Sin eventos
Eventos para 7th mayo
Sin eventos
Eventos para 8th mayo
Sin eventos
Eventos para 9th mayo
Sin eventos
Eventos para 10th mayo
Sin eventos
Eventos para 11th mayo
Sin eventos
12
13
14
15
16
17
18
Eventos para 12th mayo
Sin eventos
Eventos para 13th mayo
Sin eventos
Eventos para 14th mayo
Sin eventos
Eventos para 15th mayo
Sin eventos
Eventos para 16th mayo
Sin eventos
Eventos para 17th mayo
Sin eventos
Eventos para 18th mayo
Sin eventos
19
20
21
22
23
24
25
Eventos para 19th mayo
Sin eventos
Eventos para 20th mayo
Sin eventos
Eventos para 21st mayo
Sin eventos
Eventos para 22nd mayo
Sin eventos
Eventos para 23rd mayo
Sin eventos
Eventos para 24th mayo
Sin eventos
Eventos para 25th mayo
Sin eventos
26
27
28
29
30
31
1
Eventos para 26th mayo
Sin eventos
Eventos para 27th mayo
Sin eventos
Eventos para 28th mayo
Sin eventos
Eventos para 29th mayo
Sin eventos
Eventos para 30th mayo
Sin eventos
Eventos para 31st mayo
Sin eventos