Pleno Extraordinario Coworking Ames

Pleno Extraordinario Coworking Ames

O Goberno Socialista de Ames desoe ata en 5 ocasións á Deputación da Coruña, que advirte da falta de transparencia e igualdade no procedemento de adquisición do local para o Coworking municipal

  • O servizo de Patrimonio e Contratación devolveu en 5 ocasións o expediente ao Goberno Socialista, que optaron por obviar para continuar coa adquisición directa do local poñendo en perigo a subvención nominativa

  • A pesar de que o Alcalde Miñones culpa á Deputación do paso de adxudicación directa a concurso público, a realidade é que a Deputación lembrou a necesidade dun concurso en igualdade de condicións para os posibles candidatos

  • O despropósito deste procedemento é de tal magnitude que aínda figura aberto tamén o procedemento de Adxudicación Directa porque a Xunta de Goberno non realizou o desestimento

Ames, 17 de outubro de 2019

O pasado martes, tiña lugar no salón de Plenos do Concello de Ames, o Pleno Municipal Extraordinario que o Grupo Municipal Popular solicitou para levar a cabo a anulación inmediata do procedemento de adquisición do inmoble destinado a uso como espazo colaborativo (Coworking) no Milladoiro, par así tentar contravir os principios básicos que regulan a igualdade e a non discriminación, a obxectividade, a transparencia dos procedementos e a libre competencia e concorrencia dos posibles candidatos.

Con esta orde do día, o voceiro, Ramón G. Argibay, comezaba a súa intervención deixando claro que os Populares defenden o proxecto, “posto que é unha oportunidade para os autónomos de Ames, outorgándolle un espazo de traballo para desenvolver a súa actividade empresarial”. Pero tamén indicando que “debemos garantir a seguridade xurídica do proceso de licitación” referíndose á adxudicación dun local para albergar este “Coworking” que pode chegar a un importe máximo de 581.465,56 euros, dos cales, 200.000 son aportados pola Deputación da Coruña e que o goberno puxo en perigo pola indolencia mostrada nas reiteradas peticións feitas dende a propia Deputación.

Con este feito, Argibay tamén recriminou o que “comeza a ser unha tónica habitual”, como é a falta de información por parte do goberno socialista á oposición amesá; poñendo en riba da mesa o feito de que os Populares solicitasen o Pleno Extraordinario o pasado martes, 8 de outubro, e que o expediente chegase ás mans dos Populares o día antes do Pleno ás 3 da tarde. Un expediente, que ademais, Argibay aproveitou para advertir que estaba incompleto e sesgado, o que manifestou de novo o ocultismo que veñen manifestando hai un mes sobre esta adquisición do local.

Pero o fondo da cuestión, o paso dunha adxudicación directa a unha licitación mediante concurso público, e os propios pregos da última, foi o que centrou o debate entre Socialistas e Populares. Aínda que Argibay facía defensa das subvencións nominativas, que ao seu entender, “en determinados casos, e sendo xustificadas, son necesarias”, o Alcalde José Miñones, que non dubidou en facer uso da palabra nos tempos dos socialistas, privando do discurso ao seu voceiro, culpaba á Deputación da Coruña dese cambio de criterio.

O líder Popular, pola súa banda, e ante a falta de información, non dubidou en manifestar que se viu na obriga de pedir o expediente aos compañeiros do Partido Popular que teñen escano na Deputación. Co mesmo nas mans, mostrou ao salón de plenos o documento asinado polo servizo de Patrimonio e Contratación, no que se manifestaba que a propia Deputación procedeu a devolver o expediente ata en 5 ocasións, con datas: 19 de decembro de 2018, 29 de xaneiro de 2019, 4 de febreiro de 2019, 13 de febreiro de 2019 e 22 de febreiro de 2019, ao considerar, entre outras cousas que non quedaba suficientemente acreditado o procedemento que se propón polo Concello de Ames, na elección da adquisición do inmoble obxecto de subvencióne que continúa indicando que reafirmándonos nas reiteradas ocasións, na necesidade de que o procedemento a seguir para a adquisición do ben inmoble (…) se inspire nos principios de igualdade e non discriminación, publicidade, transparencia e concorrencia que establece a Lei de Contratos do Sector Público…”.

Con este documento, os Populares deixaron en evidencia ao Alcalde Socialista, recriminándolle que o verdadeiro empeño de que se levara a cabo a adxudicación directa era do Goberno de Ames, e non da Deputación como afirmou ata que o documento saíu á luz.

Xa no debate dos pregos, os líderes dos grupos de goberno, manifestaban a obxectividade das cláusulas. Uns pregos que para os Populares son “preocupantes”, xa que como adiantaron a pasada semana, as puntuacións non corresponden en importancia coas valoracións doutras licitacións. Neste senso, fixeron alusión do factor prezo, que tan só conta con 20 puntos sobre 100; a puntuación respecto á distancia do local á parada de transporte Metropolitano, en tramos de 50 e 100 metros que son “irrisorios” ao entender do Grupo Municipal, posto que non é unha distancia significativa; e outros como o feito de que o local teña 10 metros de fachada ao exterior.

Uns pregos, que para os Populares “chirrían” bastante, sendo un dos criterios máis preocupantes en canto á igualdade e non discriminación, o feito de que se premie unha redución no prazo de entrega do local en 15 días cando o Alcalde sabe perfectamente que a petición de unha licencia menor feita a través da Comunicación Previa, non permite comezar as obras antes de 15 días, o que significa unha gran desvantaxe para a maioría dos posibles licitadores que non terían tempo para acondicionar o local, o que imposibilitaría acceder á licitación e polo tanto, estaríase vulnerando o principios de igualdade e non discriminación, publicidade, transparencia e concorrencia que establece a Lei de Contratos do Sector Público…” ao que se refire tamén a Deputación, esta situación provocará, case con total seguridade, que tan só se presente un candidato. Un feito que canto menos “chocou” cando Argibay ensinou a fotografía que o Alcalde socialista subía á súa conta de facebook visitando as obras dun local que cumpre “casualmente” as condicións dos pregos. Unha mostra máis que deixa en inferioridade de condicións a calquera posible candidato.

Se o cúmulo de despropósitos non abondaran, o voceiro Popular volveu a deixar en evidencia ao Alcalde socialista cando pediu explicación de cal era o motivo polo que aínda estivera aberto o expediente de Adxudicación Directa ao mesmo tempo que o de concurso, sabendo que pode ser unha irregularidade que a Xunta de Goberno non aprobara aínda o desestimento do procedemento de Adxudicación Directa xa que non deben coexistir os dos expedientes.

Finalmente, e levada a cabo a votación, os grupos de goberno: PSOE, BNG e Contigo Pódese, xunto con Ames Novo, votaron en contra da proposta do Partido Popular, “Ciudadanos”, abstívose.

Calendario de Eventos

diciembre 2024

LU
MA
MI
JU
VI
SA
DO
25
26
27
28
29
30
1
Eventos para 1st diciembre
Sin eventos
2
3
4
5
6
7
8
Eventos para 2nd diciembre
Sin eventos
Eventos para 3rd diciembre
Sin eventos
Eventos para 4th diciembre
Sin eventos
Eventos para 5th diciembre
Sin eventos
Eventos para 6th diciembre
Sin eventos
Eventos para 7th diciembre
Sin eventos
Eventos para 8th diciembre
Sin eventos
9
10
11
12
13
14
15
Eventos para 9th diciembre
Sin eventos
Eventos para 10th diciembre
Sin eventos
Eventos para 11th diciembre
Sin eventos
Eventos para 12th diciembre
Sin eventos
Eventos para 13th diciembre
Sin eventos
Eventos para 14th diciembre
Sin eventos
Eventos para 15th diciembre
Sin eventos
16
17
18
19
20
21
22
Eventos para 16th diciembre
Sin eventos
Eventos para 17th diciembre
Sin eventos
Eventos para 18th diciembre
Sin eventos
Eventos para 19th diciembre
Sin eventos
Eventos para 20th diciembre
Sin eventos
Eventos para 21st diciembre
Sin eventos
Eventos para 22nd diciembre
Sin eventos
23
24
25
26
27
28
29
Eventos para 23rd diciembre
Sin eventos
Eventos para 24th diciembre
Sin eventos
Eventos para 25th diciembre
Sin eventos
Eventos para 26th diciembre
Sin eventos
Eventos para 27th diciembre
Sin eventos
Eventos para 28th diciembre
Sin eventos
Eventos para 29th diciembre
Sin eventos
30
31
1
2
3
4
5
Eventos para 30th diciembre
Sin eventos
Eventos para 31st diciembre
Sin eventos