Perda subvención «Plan Mellora de Camiños Municipais 2019-2020»

Imaxe 2

O Goberno do Socialista José Miñones podería perder parte da subvención da Xunta de Galicia do “Plan de Mellora de Camiños Municipais 2019-2020” por incumprir prazos na execución e xustificación

  • A subvención correspondente ao exercicio 2019 xa debería estar executada e xustificada antes do pasado 16 de setembro

  • O primeiro lote, pendente de adxudicación definitiva, aprobouse aínda o 5 de setembro; mentres que a adxudicación do segundo non se realizou, o que demostra o baixo interese polo rural

Ames, 25 de setembro de 2019

O Partido Popular de Ames leva advertindo moito tempo do escaso interese polo rural do goberno encabezado polo socialista José Miñones, de aí que o Grupo Municipal Popular de Ames rexistrara unha serie de preguntas relacionadas coas obras do camiño de Firmistáns á estrada de Tarrío e do camiño a Ínsua, na praia fluvial de Tapia. Dúas actuacións incluídas no “Plan de Mellora de Camiños Municipais 2019-2020” que están subvencionadas ao amparo da resolución do 28 de decembro de 2018, pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural: ente público da Xunta de Galicia.

No caso de Ames, o importe máximo da subvención asignado  para os exercicios 2019/2020 é de 21.591,00 € por exercicio. Un total de 43.182 €.

O expediente de licitación de ambas obras de mellora aprobouse polo Tripartito, na Xunta de Goberno Local, o pasado 4 de xullo de 2019; publicándose a licitación do mesmo (expediente 2019/C003/000004) na Plataforma de Contratación do Sector Público, mediante anuncio do 10 de xullo de 2019.

A licitación, mediante procedemento aberto simplificado, consta dos seguintes lotes:

  • Lote 1: Camiño de Firmistáns á Estrada de Tarrío
  • Lote 2: Camiño a Insua (Praia fluvial de Tapia)

Na información publicada na Plataforma de Contratación do Sector Público aparece como único lote adxudicado o primeiro, publicándose dito acordo o 6 de setembro de 2019. O acordo tomouse en Xunta de Goberno Local con data 5 de setembro, adxudicándose a obra á empresa SYR-AMG S.L.

Respecto ao segundo lote, aínda non se puido adxudicar. A empresa que mellor puntuación obtivo foi a mesma que conseguiu a adxudicación do primeiro lote (SYR-AMG S.L.); pero nesta ocasión, o Programa de Valoración de Ofertas Económicas en Contratos e Concursos empregando para valorar as ofertas, especificou que a oferta presentada atópase en baixa temeraria.

Para ambos lotes licitados, no apartado 6 do cadro de características de cada lote, recóllese o seguinte prazo de execución parcial: Antes do 10 de setembro de 2019 debera terse executada polo menos a metade do importe total adxudicado, á fin de poder xustificar en prazo a axuda concedida para a primeira anualidade pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para a realización desta actuación.

Un prazo de execución parcial necesario, xa que, segundo o Artigo 12 da citada resolución da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, o prazo límite para executar e xustificar as inversións correspondentes á anualidade 2019 será o 16 de setembro de 2019; e o feito de non xustificar correctamente esta anualidade suporá a perda parcial do dereito ao cobro da axuda polo importe non xustificado.

Ante a desidia mostrada polo goberno do socialista José Miñones, e a posible perda de parte da subvención para financiar ditas obras, o Grupo Municipal Popular solicitou ao goberno de Ames, a acreditación sobre o cumprimento do prazo de execución parcial recollido no apartado 6 do cadro de características de cada lote, así como o importe da axuda concedida e perda, no suposto de que así sexa, correspondente á primeira anualidade pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para a realización desta actuación.

Calendario de Eventos

abril 2025

LU
MA
MI
JU
VI
SA
DO
31
1
2
3
4
5
6
Eventos para 1st abril
Sin eventos
Eventos para 2nd abril
Sin eventos
Eventos para 3rd abril
Sin eventos
Eventos para 4th abril
Sin eventos
Eventos para 5th abril
Sin eventos
Eventos para 6th abril
Sin eventos
7
8
9
10
11
12
13
Eventos para 7th abril
Sin eventos
Eventos para 8th abril
Sin eventos
Eventos para 9th abril
Sin eventos
Eventos para 10th abril
Sin eventos
Eventos para 11th abril
Sin eventos
Eventos para 12th abril
Sin eventos
Eventos para 13th abril
Sin eventos
14
15
16
17
18
19
20
Eventos para 14th abril
Sin eventos
Eventos para 15th abril
Sin eventos
Eventos para 16th abril
Sin eventos
Eventos para 17th abril
Sin eventos
Eventos para 18th abril
Sin eventos
Eventos para 19th abril
Sin eventos
Eventos para 20th abril
Sin eventos
21
22
23
24
25
26
27
Eventos para 21st abril
Sin eventos
Eventos para 22nd abril
Sin eventos
Eventos para 23rd abril
Sin eventos
Eventos para 24th abril
Sin eventos
Eventos para 25th abril
Sin eventos
Eventos para 26th abril
Sin eventos
Eventos para 27th abril
Sin eventos
28
29
30
1
2
3
4
Eventos para 28th abril
Sin eventos
Eventos para 29th abril
Sin eventos
Eventos para 30th abril
Sin eventos