Os Socialistas incumpren de novo a Regra de Gasto

A xestión dos Socialistas en Ames comeza a pasar factura á veciñanza, no 2018 subiron a presión fiscal nun 12,31%, aumentaron o gasto corrente en 213.413,07 € e incumpriron a Regra de Gasto en -890.577,04 €

  • O concello está obrigado a elaborar un Plan Económico financeiro por imperativo legal do artigo 24 da Lei Orgánica de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira

  • Os plans Económicos Financeiros e de Reequilibrio, terán que estar presentados nun prazo máximo dun mes

  • O Concello podería perder algunha achega doutras administracións por incumprir a Regra de Gasto. Esta situación é a punta do Iceberg da situación real municipal

Ames, 12 de decembro de 2019

O goberno socialista, que conta cos salarios máis altos e con máis dedicacións exclusivas da historia de Ames, incumpren a Regra de Gasto en -890.577,04 euros, subiron a carga impositiva á veciñanza de Ames nun 12,31 recadando 921.158 euros máis no ano 2018, sendo incapaces de ofrecer máis e mellores servizos, así se desprende do informe confeccionado polo departamento de intervención con motivo da presentación da Conta Xeral en documento firmado o 14 de outubro de 2019.

Bastaron pouco máis de 4 anos para que o concello comece a incumprir as regras de estabilidade orzamentaria fixadas pola Lei Orgánica de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira despois de que o Partido Popular deixara un concello con magnitudes económicas espectaculares e cumprindo todos os preceptos legais.

A deficiente xestión socialista comeza a notarse paulatinamente no Concello de Ames a medida que se van coñecendo os datos a través dos distintos procesos administrativos, lentos pero irrefutables, están demostrando o que o Partido Popular levaba advertindo meses, tanto na campaña electoral como nos distintos Plenos Municipais.

Para paliar esta deficiente situación, o Goberno Socialista terá que confeccionar os plans económico-financeiros e os plans de reequilibrio que terán que ser presentados, no prazo máximo dun mes desde que se constate o incumprimento. Estes plans deberán ser aprobados polo Pleno da Corporación no prazo máximo de dous meses desde a súa presentación e a súa posta en marcha non poderá exceder de tres meses desde a constatación do incumprimento o plan será remitido á correspondente Comunidade Autónoma, a cal será a responsable da súa aprobación e seguimento. A Comunidade Autónoma deberá remitir información ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas dos devanditos plans e dos resultados do seguimento que efectúe sobre os mesmos.

Os plans económico-financeiros elaborados polas Corporacións Locais deberán estar aprobados polo Pleno da Corporación.

A consecuencia inmediata desta ineficaz xestión terán unha dobre consecuencia, por un lado podería desembocar na perda de achegas e subvencións de outras administracións públicas como por exemplo o Estado, a Comunidade Autónoma ou a Deputación, e polo outro nun retroceso nos servizos, tal e como está acontecendo cos Servizos de Conciliación e Comedores escolares.

Por último, dende o Partido Popular considérase que esta situación tan só é a punta do Iceberg, e que nos vindeiros meses terá máis consecuencias negativas.

Calendario de Eventos

junio 2021

LU
MA
MI
JU
VI
SA
DO
31
1
2
3
4
5
6
Eventos para 1st junio
Sin eventos
Eventos para 2nd junio
Sin eventos
Eventos para 3rd junio
Sin eventos
Eventos para 4th junio
Sin eventos
Eventos para 5th junio
Sin eventos
Eventos para 6th junio
Sin eventos
7
8
9
10
11
12
13
Eventos para 7th junio
Sin eventos
Eventos para 8th junio
Sin eventos
Eventos para 9th junio
Sin eventos
Eventos para 10th junio
Sin eventos
Eventos para 11th junio
Sin eventos
Eventos para 12th junio
Sin eventos
Eventos para 13th junio
Sin eventos
14
15
16
17
18
19
20
Eventos para 14th junio
Sin eventos
Eventos para 15th junio
Sin eventos
Eventos para 16th junio
Sin eventos
Eventos para 17th junio
Sin eventos
Eventos para 18th junio
Sin eventos
Eventos para 19th junio
Sin eventos
Eventos para 20th junio
Sin eventos
21
22
23
24
25
26
27
Eventos para 21st junio
Sin eventos
Eventos para 22nd junio
Sin eventos
Eventos para 23rd junio
Sin eventos
Eventos para 24th junio
Sin eventos
Eventos para 25th junio
Sin eventos
Eventos para 26th junio
Sin eventos
Eventos para 27th junio
Sin eventos
28
29
30
1
2
3
4
Eventos para 28th junio
Sin eventos
Eventos para 29th junio
Sin eventos
Eventos para 30th junio
Sin eventos