Os Populares de Ames presentan as súas propostas de cara á negociación dos Orzamentos

Casa Consistorial Concello de Ames

Os Populares de Ames presentan, como principal partido da oposición, as súas propostas ao Goberno de cara á negociación dos Orzamentos Municipais

  • A ampliación nun 50% da partida de investimentos ou o comezo dos estudos para a revisión do Plan Xeral son o punto de partida desta negociación en beneficio do conxunto da veciñanza

  • Con catro bloques: deportes, seguridade, achegas directas e urbanismo e obras; os Populares estiman estas achegas de “prioritarias” tanto para o rural como os núcleos de Milladoiro e Bertamiráns

Ames, 6 de febreiro de 2020

Durante as pasadas semanas, os Socialistas comezaron a traballar nos orzamentos de Ames, dos que achegaron o borrador aos partidos da oposición. Neste senso, os Populares quixeron contribuír con achegas importantes para o conxunto da cidadanía amesá.

O Partido Popular, como principal partido da oposición, manifestaba así ao Goberno Municipal a súa disposición de colaborar e acadar acordos co fin de beneficiar ao conxunto da veciñanza. Unha postura responsable a pesar de que se atopan ante uns “Orzamentos dopados” pola suba do IBI. Un imposto que repercute en todas as familias do Concello e que pasará do 0,44% ao 0,50% de forma totalmente inxustificada e que tan só responde ao incumprimento da Regra de Gasto, a pesar de que os Socialistas contan con máis cartos que nunca pero que, ao entender dos Populares non saben como gastar ante a súa mala xestión.

Pero a pesar disto, os concelleiros e concelleiras do Partido Popular entenden que non deberan deixar pasar a ocasión de aportar este documento no que recollen algunhas das principais demandas e necesidades do Concello.

Nesta liña, e coas catro áreas máis importantes: deportes, seguridade, urbanismo e obras e achegas directas; os Populares comezan o citado documento solicitando unha ampliación da partida de investimento nun 50%, para a que o Concello, sen dúbida, ten capacidade económica. Unha cuestión fundamental que de ser preciso, podería contar cun crédito ante o baixo nivel de débeda do consistorio.

DEPORTES

En canto ao eido deportivo, nun Concello que cabe lembrar que conta con máis de 4000 mozos e mozas, os Populares demandan máis infraestruturas, solicitando a realización dun estudo para converter (en varias anualidades) o entorno do campo do Biduído nun espazo deportivo que conte cun campo de herba artificial así como cun polideportivo e outras instalacións que satisfagan as diferentes necesidades deportivas. Un estudo que tamén iría paralelamente ao da piscina do Milladoiro. Son diversas as queixas da veciñanza deste gran núcleo de poboación sobre esta instalación. Por este motivo, dende o Grupo Popular propoñen a conversión desta piscina nunha instalación máis moderna realizando unha aposta no que a posibilidade de cubrila durante o inverno se refire, ampliando así o seu uso durante todo o ano en función das estacións.

Xa por último neste ámbito, tamén se interesan polas instalacións deportivas en desuso. Sendo numerosas, os Populares propoñen a realización dun inventario co fin de estudar a posibilidade da súa recuperación e posta en valor.

SEGURIDADE

Ante as numerosas noticias en diferentes medios de comunicación en canto aos roubos nas casas, tanto urbanizacións como zonas periurbanas, os Populares solicitan tamén adicar unha partida á seguridade, previa consulta cos representantes do persoal, co fin de contratar máis efectivos da Policía Local mediante unha oferta pública de, polo menos, cinco prazas, polo menos, de seis auxiliares, co fin de ir acadando pouco a pouco o ratio dun policía por cada 1000 habitantes.

URBANISMO E OBRAS

Xa no eido das obras e urbanismo, da que os Populares entenden que é unha prioridade para o Concello, propóñense como punto de partida o comezo dos estudos para a revisión do Plan Xeral de Ordenación, que venceu no ano 2012 así como fixar criterios para evitar o despoboamento das parroquias.

No caso do Milladoiro, incorpóranse propostas como o estudo para a reurbanización da zona de As Figueras, unha zona dividida pola Nacional 550, e o incremento de prazas de aparcamento, sen desbotar, tal e como manifestaron anteriormente, a idea de realizar algún aparcamento soterrado.

Xa en canto aos máis cativos e, en concordancia coa natalidade do Concello, inclúese a proposta para a instalación dun amplo parque destinado a nenos e nenas maiores de 8 anos nos dos núcleos: Milladoiro e Bertamiráns, así como a recuperación dos xa instalados nas diferentes parroquias, que a día de hoxe carecen do mantemento desexado.

No referente ao rural, unha parte importante do Concello que sempre foi unha prioridade para os Populares, proponse outra vella demanda, como é a dedicación da totalidade do POS, o que suporía inxectar no rural máis de 1.000.000 de euros.

Por último, tampouco esqueceron unha das máis importantes demandas do seu programa electoral como a accesibilidade, para a que o Grupo Popular propón a implantación dunha partida fixa nos orzamentos dun 5% no capítulo de investimentos. Unha achega que sería complementaria ao resto de actuacións para este concepto.

 ACHEGAS DIRECTAS

Xa por último, no referente ás entidades sociais, na que Cáritas leva a cabo diariamente unha labor digna de eloxio grazas aos seus proxectos de axuda e integración, e sendo a única ONG do Concello, o Partido Popular cuantifica no documento os importes das achegas directas que se deberan levar cabo. Sendo 30.000 euros para Milladoiro, 12.000 para Bertamiráns e, por último, 8.000 euros para Cáritas Bugallido.

Finalmente, presentadas as achegas por parte do Grupo de Argibay o pasado venres 31 de xaneiro, será o vindeiro luns, 10 de febreiro, cando se realice a reunión co fin de acadar un acordo entre Goberno e oposición de cara a aprobar uns Orzamentos conxuntos en beneficio da veciñanza de Ames.

Pola súa banda, os Populares amosáronse dispostos a tratar calquera cuestión no referente ás súas propostas, entendendo que son pezas clave para abordar as principais necesidades e demandas da cidadanía en canto ás competencias municipais se refire.

Por último, o Partido Popular tamén quixo lembrar todas as actuacións levadas a cabo polo Goberno de Núñez Feijóo que, aínda que son competencias da propia Xunta de Galicia, están a ser os maiores investimentos nun Concello de Ames que pola súa poboación, comeza a ser un referente en Galicia. Neste senso, destacaron a construción do Centro de Saúde do Milladoiro, as melloras no de Bertamiráns; a construción do novo Colexio do Milladoiro, así como a ampliación de horarios e a implantación dun horario nocturno do transporte metropolitano.

Calendario de Eventos

diciembre 2024

LU
MA
MI
JU
VI
SA
DO
25
26
27
28
29
30
1
Eventos para 1st diciembre
Sin eventos
2
3
4
5
6
7
8
Eventos para 2nd diciembre
Sin eventos
Eventos para 3rd diciembre
Sin eventos
Eventos para 4th diciembre
Sin eventos
Eventos para 5th diciembre
Sin eventos
Eventos para 6th diciembre
Sin eventos
Eventos para 7th diciembre
Sin eventos
Eventos para 8th diciembre
Sin eventos
9
10
11
12
13
14
15
Eventos para 9th diciembre
Sin eventos
Eventos para 10th diciembre
Sin eventos
Eventos para 11th diciembre
Sin eventos
Eventos para 12th diciembre
Sin eventos
Eventos para 13th diciembre
Sin eventos
Eventos para 14th diciembre
Sin eventos
Eventos para 15th diciembre
Sin eventos
16
17
18
19
20
21
22
Eventos para 16th diciembre
Sin eventos
Eventos para 17th diciembre
Sin eventos
Eventos para 18th diciembre
Sin eventos
Eventos para 19th diciembre
Sin eventos
Eventos para 20th diciembre
Sin eventos
Eventos para 21st diciembre
Sin eventos
Eventos para 22nd diciembre
Sin eventos
23
24
25
26
27
28
29
Eventos para 23rd diciembre
Sin eventos
Eventos para 24th diciembre
Sin eventos
Eventos para 25th diciembre
Sin eventos
Eventos para 26th diciembre
Sin eventos
Eventos para 27th diciembre
Sin eventos
Eventos para 28th diciembre
Sin eventos
Eventos para 29th diciembre
Sin eventos
30
31
1
2
3
4
5
Eventos para 30th diciembre
Sin eventos
Eventos para 31st diciembre
Sin eventos