O pasado martes, o delegado territorial da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro, informaba sobre a resolución de obradoiros de emprego dirixidos á comarca de Santiago.
Esta decisión inclúe 5 talleres destinados a alumnos e alumnas de calquera idade, contando Ames, xunto a Brión, cun obradoiro dual de 9 meses de duración que permitirá que as persoas desempregadas se formen nun oficio mentres realizan tarefas en beneficio de espazos e instalacións públicas.
Asemade, Argibay entende que a aposta vai más aló, ofrecendo que os participantes dos obradoiros poidan combinar un contrato de formación e aprendizaxe durante novo meses, cun contrato en prácticas, de como mínimo tres meses máis, nunha empresa emprazada no mesmo ámbito territorial e cunha actividade vinculada ás materias do obradoiro. Esta decisión, ao entender do voceiro Popular, fomentará que logo do propio obradoiro, os desempregados, grazas ás prácticas, se poidan incorporar ao mercado laboral.
Por último, Argibay agradeceu á Xunta de Galicia encabezado por Núñez Feijóo esta iniciativa tanto para a comarca como para Ames, que repercutirá na Maía 336.446€ para incorporar a un total de 20 alumnos.