O alcalde de Ames incrementa nun 220% os contratos menores dos cales o 86% foron «a dedo»

O alcalde socialista de Ames, José Miñones, comeza o 2020 cun incremento de contratos menores nun 220%, dos cales o 86% aproximadamente foron adxudicados “a dedo”

  • O 2019 pechouse coa adxudicación “a dedo” do 80% dos contratos menores

  • As áreas dos nacionalistas do BNG foron as que maiores porcentaxes acumularon. Neste caso, o 45% de todos os contratos corresponden ás áreas do primeiro tenente de alcalde, quen adxudicou “a dedo” o 89% dos mesmos

  • Durante o primeiro mes deste ano, a maior porcentaxe de contratacións menores corresponderon ás áreas de promoción económica e emprego, en mans dos PSOE, cun 30% do total de contratos, dos que o 91% foron “a dedo”

Ames, 9 de febreiro de 2020

O alcalde socialista de Ames, José Miñones, comezou o novo exercicio de 2020 incrementando os contratos menores en máis dun 220%. Se durante o pasado ano, o alcalde asinou no mes de xaneiro en torno a uns 25 contratos menores, durante o pasado mes de xaneiro asinou 80, dos que aproximadamente o 86% foron “a dedo”; o principal modo de adxudicación polo que se caracteriza o Goberno.

Coa sinatura de máis de 80 contratos, Miñones supera todas as marcas e adxudica nun solo mes más do 36% dos contratos menores de todo o ano 2019. E se durante o pasado ano foron adxudicados “a dedo” o 80%, no único mes que vai de 2020 o foron o 86%.

Pero se nalgo hai un cambio de tendencia, polo menos no inicio do presente exercicio, é respecto ás áreas de Goberno ás que corresponden os citados contratos. Durante o pasado ano, aproximadamente o 50% dos contratos menores do mes de xaneiro correspondían a áreas dirixidas polo BNG; mentres que no actual exercicio son as dirixidas polos concelleiros do PSOE as que acadan o 65% dos contratos.

Lembremos que o alcalde pechou o exercicio 2019 adxudicando “a dedo” o 80% dos contratos menores; sendo as áreas baixo a xestión do seu primeiro tenente de alcalde as que acumulaban os maiores récords: Maior número de contratos menores e maior número de adxudicacións “a dedo”.

O tenente de alcalde de Ames, que dispón aproximadamente do 25% do orzamento acumula récords. Como o de ter conseguido para unha das súas compañeiras a dedicación mellor retribuída, en relación co orzamento xestionado, de toda a historia do Concello. A responsable das áreas de “Mocidade” e “Normalización Lingüística”, a pesar de xestionar apenas 247.522,19 euros do orzamento, desfruta dunha dedicación parcial, compatible con outras actividades, de 29.150 euros anuais.

Outros logros de David Santomil son os de realizar maior número de contratos menores e o de adxudicacións “a dedo”. Se durante o ano 2018, segundo a información proporcionada pola Plataforma de Contratación, o 40% dos contratos menores correspondían ás áreas das concellerías controladas por Santomil; no 2019 a porcentaxe elévase ao 45%. E se no 2018 o 88% dos contratos menores das súas áreas foron adxudicados “a dedo”, durante o pasado 2019 a porcentaxe ascende ata o 89%.

Sen embargo, segundo a información correspondente ao inicio do presente exercicio 2020, son as áreas de promoción económica e emprego as que acaparan o maior número de contratacións menores, cun 30% do total de contratos; dos que o 91% foron “a dedo”.

Calendario de Eventos

junio 2021

LU
MA
MI
JU
VI
SA
DO
31
1
2
3
4
5
6
Eventos para 1st junio
Sin eventos
Eventos para 2nd junio
Sin eventos
Eventos para 3rd junio
Sin eventos
Eventos para 4th junio
Sin eventos
Eventos para 5th junio
Sin eventos
Eventos para 6th junio
Sin eventos
7
8
9
10
11
12
13
Eventos para 7th junio
Sin eventos
Eventos para 8th junio
Sin eventos
Eventos para 9th junio
Sin eventos
Eventos para 10th junio
Sin eventos
Eventos para 11th junio
Sin eventos
Eventos para 12th junio
Sin eventos
Eventos para 13th junio
Sin eventos
14
15
16
17
18
19
20
Eventos para 14th junio
Sin eventos
Eventos para 15th junio
Sin eventos
Eventos para 16th junio
Sin eventos
Eventos para 17th junio
Sin eventos
Eventos para 18th junio
Sin eventos
Eventos para 19th junio
Sin eventos
Eventos para 20th junio
Sin eventos
21
22
23
24
25
26
27
Eventos para 21st junio
Sin eventos
Eventos para 22nd junio
Sin eventos
Eventos para 23rd junio
Sin eventos
Eventos para 24th junio
Sin eventos
Eventos para 25th junio
Sin eventos
Eventos para 26th junio
Sin eventos
Eventos para 27th junio
Sin eventos
28
29
30
1
2
3
4
Eventos para 28th junio
Sin eventos
Eventos para 29th junio
Sin eventos
Eventos para 30th junio
Sin eventos