O alcalde socialista de Ames, José Miñones, comezou o novo exercicio de 2020 incrementando os contratos menores en máis dun 220%. Se durante o pasado ano, o alcalde asinou no mes de xaneiro en torno a uns 25 contratos menores, durante o pasado mes de xaneiro asinou 80, dos que aproximadamente o 86% foron “a dedo”; o principal modo de adxudicación polo que se caracteriza o Goberno.
Coa sinatura de máis de 80 contratos, Miñones supera todas as marcas e adxudica nun solo mes más do 36% dos contratos menores de todo o ano 2019. E se durante o pasado ano foron adxudicados “a dedo” o 80%, no único mes que vai de 2020 o foron o 86%.
Pero se nalgo hai un cambio de tendencia, polo menos no inicio do presente exercicio, é respecto ás áreas de Goberno ás que corresponden os citados contratos. Durante o pasado ano, aproximadamente o 50% dos contratos menores do mes de xaneiro correspondían a áreas dirixidas polo BNG; mentres que no actual exercicio son as dirixidas polos concelleiros do PSOE as que acadan o 65% dos contratos.
Lembremos que o alcalde pechou o exercicio 2019 adxudicando “a dedo” o 80% dos contratos menores; sendo as áreas baixo a xestión do seu primeiro tenente de alcalde as que acumulaban os maiores récords: Maior número de contratos menores e maior número de adxudicacións “a dedo”.
O tenente de alcalde de Ames, que dispón aproximadamente do 25% do orzamento acumula récords. Como o de ter conseguido para unha das súas compañeiras a dedicación mellor retribuída, en relación co orzamento xestionado, de toda a historia do Concello. A responsable das áreas de “Mocidade” e “Normalización Lingüística”, a pesar de xestionar apenas 247.522,19 euros do orzamento, desfruta dunha dedicación parcial, compatible con outras actividades, de 29.150 euros anuais.
Outros logros de David Santomil son os de realizar maior número de contratos menores e o de adxudicacións “a dedo”. Se durante o ano 2018, segundo a información proporcionada pola Plataforma de Contratación, o 40% dos contratos menores correspondían ás áreas das concellerías controladas por Santomil; no 2019 a porcentaxe elévase ao 45%. E se no 2018 o 88% dos contratos menores das súas áreas foron adxudicados “a dedo”, durante o pasado 2019 a porcentaxe ascende ata o 89%.
Sen embargo, segundo a información correspondente ao inicio do presente exercicio 2020, son as áreas de promoción económica e emprego as que acaparan o maior número de contratacións menores, cun 30% do total de contratos; dos que o 91% foron “a dedo”.