Licitación Videoacta Ames

cámara

O Grupo Popular de Ames descobre que a vídeo-acta non ten validez xurídica, non ten operativas a maioría das funcionalidades e o código interno é propiedade da empresa e non do Concello

  • O Goberno Socialista contratou a dedo, se publicidade e sen concorrencia competitiva o servizo en marzo de 2016 por 21.417 euros, e o pago realizouse por Decreto de Alcaldía en novembro

  • O pago realizouse a unha empresa madrileña sen asegurarse de que as funcionalidades estaban activadas. Agora, sácano de novo a licitación quedando deserta. Nin sequera se presentou a empresa contratada a dedo no ano 2016

Ames, 26 de outubro de 2019

O despropósito na contratación de servizos polo Goberno Socialista de Ames parece non ter fin. Esta vez tócalle ao servizo de vídeo-acta contratado o pasado 30 de marzo de 2016 para a implantación do sistema de gravación das sesións plenarias do Concello. Un servizo que debería facilitar e axilizar a xestión das actas municipais pero que non cumpre ningunha das expectativas e tan só se limita a gravar imaxe e son.

Un sistema que foi adxudicado a dedo en marzo de 2016, que non ten validez xurídica e no que non están operativas a maioría das funcionalidades tales como o servizo de dar soporte e almacenamento a todos os vídeos xerados nas sesións dos Plenos; vídeos que deberan servir como actas oficiais, e que se atopan aloxados nos servidores municipais sen posibilidade de que se poidan reproducir parte dos seus contidos e funcionalidades, posto que dita información forma parte do código interno “Vídeo-Acta TM”, o cal é propiedade da empresa e non do propio Concello.

Ao tratarse dun sistema integral, para que funcione a pleno rendemento é necesario levar a cabo unha serie de servizos que non se dispoñen, tales como o servizo de mantemento e soporte da aplicación, así como o servizo de hosting e almacenamento en servidor externo que permita a reprodución das vídeo-actas con todas as funcionalidades da aplicación. De feito, basta con entrar na web municipal, acceder ás sesións plenarias e comprobar a ausencia das URLs para localizar as vídeo-actas.

Como o Concello está operando sen o servizo de mantemento preciso para solventar as incidencias que se poidan producir e, sen o hosting e almacenamento que permite salvagardar os vídeos gravados, sen ocupar espazo no servidor do Concello, non lle quedou outra opción aos Socialistas que plantexar a licitación do servizo cunha única empresa: A empresa propietaria exclusiva dos códigos fonte.

 

Con este obxectivo, o Goberno Socialista, aprobou o pasado 12 de setembro o expediente de licitación mediante procedemento negociado sen publicidade o preciso servizo de mantemento do sistema de vídeo-acta e do hosting e mantemento externo, invitando a presentarse á licitación á empresa propietaria dos códigos, a cal decidiu non presentarse.

Ante esta situación, o Goberno non tivo máis remedio que declarar deserto o expediente de contratación, polo que o sistema continuará funcionando sen mantemento e coa posibilidade de que continúen os problemas na reprodución de parte dos contidos.

Con todo isto, o Grupo Municipal Popular preguntou ao Goberno local se a situación actual afectaba dalgunha forma ao sistema de autenticación legal establecida e da firma dixital correspondente, así como se a situación actual permite a non manipulación das gravacións dende o comezo da mesma ata a súa sinatura mediante certificado dixital da Secretaría.

A resposta do Goberno Socialista, mediante escrito o 22 de outubro, vén a confirmar as sospeitas dos Populares. Segundo o escrito, e tras máis de tres anos dende a sinatura do contrato, temos coñecemento de que o sistema de vídeo-acta non pode ser empregado, polo momento, como sistema substituto á acta escrita.

Por último, os Populares lembran que esta nova “chapuza” dos Socialistas, custou á veciñanza 21.417 euros, pagados por Decreto da Alcaldía en novembro de 2016. Un pago por un servizo que non se levou a cabo e que, ao entender do Grupo Municipal Popular, só se pode solventar levando a bo termo o proceso de licitación do servizo que acaba de ser declarado deserto.

Calendario de Eventos

diciembre 2024

LU
MA
MI
JU
VI
SA
DO
25
26
27
28
29
30
1
Eventos para 1st diciembre
Sin eventos
2
3
4
5
6
7
8
Eventos para 2nd diciembre
Sin eventos
Eventos para 3rd diciembre
Sin eventos
Eventos para 4th diciembre
Sin eventos
Eventos para 5th diciembre
Sin eventos
Eventos para 6th diciembre
Sin eventos
Eventos para 7th diciembre
Sin eventos
Eventos para 8th diciembre
Sin eventos
9
10
11
12
13
14
15
Eventos para 9th diciembre
Sin eventos
Eventos para 10th diciembre
Sin eventos
Eventos para 11th diciembre
Sin eventos
Eventos para 12th diciembre
Sin eventos
Eventos para 13th diciembre
Sin eventos
Eventos para 14th diciembre
Sin eventos
Eventos para 15th diciembre
Sin eventos
16
17
18
19
20
21
22
Eventos para 16th diciembre
Sin eventos
Eventos para 17th diciembre
Sin eventos
Eventos para 18th diciembre
Sin eventos
Eventos para 19th diciembre
Sin eventos
Eventos para 20th diciembre
Sin eventos
Eventos para 21st diciembre
Sin eventos
Eventos para 22nd diciembre
Sin eventos
23
24
25
26
27
28
29
Eventos para 23rd diciembre
Sin eventos
Eventos para 24th diciembre
Sin eventos
Eventos para 25th diciembre
Sin eventos
Eventos para 26th diciembre
Sin eventos
Eventos para 27th diciembre
Sin eventos
Eventos para 28th diciembre
Sin eventos
Eventos para 29th diciembre
Sin eventos
30
31
1
2
3
4
5
Eventos para 30th diciembre
Sin eventos
Eventos para 31st diciembre
Sin eventos