Coworking Ames – Un só local ofertado e o 100% da puntuación

Os Populares de Ames acertan o prognostico sobre a licitación para a adquisición dun inmoble destinado a Coworking. UN SÓ LOCAL OFERTADO E O 100% DA PUNTUACIÓN

  • O local gañador, cuxo prezo é de 574.999,26 euros, é o mesmo que o alcalde socialista José Miñones pre-acordou mediante documento o 28 de xullo de 2018 e no que se fotografou visitando as obras do mesmo

  • A Deputación da Coruña, que subvenciona en parte a adquisición do local, obrigou aos Socialistas a licitar a adquisición, que previamente se ía realizar por licitación directa e advertiu da falta de transparencia e igualdade no procedemento

Ames, 13 de decembro de 2019

O pasado 15 de outubro, tivo lugar no Concello de Ames un Pleno Extraordinario a solicitude do Grupo Municipal Popular. O motivo era, por unha banda, coñecer de primeira man o estado do procedemento de adquisición do inmoble destinado a uso como espazo colaborativo (Coworking) e, por outra banda, para someter a votación a anulación inmediata do procedemento para garantir a igualdade, non discriminación, obxectividade, transparencia e libre competencia e concorrencia dos posibles candidatos.

A pesar de que os Populares sempre se posicionaron a favor do proxecto, o único obxectivo que manifestaron foi velar pola seguridade do proceso que contaba cun importe máximo de 5814.465,56 euros, dos cales, 200.000 son aportados pola Deputación e o resto polo Concello de Ames.

Todo comezou cando o Alcalde Miñones, sen información previa aos grupos da oposición, acudía a visitar o local que finalmente albergará o espazo Coworking xa no ano 2018. Unha vez feitas as fotografías do señor Miñones, que non dubidou en promocionar tanto nas súas redes sociais como nas do consistorio amesán, levou a Xunta de Goberno Local a aprobación para a adquisición directa do local, especificando incluso o prezo e forma de pago.

Despois deste feito, canto menos curioso, ao ter en conta que a Deputación devolveu ata en 5 ocasións o expediente ao goberno socialista, José Miñones optou por desoír á Deputación e continuou co proceso. Foi por este motivo, que no citado Pleno, o voceiro Popular, ante á falta de información por parte do Concello, admitía que pedira o expediente á propia Deputación da Coruña; un expediente que presentou con datas e datos concretos, entre elas o 22 de febreiro de 2019, no que se afirmaba: reafirmándonos nas reiteradas ocasións, na necesidade de que o procedemento a seguir para a adquisición do ben inmoble (…) se inspire nos principios de igualdade e non discriminación, publicidade, transparencia e concorrencia que establece a Lei de Contratos do Sector Público…”.

 Con este feito, o goberno Socialista non tivo máis remedio que sacar a concurso público a adquisición do propio local, iso si, demostrando a súa ineficiencia ao manter os dous procedementos abertos xa que a Xunta de Goberno, nesta ocasión, non se apresurou tanto para reunirse e realizar o desestimento da adxudicación directa.

Pero os concelleiros do Partido Popular incluso foron máis aló naquel Pleno, e non dubidaron en advertir sobre quen sería o gañador do concurso público. Unha advertencia que viña motivada polos pregos “chirriantes” que o goberno elaborara. Algunhas cláusulas eran, canto menos curiosas, e citaban, entre outras: os 20 puntos sobre 100 en canto ao factor prezo; a puntuación respecto da distancia do local á parada de transporte Metropolitano, en tramos de 50 e 100 metros que son“irrisorios”, posto que non é unha distancia significativa; e outros como o feito de que o local tivese 10 metros de fachada ao exterior. Uns criterios que incluso chegaban a agravarse máis premiando a redución no prazo de entrega do local en 15 días, cando o alcalde socialista xa visitara as obras un ano antes.

Con todo isto, e chegada a votación no salón de plenos, os Socialistas xunto aos seus socios “podemitas” e “nacionalistas” votaron en contra da solicitude dos Populares para anular inmediatamente o procedemento; por este motivo continuouse co concurso público e cos pregos anteriormente indicados.

Dous meses despois daquel pleno, e un ano despois das fotografías do señor Miñones visitando as obras do local, o pasado luns, 9 de novembro reuníase a mesa de contratación, presidida polo alcalde socialista, na que se procedía ao cálculo da puntuación total correspondente á oferta formulada.

Finalmente, ante a puntuación obtida, a Mesa de Contratación acordaba por unanimidade trasladar ao órgano de contratación (Xunta de Goberno Local) a proposta de adxudicación. Deste modo, os Socialistas contan con vía libre para adquirir o local que previamente pretendeu obter por adxudicación directa e o cal o seu líder anunciou e visitou hai máis dun ano.

Calendario de Eventos

junio 2021

LU
MA
MI
JU
VI
SA
DO
31
1
2
3
4
5
6
Eventos para 1st junio
Sin eventos
Eventos para 2nd junio
Sin eventos
Eventos para 3rd junio
Sin eventos
Eventos para 4th junio
Sin eventos
Eventos para 5th junio
Sin eventos
Eventos para 6th junio
Sin eventos
7
8
9
10
11
12
13
Eventos para 7th junio
Sin eventos
Eventos para 8th junio
Sin eventos
Eventos para 9th junio
Sin eventos
Eventos para 10th junio
Sin eventos
Eventos para 11th junio
Sin eventos
Eventos para 12th junio
Sin eventos
Eventos para 13th junio
Sin eventos
14
15
16
17
18
19
20
Eventos para 14th junio
Sin eventos
Eventos para 15th junio
Sin eventos
Eventos para 16th junio
Sin eventos
Eventos para 17th junio
Sin eventos
Eventos para 18th junio
Sin eventos
Eventos para 19th junio
Sin eventos
Eventos para 20th junio
Sin eventos
21
22
23
24
25
26
27
Eventos para 21st junio
Sin eventos
Eventos para 22nd junio
Sin eventos
Eventos para 23rd junio
Sin eventos
Eventos para 24th junio
Sin eventos
Eventos para 25th junio
Sin eventos
Eventos para 26th junio
Sin eventos
Eventos para 27th junio
Sin eventos
28
29
30
1
2
3
4
Eventos para 28th junio
Sin eventos
Eventos para 29th junio
Sin eventos
Eventos para 30th junio
Sin eventos