Campo de fútbol do Milladoiro

Os Populares de Ames denuncian o “pasotismo” do goberno socialista, que leva un mes sen levar cabo actuacións para arranxar o campo de fútbol do Milladoiro

  • Despois da borrasca Elsa, que afectou o peche do campo, así como outras instalacións municipais, os Socialistas levan un mes sen tomar unha decisión para levar a cabo o arranxo

  • Esta situación provocou que os partidos fosen trasladados a Bertamiráns, saturando o uso do campo e deixando en desuso o do Milladoiro

  • Os Populares esixirán no pleno o arranxo inmediato ante o risco que supón para os rapaces e rapazas que ademais viron reducido o seu adestramento de dúas xornadas a tan só unha

Ames, 17 de xaneiro de 2020

Durante o pasado mes de decembro do pasado ano, e como é habitual nesta época do ano, Galicia padeceu unha borrasca de choiva, pero sobre todo de vento, que afectaba a Ames e provocaba a caída do peche do campo de fútbol do Milladoiro. Aínda que se trata dun problema meteorolóxico, o deber do goberno socialista non é outro que tratar de levar a cabo actuacións para o seu arranxo o antes posible, coa finalidade de dispor do campo de fútbol nas súas óptimas condicións.

Pero como é habitual, o goberno socialista, non reaccionou a tempo e, un mes despois, non foi quen de arranxar o peche nin tan sequera hai coñecemento por parte dos usuarios de que se vaia levar a cabo ningunha actuación a curto prazo. Unha situación que está a provocar a saturación do campo do Bertamiráns, a onde se trasladaron os partidos; pero que tamén inflúe nos propios adestramentos que, por unha banda pasaron de dous días a tan só un e, por outra banda provocaron que os rapaces e rapazas só poidan empregar a parte non afectada do campo, limitando así o uso do campo na súa totalidade para realizar os adestramentos con total normalidade.

Pero para os Populares, o máis preocupante é a seguridade dos rapaces que empregan a diario o propio campo, posto que, como ben se pode apreciar nas fotografías achegadas, cabe o risco de que continúe caendo o resto do valado coa chegada doutro temporal, algo propio desta época do ano.

Xa por último, os concelleiros do Grupo Municipal Popular presentarán no vindeiro pleno, que terá lugar o xoves 30 de xaneiro unha pregunta oral na que tentarán obter unha resposta sobre a tardanza do goberno en tomar unha decisión para arranxar este problema. Unha pregunta que irá seguida dun rogo no que esixirán ao señor Miñones que non demore máis os prazos e que a actuación se leve a cabo á maior brevidade posible.

Calendario de Eventos

junio

julio 2020

agosto
LU
MA
MI
JU
VI
SA
DO
29
30
1
2
3
4
5
Eventos julio

1st

Sin eventos
Eventos julio

2nd

Sin eventos
Eventos julio

3rd

Sin eventos
Eventos julio

4th

Sin eventos
Eventos julio

5th

Sin eventos
6
7
8
9
10
11
12
Eventos julio

6th

Sin eventos
Eventos julio

7th

Sin eventos
Eventos julio

8th

Sin eventos
Eventos julio

9th

Sin eventos
Eventos julio

10th

Sin eventos
Eventos julio

11th

Sin eventos
Eventos julio

12th

Sin eventos
13
14
15
16
17
18
19
Eventos julio

13th

Sin eventos
Eventos julio

14th

Sin eventos
Eventos julio

15th

Sin eventos
Eventos julio

16th

Sin eventos
Eventos julio

17th

Sin eventos
Eventos julio

18th

Sin eventos
Eventos julio

19th

Sin eventos
20
21
22
23
24
25
26
Eventos julio

20th

Sin eventos
Eventos julio

21st

Sin eventos
Eventos julio

22nd

Sin eventos
Eventos julio

23rd

Sin eventos
Eventos julio

24th

Sin eventos
Eventos julio

25th

Sin eventos
Eventos julio

26th

Sin eventos
27
28
29
30
31
1
2
Eventos julio

27th

Sin eventos
Eventos julio

28th

Sin eventos
Eventos julio

29th

Sin eventos
Eventos julio

30th

Sin eventos
Eventos julio

31st

Sin eventos