Os Populares instarán á Xunta de Galicia a avaliar a situación da cuberta da Escola Infantil do Milladoiro para a súa inmediata reparación

EEI Milladoiro

Os Populares instarán no vindeiro Pleno á Xunta de Galicia a avaliar a situación da cuberta da Escola Infantil do Milladoiro para a súa inmediata reparación 

  • Instarán tamén ao Goberno Socialista a aumentar a partida orzamentaria para o mantemento dos centros, así como a remitir un informe trimestral ás ANPAS coas actuacións levadas a cabo

  • O Grupo Popular lembra que a Xunta de Galicia leva investidos máis de 10 millóns de euros nos últimos 10 anos. Un feito que deixa de manifesto o compromiso coa educación pública de Ames

Ames, 7 de febreiro de 2020

O Grupo Municipal Popular de Ames vén de presentar un escrito ao concelleiro delegado de educación para interesarse polas diversas filtracións e goteiras na Escola de Educación Infantil (EEI) do Milladoiro, provocadas polos danos na cuberta durante a borrasca Elsa que tanto afectou ao Concello o pasado mes de decembro.

Neste senso, os Populares lembran que as competencias tanto da administración local como autonómica. No caso do Goberno de Ames, segundo o estipulado no punto 6º do capitulo III do Anexo da Orde da Consellería de Educación de 22 de xullo de 1997, é obriga do Concello a conservación, mantemento e vixilancia dos edificios e demais instalacións escolares. Xa en canto á propia Consellería de Educación, a súa responsabilidade recae no ámbito estrutural do edificio.

Aínda que o Concello de Ames, como ben respondeu ao citado escrito o concelleiro de educación, levou a cabo “numerosas reparacións puntuais na cuberta”, das que, o Grupo Municipal non ten constancia, porque o goberno nega esta información; lembra ao Goberno Socialista que non é de recibo agardar a un problema maior como o sucedido antes do Nadal, senón que é responsabilidade do propio Concello o feito de informar á Consellería de que as reparacións puntuais que afirman ter feito non eran suficientes para arranxar o problema da cuberta. Deste xeito, ao entender dos concelleiros do Partido Popular, a Xunta de Galicia tería arranxado este problema previamente sen chegar á situación actual, a falta do informe técnico que acredite que a responsabilidade sexa da administración autonómica.

Pola súa banda, os Populares presentarán para o vindeiro Pleno Municipal unha moción instando á Xunta de Galicia a avaliar a situación da cuberta da Escola Infantil para a súa inmediata reparación. Por outra banda, tamén instarán ao propio Goberno Municipal a aumentar a dotación orzamentaria para asumir os gastos do mantemento das instalacións do Concello, así como a realizar unha programación no que á revisión de todos os centros educativos se refire.

Xa por último, o Grupo Popular solicitará que o Concello remita trimestralmente ás ANPAS e ao resto da comunidade educativa, así como aos grupos da oposición, unha relación coas diferentes tarefas de mantemento que se acometan nos centros educativos.

Por outra banda, os Populares lembran o compromiso que dende o Goberno de Núñez Feijóo se está a levar en diferentes eidos, entre eles o educativo; no que durante os últimos dez anos se levan investidos máis de 10 millóns de euros.

Dentro desa cantidade inclúese o novo IES do Milladoiro con case 6 millóns, a ampliación do CEP de Ventín con máis dun millón de euros, a ampliación do CEIP Agro do Muíño con case 400.000 euros ou a ampliación de tres aulas, cubrición do patio e peche da pista para sala de usos múltiples no IES Plurilingüe de Ames. Estas últimas, actuacións por importe de máis de 600.000 euros.

Ademais, en previsión queda a nova ampliación do CEIP Agro do Muíño en Bertamiráns e o novo CEIP do Milladoiro, do que, os Populares lembraron que o Goberno Municipal Socialista ten pendente poñer a disposición os terreos para que a Xunta comece a tramitación do mesmo. Todo isto complementado con diferentes programas educativos xa implantados.

Inversións que o único que deixan de manifesto é, por unha banda a realidade do crecemento demográfico nos últimos anos, que sitúa Ames como un dos Concellos máis novos de Galicia e, por outra banda, que o Goberno do Partido Popular na Xunta de Galicia e consciente deste crecemento e cumpre con creces no que á educación pública dos rapaces e rapazas amesáns se refire.

Calendario de Eventos

abril 2026

LU
MA
MI
JU
VI
SA
DO
30
31
1
2
3
4
5
Eventos para 1st abril
Sin eventos
Eventos para 2nd abril
Sin eventos
Eventos para 3rd abril
Sin eventos
Eventos para 4th abril
Sin eventos
Eventos para 5th abril
Sin eventos
6
7
8
9
10
11
12
Eventos para 6th abril
Sin eventos
Eventos para 7th abril
Sin eventos
Eventos para 8th abril
Sin eventos
Eventos para 9th abril
Sin eventos
Eventos para 10th abril
Sin eventos
Eventos para 11th abril
Sin eventos
Eventos para 12th abril
Sin eventos
13
14
15
16
17
18
19
Eventos para 13th abril
Sin eventos
Eventos para 14th abril
Sin eventos
Eventos para 15th abril
Sin eventos
Eventos para 16th abril
Sin eventos
Eventos para 17th abril
Sin eventos
Eventos para 18th abril
Sin eventos
Eventos para 19th abril
Sin eventos
20
21
22
23
24
25
26
Eventos para 20th abril
Sin eventos
Eventos para 21st abril
Sin eventos
Eventos para 22nd abril
Sin eventos
Eventos para 23rd abril
Sin eventos
Eventos para 24th abril
Sin eventos
Eventos para 25th abril
Sin eventos
Eventos para 26th abril
Sin eventos
27
28
29
30
1
2
3
Eventos para 27th abril
Sin eventos
Eventos para 28th abril
Sin eventos
Eventos para 29th abril
Sin eventos
Eventos para 30th abril
Sin eventos