18.000€ nunha retroexcavadora que non ten maquinista

18.000€ nunha retroexcavadora que non ten maquinista

O goberno gasta 18.000 € nunha retroexcavadora que nunca se utilizou porque non hai maquinista para manexala.

  • Fai un ano deixaron a Agrón sen 12.000€  do que eles chaman “Orzamentos Participativos” coa desculpa de comprar esta máquina que agora oxídase nun local municipal porque nunca se utilizou ao carecer de operario cualificado.

 Ames 30 de outubro de 2018

Sen policía no concello dende hai máis de 5 meses, sete modificación da Relación de Postos de Traballo en pouco máis de un ano, record en denuncias no xulgado do social, porcentaxe de investimentos máis baixos nos últimos 10 anos, nin un só servizo municipalizado, aumento do prezo da auga sen precedentes, incremento da recadación por impostos entre outras eivas, e agora gastan nunha retroexcavadora de segunda man de 18.000 € que nunca funcionou e que leva parada un ano porque non hai persoal cualificado para manexala.

Unha retroexcavadora que o concelleiro socialista, Blas García decide comprar aínda sabendo que non tiña persoal cualificado para manexala. Unha decisión que xa fora advertida por Ramón Gª Argibay e, a pesar de todo, o alcalde socialista José Miñones autorizou a compra sabendo que non había operario para manexala nin o seu posto figura na Relación de Postos de Traballo, que a pesar de levar xa sete modificacións en pouco máis de un ano, non está incluído este posto, unha clara mostra máis da improvisación.

Este é o modelo de xestión dun goberno tripartito esgotado dende hai meses, que non ten rumbo e que actúa soamente para a galería, un tripartito ao que soamente lle importa é a imaxe o que provoca que cando se profunda un pouco queda nun simple farol.

Esta foi a nova publicada hai un ano na páxina web oficial do concello :

“Adquisición dunha retroescavadora de segunda man”
A cada parroquia correspóndenlle 12.000€... . Da parroquia de Agrón non se presentou proposta algunha, polo que os 12.000 euros que lle correspondían a este parroquia dedicaranse a adquisición dunha retroescavadora de segunda man para realizar traballos de arranxo de pistas e cunetas polo rural amesán.

Esta proposta foi presentada polo goberno municipal, xa que redunda no beneficio de toda a veciñanza amesá, como alternativa para poder empregar os 12.000 euros sobrantes que ían ser dedicados á parroquia de Agrón.

Un ano despois o resultado non pode ser máis negativo, gastáronse máis de 12.000 € nunha máquina de segunda man, privando á parroquia de Agrón dun pequeno investimento, e agora está parada nun depósito municipal onde perde valor cada día que pasa.

Unha nova que foi ratificada por decreto 2017/g003/001479 firmado polo alcalde socialista José Miñones o 27 de decembro do pasado ano que se reflicte a continuación.

Calendario de Eventos

abril 2026

LU
MA
MI
JU
VI
SA
DO
30
31
1
2
3
4
5
Eventos para 1st abril
Sin eventos
Eventos para 2nd abril
Sin eventos
Eventos para 3rd abril
Sin eventos
Eventos para 4th abril
Sin eventos
Eventos para 5th abril
Sin eventos
6
7
8
9
10
11
12
Eventos para 6th abril
Sin eventos
Eventos para 7th abril
Sin eventos
Eventos para 8th abril
Sin eventos
Eventos para 9th abril
Sin eventos
Eventos para 10th abril
Sin eventos
Eventos para 11th abril
Sin eventos
Eventos para 12th abril
Sin eventos
13
14
15
16
17
18
19
Eventos para 13th abril
Sin eventos
Eventos para 14th abril
Sin eventos
Eventos para 15th abril
Sin eventos
Eventos para 16th abril
Sin eventos
Eventos para 17th abril
Sin eventos
Eventos para 18th abril
Sin eventos
Eventos para 19th abril
Sin eventos
20
21
22
23
24
25
26
Eventos para 20th abril
Sin eventos
Eventos para 21st abril
Sin eventos
Eventos para 22nd abril
Sin eventos
Eventos para 23rd abril
Sin eventos
Eventos para 24th abril
Sin eventos
Eventos para 25th abril
Sin eventos
Eventos para 26th abril
Sin eventos
27
28
29
30
1
2
3
Eventos para 27th abril
Sin eventos
Eventos para 28th abril
Sin eventos
Eventos para 29th abril
Sin eventos
Eventos para 30th abril
Sin eventos